CHARLA SOBRE OPTOMETRÍA COMPORTAMENTAL

Retomamos a escola de pais/nais e esta vez organizamos  unha CHARLA SOBRE OPTOMETRÍA COMPORTAMENTAL o martes 4 de febreiro, de 17:30 h a 19:30 h, no comedor do centro, impartido por Dna. Antía Branco, optometrista e terapeuta visual desde hai máis de 9 anos (graduada en Óptica e Optometría pola Universidade de Santiago de Compostela e especializada en Optometría Comportamental e Terapia Visual).

A través da avaliación da calidade da entrada sensorial e do procesamiento da información visual a nivel cerebral, a optometría comportamental comprende como a persoa utiliza o seu sistema visual e relaciónase co mundo. Cando existe un mal funcionamento visual e as probas oftalmolóxicas mostran unha estrutura sa, o optometrista pode detectar a orixe visual de diversos síntomas e elaborar un plan de traballo co obxectivo de mellorar o rendemento visual e adecuar o sistema ás necesidades da persoa.

Na charla trataranse os seguintes temas:
1. Comprender que ver 100% NON é ter unha boa visión.
2. Os distintos problemas visuais e a súa influencia en: atención, lectura, concentración,
comprensión matemática, destreza deportiva.
3. Síntomas observables nun neno con problemas visuais.
4. Xogos en casa para estimular o correcto desenvolvemento visual na infancia.

Contaremos con servizo de ludoteca; lembrade que hai que avisar cunha antelación de polo menos 24 horas. WhatsApp (669712807) / correo da anpa: anpa.volvoreta@nontedurmas.org

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *