MADRUGA E COMEDOR

ALTA PARA MADRUGA E COMEDOR CURSO 2020-2021

Se desexa efectuar a alta para o curso 2020-2021, haberá quer remitir a ficha cuberta íntegramente a ARUME ao email info@arumeservicios.gal ou por fax ao nº 986 454 013.

ARUME dispón da páxina web  http://www.arumeservicios.gal e a Apps.colechef.com onde os usuarios poderán acceder sempre que o desexen para solicitar cambios, consultar os menús, os seus datos no sistema.

O prazo máximo de rexistro na web ou entrega da ficha para comezar nalgún dos servizos en setembro é o 25/08/2020.

As modalidades de contratación son:

1. Fixo: servizo días fixos da semana. Deberedes seleccionar na aplicación os días da semana que necesitades o servizo antes do 25 de cada mes, facéndose efectiva para o mes seguinte. O recibo pasarase entre o 15 e 20 do mes de servizo e as mensualidades serán sempre do mesmo impote, según a táboa de prezos especificada máis adiante, e calculadas a partir do nº de días lectivos do curso, dividido entre os 1O meses de servizo.

2. Calendario de días ou Turno laboral: se necesitades servizo uns días sen periodicidade semanal (días de calendario) e o sabedes con antelación. Deberedes marcar, antes do día 25 de cada mes, os días nos que necesitaredes o servizo durante o mes seguinte. Cobraranse entre o 15 e 20 do mes de servizo polos días contratados.

3. Esporádico: Se necesitades o servizo días saltos sen posibilidade de planificación, debedes avisarnos o día anterior como moi tarde por teléfono ou email. Cobraranse os días que correspondan ao mes seguinte do servizo ao prezo esporádico.

4. COVID-19: Os prezos poderán sufrir alteracións unha vez se den a coñecer as medidas definitivas implantadas polas autoridades para a prevención de contaxios do COVID-19.

Vos deixamos a folla de inscrición na ligazón de abaixo:

Folla inscrición ARUME

PREZOS DO SERVICIO

FANPA_FICHA

 

Pasos para darse de alta na aplicación “Colechef”.

A nova APP adáptase a todo tipo de tabletas e de teléfonos móbiles (smartphones), baseados en tecnoloxía Android e iOS.  Só hai que buscar “COLECHEF” en Google Play ou App Store e rexistrarse. Para rexistrarse co navegador online  vos deixamos a seguinte ligazón:

Rexistro “Colechef”

Se xa sedes usuarios dos servizos de ARUME debéstedes de recibir un email e SMS cunha ligazón para realizar a renovación automática. Se non é así, ou tedes dúbidas, podedes contactar cos de ARUME no seguinte número 607 634 413 o por correo electrónico: info@arumeservicios.gal

Se non sedes usuarios dos servizos de ARUME, para rexistrarvos a primeira vez, é necesario acceder  ao apartado Darse de alta e facer clic no botón Rexistro. Unha vez ali, hai que introducir o  DNI  ou  NIE  do  titor  e  utilizar  o código do centro que para o CEIP CABANAS é:  ESKRL0LD03
(Nota: o 6° díxito do código é un “cero”, non a letra 0 “).

O resto do proceso consistirá en introducir os datos de usuario da app e do servizo desexado