EXTRAESCOLARES 2017-2018

A semana que vén, por fin comezan as extraescolares do curso 2017-2018.
Despois das modificacións de horarios e grupos, comunicarvos que quedaron da seguinte maneira:

INGLÉS “STORYTELLERS”  Xoves de 17:00 a 18:00  –> 36 € trimestre (12€/mes)

INGLÉS “THINKING ENGLISH” Xoves de 17:00 a 18:00  –> 36 € trimestre (12€/mes)

PATINAXE   Luns de 16:30 a 17:30 –> 36 € trimestre (12€/mes)

ZUMBA   Martes de 17:00 a 18:00 –> 36 € trimestre (12€/mes)

MULTIDEPORTE  Mércores de 17:30 a 18:30 –> 54 € trimestre (18€/mes)

MUSICA (Ecopercusión, Guitarra-Composición, y coro) Martes de 16:30 a 17:30 Educación infantil y de 17:30 a 18:30 Educación Primaria –> 39 € trimestre (13€/mes)

PISCINA BUDO Luns ou Mércores de 16:45 a 17:30 –> 48€ trimestre os nenos de infantil y 34€ trimestre os nenos de Primaria.

PISCINA CAMPOLONGO Venres de 16:30 a 17:15  –> 33,60€ cuatrimestre.

Como xa sabedes, o pago é trimestral e poderédelo facer como sempre, a calquera membro da ANPA ou na conta da ANPA BOLBORETA, durante esta semana.

Saúdos

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ANPA BOLBORETA CURSO 2017-2018

Asamblea ordinaria 22 de Septembro

O vindeiro venres 22 de setembro, celebraremos a primeira asemblea da ANPA do curso escolar 2017-2018 para todos os pais e nais do colexio. As 20:00 h na primeria convocatoria y as 20:30 h na segunda convocatoria, coa seguinte orden do dia.

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior de data 16/06/2017.
2. Importancia de asociarse á ANPA.
3. Actividades extraescolares.
4. EN RUTA COA DEPO.
5. Establecementos colaboradores e descontos.
6. Reparto carnés.
7. Rogos e preguntas.

Como outras veces,  haberá un servizo gratuíto de ludoteca pasa os alumn@s que acompañen aos seus pais, nais ou titores legais, mentres este últimos estean na asamblea. A inscrición realizarase na conserxería do centro ou a través do teleéfono de contacto da presidenta da asociación, (Elena 699847594). A data límite e o vindeiro Xoves 21/09/2017 as 14:30.

Esperámosvos a todos nesta primeira reunión da anpa o venres 22 de Setembro…non faltedes!

En Ruta coa Depo 2017

EXCURSIÓN AO CONXUNTO HISTÓRICO DE SALVATERRA DO MIÑO

 

A ANPA Bolboreta dentro do marco “En Ruta coa DEPO” imos realizar unha excursión o 7 de outubro ao conxunto Histórico de Salvaterra Do Miño. A excursión consistirá en visitar Salvaterra do Miño,  o parque de Canuda, o Centro de Interpretación do Viño e dá Lamprea de Arbo e a visita ás pesqueiras do Miño.

O prezo da excursión é de 8 euros para menores de 12 anos, e 12 euros para os maiores de 12 anos. (No prezo inclúe o transporte en bus e a comida).

A data límite para inscribirse á excursión será o 22 de setembro ás 21:00 horas,  para iso terá que entregarse a folla de inscrición cuberta, a Fotocopia do DNI do menor de 12 anos (se o tivese) e o pago de cada asistente , no buzón da ANPA que hai no colexio, a algún membro da Xunta Directiva ou na Conserxeria do Colexio.

O pago realizarase de calquera das seguintes maneiras:

-Pago en efectivo a calquera membro da ANPA

-Ingreso na conta da ANPA (o banco cobra comisión).

-Transferencia á conta bancaria da ANPA no SANTANDER CENTRAL HISPANO (poñendo en Concepto: RutaDEPO de “Nome e apelidos do pai/nai/titor legal”)

ES89 0049 6781 1021 1606 8771

Os pagos por transferencia ou por ingreso en conta terán que grampar á ficha de inscrición o xustificante de pago.

Ficha inscricion

NOTA: Os nenos menores de 12 anos que non vaian acompañados por ningún adulto, terán que achegar a autorización dos pais ou titor legal. Os impresos nolos podeis solicitar a calquera membro da ANPA.