NOVIDADES NO TEXTIL

Como se falou nas últimas asembleas ordinarias que se celebraron na ANPA Bolboreta, o uniforme do colexio non tivo o exito que se esperaba cando se aprobou por unanimidade na asemblea do 27 de febreiro do 2015. Temos un gran excedente no local que este ano practicamente non se moveu nada. Por ese motivo, na última asemblea do 15 de marzo decidiuse por votación non seguir adiante co téxtil.

Por se alguén está interesado en mercar algunha peza que queda en stock no local, fixemos unha listaxe de existencias que volo achegamos na ligazón de abaixo, e que se venderá a metade de prezo.

Excedente Textil 27-03-2019

Podedes contactar connosco, os martes de 16:30 a 18:30 no local da ANPA que está en colexio de Cabanas, ben por correo electrónico: anpa.volvoreta@nontedurmas.org  ou no número de teléfono: 618 83 11 70.

DIA DO ARBORE

A ANPA BOLBORETA organiza para os seus socios un obradoiro de arqueoloxía o xoves 21 de marzo de 17:30 a 19:30 h, na Mámoa en Chan de Arquiña.

Nesta paraxe, xúntanse un importante patrimonio arqueolóxico (restos megalíticos) e o seu interese paisaxístico. Facemos esta actividade no medio dunha fraga, para conmemorar o dia da ‘Árbore’.

Esta actividade desenvolverase da seguinte maneira:

Obradoiro de rexistro: A través de distintas réplicas de petroglifos explicarase cómo se fan os gravados rupestres e como os arqueólogos os rexistran a través dos calcos. En grupos elaboraran cada un o seu propio calco para levalo de recordo.

Obradoiro de cerámica: Onde os participantes poderán realizar e decorar o seu propio cacharro prehistórico tal e como facían na época do dolmen e levarán o seu cacharro para casa.

O punto de encontro para realizar a actividade é a Mámoa do Rei. Se o tempo non permitise facer esta actividade ao aire libre, trasladariámola ao patio cuberto do cole.

Para a inscrición é necesario cubrir o formulario de GOOGLE DRIVE que atoparedes no Facebook, no Blog, ou no Whastapp(618831170) da ANPA. A data límite para formalizar a inscrición é o domingo 17 de marzo

Animadevos!!

Inscrición Dia do Arbore

OBRADOIRO DE MAXIA E CIENCIA

Dende a ANPA BOLBORETA, vos queremos convocar para o sábado 9 de marzo entre as 16:30 e as 18:30 h. na Casa Verde de Salcedo, para participar nunha actividade que constará de duas partes:

1º Espectáculo de maxia e ciencia.
2º Obradoiro de experimentos.
A finalidade é mostrar a ciencia dende un punto de vista lúdico e educativo abordando diferentes disciplinas científicas.
Dirixido ao alumnado de primaria. Para o obradoiro formaranse dous grupos (de 1º a 3º primaria e de4º a 6º primaria).
Vos adxuntamos a ligazón do FORMULARIO para a inscrición, xa que hai un límite de 30 prazas. A  data límite para inscribirse é o venres 8 de marzo.

Moitas grazas pola vosa atención,  e animarvos  a participar!!!

Formulario de inscrición