Solicitude de voluntarios para a campaña do banco de alimentos
Solicitude de voluntarios para a campaña do banco de alimentos
A FANPA quere colaborar coa campaña do Banco de Alimentos que terá lugar o día 29 e 30 de novembro e precisamos voluntarios para cubrir as quendas.
A campaña de recollida terá lugar en varios dos supermercados da cidade e necesítase ter xente en períodos de 4 ou 2 horas que estea dispoñible para recoller as doazóns dos clientes e facer visible a campaña de recollida no local.
Os bancos de alimentos son organizacións de voluntarios que
- prestan a súa capacidade profesional e o seu tempo de maneira absolutamente voluntaria. Non se cobra baixo ningún concepto.
- non dan comida a particulares, só aos centros asistenciais que estean adheridos ao banco (funcionan como almacén fornecedor das entidades sociais que distribúen os lotes alimentarios).
Para organizar as quendas só necesitamos o nome do voluntario e un tfno. ou correo electrónico.
Envíanos os teus datos a actividades@nontedurmas.org coa proposta do día e quenda na que estás dispoñible. As quendas son de 4 horas pero é posible ofrecerse para períodos mínimos de 2 horas.
Venres ou sábado – Quenda de 9.30 a 13.30
Venres ou sábado – Quenda de 13.30 a 18.00
Venres ou sábado – Quenda de 18.00 a 22.00
Máis info sobre o banco de alimentos:
https://www.bancoalimentosvigo.org/que-es-un-banco-de-alimentos/