I FEIRA DO LIBRO USADO

Hoxe foi o I FEIRA do libro usado e queriamos compartir convosco, esta tarde tan agradable que gozamos na escola. Darvos as grazas a todos e en especial aos profesores do colexio e ao equipo directivo por que sen eles non habería sido posible.

Comunicarvos tamén que a gañadora do agasallo do sorteo foi:

Zaira Lameiro Vidal

E os gañadores das cometas que sorteamos foron:

Anxo Otero
Eloy Barreiro Loira
Lucas Pereira Lage
Iker Fernandez Pereiro
Xian lameiro Vidal

Aquí vos deixamos algunhas fotos.

Graciñas unha vez mais pola vosa colaboración!

abalarMóbil

Coñecedes a aplicación abalarMóbil da Xunta de Galicia? Sabedes que podedes intercambiar información co centro educativo dende o voso teléfono móbil?

Pois sí, e ademáis é de balde e moi sinxela de manexar para coñecer as faltas de asistencia, solicitar citas de titoría, etc.

Explicaremosvos paso a paso cómo instalar a aplicación dende un teléfono móbil. Comezamos lembrando que o único requerimento é ter rexistrado un número de teléfono móbil no centro educativo, e que xa esté aceptado.

En primeiro lugar accedemos a Play Store se é Android e ao App Store se é IOS

movil abalar_Página_02

Para localizar a aplicación abalarMóbil tecleamos o nome no buscador e remendo nela, ábrese a aplicación coa opción de Instalar; prememos…

 

 

A instalación comeza automáticamente, agardamos mentres se leva a cabo e, ao remate, podemos abrir a aplicación ben dende Play Store.

Unha vez aberta, en primeiro lugar introduciremos o noso número de teléfono e prememos Enviar. Transcorridos uns segundos deberiamos recibir unha mensaxe SMS con un código de 9 díxitos. Accedemos á nosa carpeta de mensaxes de texto, abrimos a mensaxe, e premendo durante 1 segundo sobre o código copiámolo no portapapeles (tamén podemos memorizalo para escribilo no espazo de abalarMóbil).

screenshot_2015-11-23-11-18-51-e1448990335746

Ao aceptarse, cambia a pantalla, e só resta introducir un contrasinal que servirá para que poidamos acceder cada vez de xeito seguro á aplicación.

Se queredes, na ligazón de abaixo tedes un tutorial de como funciona o abalarMóbil

Turorial abalarMóbil

Animadevos que é moi fácil!!

Salvaterra do Miño

Grazas a en Ruta Coa Depo, fixemos a excursión a terras do miño. Coñecimos, Salvaterra do Miño, xantamos en As Neves e visitamos o centro de interpretación da lamprea e o viño en Arbo, ademáis das pesqueiras que aproveitamos pa mollar os pes. A pesar da calor, foi un día entretenido e os rapacez disfrutaron moito.

Iº FEIRA DO LIBRO USADO

CONVIDÁMOSVOS A TODOS OS NEN@S DO CEIP DE CABANAS

Á 1ª FEIRA DO LIBRO USADO

Pode participar  TODO O ALUMNADO.

Tedes que traer os libros de lectura que xa non usedes e estean en boas condicións.

Entregalos en Conserxería a Toño, ata o día 19 de outubro ás 14:30 h

Por cada libro entregado recibiredes un vale coma este

vale-1c2aa-feira-do-libro.jpg

A Feira terá lugar o Xoves 19 de outubro, de 16:30 h a 19:30 h, na entrada do CEIP de CABANAS.

Por cada vale podedes levar un libro dos depositados na feira.

Os libros que non sexan escollidos por ningún neno/a serán doados á biblioteca do CEIP de CABANAS.

A dirección e o profesorado do centro colaboran coa organización da Feira.

Sortearase un agasallo entre tódo os participantes da feira.

ANIMARVOS E VEMONOS NA FEIRA!

CARTEL FEIRA LIBROS PROVISIONAL

 

En RUTA COA DEPO

Ola a tod@s!

O 7 de Outubro ímonos a Salvaterra do Miño.
A saída será ás 9:30 no aparcadoiro da escola. Primeiro iremos a Salvaterra do Miño e visitaremos o centro histórico e o parque da Canuda.
Ás 14:00 comeremos en Arbo e despois iremos á visita guiada do Centro de Interpretación da lamprea e o Viño. Posteriormente visitaremos as pesqueiras do miño.

Vemonos o sábado!!!