CLOWNTIFICS “Espectáculo de ciencia”

CANCELADO POR COVID-19

Big Van Ciencia, é un grupo de persoas dedicadas á ciencia e a investigación co obxectivo de transformar a comunicación científica en actividades atractivas para todo tipo de públicos. A través das artes realizan educación, divulgación e comunicación da ciencia.

O vindeiro 17 de marzo vannos a visitar na Casa verde de Salcedo co seu espectáculo de Clowntifics. Trátase dun espectáculo dirixido a xente a partir de 4 anos. A través da experimentación e o xogo aprenderemos conceptos científicos que, o mesmo un día permítenche lanzar un foguete. Á vez é un espectáculo de clown e unha actividade educativa de comunicación da ciencia. Nos 60 minutos que dura, nenos e nenas convértense en auténticos investigadores, soben ao escenario e realizan experimentos destrullinantes, á vez que aprenden contido científico.

O espectáculo e de balde, así que vos animamos a que veñades gozar da ciencia. Vos esperamos o martes 17 de marzo as 17:00 horas na casa Verde de Salcedo.

Cartel Clowntific

CHARLA SOBRE OPTOMETRÍA COMPORTAMENTAL

Retomamos a escola de pais/nais e esta vez organizamos  unha CHARLA SOBRE OPTOMETRÍA COMPORTAMENTAL o martes 4 de febreiro, de 17:30 h a 19:30 h, no comedor do centro, impartido por Dna. Antía Branco, optometrista e terapeuta visual desde hai máis de 9 anos (graduada en Óptica e Optometría pola Universidade de Santiago de Compostela e especializada en Optometría Comportamental e Terapia Visual).

A través da avaliación da calidade da entrada sensorial e do procesamiento da información visual a nivel cerebral, a optometría comportamental comprende como a persoa utiliza o seu sistema visual e relaciónase co mundo. Cando existe un mal funcionamento visual e as probas oftalmolóxicas mostran unha estrutura sa, o optometrista pode detectar a orixe visual de diversos síntomas e elaborar un plan de traballo co obxectivo de mellorar o rendemento visual e adecuar o sistema ás necesidades da persoa.

Na charla trataranse os seguintes temas:
1. Comprender que ver 100% NON é ter unha boa visión.
2. Os distintos problemas visuais e a súa influencia en: atención, lectura, concentración,
comprensión matemática, destreza deportiva.
3. Síntomas observables nun neno con problemas visuais.
4. Xogos en casa para estimular o correcto desenvolvemento visual na infancia.

Contaremos con servizo de ludoteca; lembrade que hai que avisar cunha antelación de polo menos 24 horas. WhatsApp (669712807) / correo da anpa: anpa.volvoreta@nontedurmas.org

 

FESTA DE NADAL 2019

O vindeiro sábado 21 de decembro celebraremos a Festa de Nadal na Casa Verde de Salcedo (grazas á colaboración da Asociación Cultural Casa Verde), entre as 17:00 h e as 20:00 h. Como en anos anteriores a festa a celebraremos cos nosos veciños do CEIP San Martiño e para os membros da ANPA a festa será de balde.

Contaremos coa animación e espectáculo de Dj. JAVI SOLLA. 

Algúns nenos de 6º de primaria venderán alimentos durante a festa co fin de recaudar cartos para a súa excursión de fin de curso.

Animámosvos a participar e poder disfrutar todos xuntos.

festa nadal 2019

OBRADOIRO DE PRIMEIROS AUXILIOS PARA FAMILIAS

Seguimos cas charlas e obradoiros para as familias e esta vez, organizamos para os  socios da ANPA Bolboreta, un OBRADOIRO DE PRIMEIROS AUXILIOS  o martes 10 de decembro, de 17:00 h a 20:00 h, no comedor do Ceip Cabanas e está dirixida a nais, pais, titores legais ou coidadores e alumnos/as. Esta actividade será impartida por D. Brais Ramos López, Técnico en Emerxencias Sanitarias e Técnico en Farmacia e Parafarmacia, formador para o Servizo de Emprego Público Estatal (SEPE) e Instrutor en Soporte Vital Básico e DESA. O obradoiro, dividirase en duas partes:

  • 17:00 a 18:00h: Participación en familia: Nesta parte os nenos/as coñecerán os fundamentos básicos da activación dos servizos de emerxencias e a conduta PAS (Protexer, Axudar, Socorrer). Colocarán a unha persoa inconsciente en posición lateral de seguridade. Poderán asistir un o dous adult@s  e un o dous nen@s por familia.
  • 18:00 a 20:00h: Participación só adultos: Saber actuar ante un atragantamiento. Aplicar correctamente técnicas básicas ante situacións de urxencia: feridas, queimaduras, convulsións e accidentes varios. (Os nenos e as nenas que participasen na primeira hora, estarán no servicio de ludoteca que haberá para eles).

Contaremos con material didáctico: Maniquíes torso adulto (4), neno (2) e lactante (1), Chaleco Heimlich. Emitirase un certificado de asistencia para os/as nenos/as e entregarase unha bolsa con material de primeiros auxilios. O número máximo de participantes será de 20 familias. É necesario encher o seguinte formulario:

Formulario Obradoiro Primeiros Auxilios

O formulario tambén será enviado por WhatsApp e correo electrónico. Para máis información consultar polo correo electrónico anpa.volvoreta@nontedurmas.org ou WhatsApp (669712807).

4º FEIRA DO LIBRO USADO

O vindeiro xóves 21 de novembro,  volve a Feira do libro usado. Vos esperamos a tod@s na entrada do CEIP Cabanas de 17:00 a 18:30.

Nesta edición un ano mais, para aumentar a participación do alumnado de maior idade e en colaboración co Cinania Libros  de Pontevedra, creamos un depósito de libros para ampliar a oferta dispoñible. Deste xeito, contaremos de partida cun banco de libros adaptado a todas as idades.

Pode participar TODO O ALUMNADO:

• Os nenos traerán os libros de lectura que xa non usen e estean en boas condicións.
• Non se admitirán libros promocionales ou publicitarios.
• Se entregarán aos profesores, dende hoxe e ata o día 20 de novembro.
• Por cada libro entregado os nenos recibirán un vale.
• Por cada vale se poderá levar un libro dos depositados na feira, ata un máximo de catro libros.

Os libros que non sexan escollidos por ningún neno/a serán doados á biblioteca do CEIP de CABANAS.

VOS ESPERAMOS!!!!!

CARTEL 4ª FERIA DO LIBRO USADO

 

 

XORNADA EN FAMILIA

GALIPARK MULTIAVENTURA

Para rematar este curso 2018-2019, a diferencia da convivencia do ano pasado, esta vez imos a disfrutar de unha xornada en familia  no parque GALIPARK MULTIAVENTURA.

DATA: Domingo, 30 de xuño de 2019.

PRECIO SOCIOS: 20 euros por adulto, nenos/as gratis.

INSCRICIÓN: Realizarase telemáticamente mediante o formulario de Google Drive que vos deixamos na seguinte ligazón, e a data límite de inscrición será o venres 31 de maio.

Inscrición GALIPARK MULTIAVENTURA

PAGO: Non se realizará ata que a Xunta Directiva da ANPA BOLBORETA indique o prazo. Será mediante transferencia ou ingreso en conta da ANPA BOLBORETA, indicando nome e apelidos do Socio (nai, pai ou titor legal) e “Convivencia19”. Se non se paga no prazo sinalado a inscrición quedará eliminada.

BANCO SANTANDER: ES89 0049 6781 10 211606 8771

 PROGRAMACIÓN: O desprazamento ata o parque NON está incluído e será por conta de cada familia. Horario provisional: 10:30 a 19:30h.

ACTIVIDADES A ESCOLLER POR CADA MEMBRO DA FAMILIA:

  • OPCIÓN A. Pack actividade multiaventura (a partir de 6 anos), con comida:
    – Paintball láser.
    – Tirolina xigante.
    – Rocódromo.
    – Parque multiaventura con 3 niveis de dificultade (43 retos, 286 metros de tirolina e 853 metros de actividades).
    – Tiro con arco
    – Deslizador acuático.
    – Acceso a piscina.
  • OPCIÓN B. Pack Só comida: Comida con acceso a piscina incluído.
  • OPCIÓN C. Pack Paintball e comida (só adultos): campo de xogo natural, 200 bólas, proporciónase mono, máscara e luvas, grupo mínimo 6 persoas. Acceso a piscina incluído.
  • OPCIÓN D. Pack multiaventura infantil (menores de 6 anos) e comida: Talleres a elixir un deles (maquillaxe, globoflexia, chapas, llaveros), inchables, mini golf, circuíto karts. (Oferta suxeita a número de peticionarios). Inclúe piscina.

 A Comida: Primer prato: Empanda, Segundo prato: Churrasco, sobremesa e bebida.

UBICACIÓN:  Agronovo, 15910 Extramundi de Abaixo, Padrón A Coruña.

Dirección google maps

Os ORGANIZADORES (XUNTA DIRECTIVA ANPA BOLBORETA) RESERVARASE O DEREITO A MODIFICAR HORARIOS E /Ou ACTIVIDADES EN FUNCIÓN DA CLIMATOLOXÍA Ou OUTROS MOTIVOS.

  • NOTA:  Os no socios interesados, consultar as condicions coa Directiva da ANPA.

OBRADOIRO DE MAXIA

Dende a ANPA organizamos para os seus socios, unha actividade de maxía ofrecida polo Mago Deimi na aula multiusos do CEIP de Cabanas o xoves 9 de maio ás 18:00h.

“O mago Deimi, Damián Varela, e natural de Ribadavia (Ourense) e tuvo afición pola maxia dende neno. Como mago, ofrécenos un espectáculo de maxia moi variada e divertida onde predomina o seu dinamismo cun estilo cómico e desenfadado. Tamén cabe destacar a variedade de xogos de maxia que pon en escena: cartomaxia, manipulación, escapismo, mentalismo, maxia bizarra, maxia con lume, transformacións… E todo acompañado de moi bo humor, música de fondo para marcar o ritmo da maxia e a participación activa do público”.

Primeiro, ofreceranos un espectáculo de maxia. En segundo lugar, realizarase un taller de maxia no que os asistentes aprenderán pequenos trucos cos que iniciarse no mundo da maxia. Non é necesario realizar inscrición. As prazas están suxeitas a aforo. Se tedes alguna dúbida podedes contactar con nos por whastapp da ANPA (+34 618 83 11 70).

Vos esperamos!

Taller de Magia 2019

Excrusión Illa de Ons

En ruta coa depo_1800x300

A ANPA BOLBORETA, organiza para os seus socios, unha excursión a ILLA DE ONS e a localidade mariñeira de PORTONOVO no programa “En Ruta coa Depo” o sábado 11 de maio.

O prezo será de 12 euros por persoa para os adultos e gratuíto para os/as alumnos/as.

O barco cara á Illa de Ons sae ás 11:00h dende o embarcadoiro de Portonovo, fixarase unha hora  previa á saída do barco para chegar con tempo. A comida será tipo picnic.

Os/as interesados/as deberán encher o formulario de inscrición, desde a seguinte ligazón:

INSCRICIÓN ILLA DE ONS 2019

Para os menores de idade débese enviar unha imaxe do DNI ao correo da ANPA.

Para os menores de idade que non vaian acompañados polos seus pais/nais/titores legais, deberase encher un xustificante de asistencia que tedes abaixo e envialo xunto cunha imaxe do DNI do menor, ao correo da ANPA.

Autorización menores 2019

O prazo para inscribirse finaliza o 1 de maio 2019.

O pago realizarase por transferencia ou ingreso na conta da ANPA: É 89 00496781 102116068771 entre o día 2 e o 4 de maio, indicando no concepto: ?nome completo do socio? e ?ONS19?.

Para máis información podedes contactar con nos por WhatsApp (618831170).

DÍA DO LIBRO

A ANPA BOLBORETA organiza, para celebrar o Día do Libro, un contacontos na aula multiusos do CEIP de Cabanas o martes 23 de abril ás 17:30 h.

Con MIGALLAS TEATRO desfrutaremos de contos de risa, trasnos e carapuchiñas, perfectos para os días de festa. A tradición oral da man da literatura infantil. Co ritmo das ondas no noso maxín, entraremos no mundo da fantasía e da imaxinación.

Contos que se contarán na sesión: Por favor papá achégame a lúa, Un agasallo diferente, Os tres porquiños, O pito da abeleira.

Pretendemos pasalo ben, achegar a lectura as nenas e os nenos, promover a expresións oral en lingua galega, dar a coñecer os contos tradicionais e o álbum ilustrado.

Non é necesario realizar inscrición. Prazas suxeitas a aforo.

Se tedes dúbidas podedes contactar con nos por correo electrónico ou por Whastapp(618831170) da ANPA.Cartel dia do Libro 2019.jpg