Faite socio

Como facerse socio/a curso 2023-2024 Para facerse socio/a é necesario pagar a cota anual, establecida en 28 € por familia.  O pago do importe da cota deberá facelo mediante ingreso ou transferencia o número de conta ES30 0081 7621 9100 0172 9176 NO CONCEPTO DO INGRESO OU TRASFERENCIA, DEBERÁ CONSTAR O MOTIVO (COTA ANPA) , O NOME DO NENO OU NENA (NON O DOS PAIS/NAIS) E O NOME DO PROFESOR.  Deberá gardar o recibo bancario porque é o xustificante de ter pagado a cota da ANPA para ese curso. Deberá achegar o recibo de pago no formulario, ben como unha imaxe en formato JPG ou JPEG, ou en PDF, que pode achegar ou sacar directamente desde o seu dispositivo móbil ou ben como ficheiro , calquera das dúas opcións é válida. Recordade que, aínda que sexa só un pago por familia, hai que facer a inscripción de cada un dos fillos. Por mor da LOPD tense que mandar cuberto o formulario de inscrición correspondente cada curso escolar. No caso de mudar algún dato dos reflectidos no boletín (cambio de datos de contacto, dos nenos/as da unidade familiar na Escola, etc) deberase remitir de novo o boletín. Cubrir >>> Formulario