LUDOVERÁN

CONCILIAVERÁN  2023 É un programa de conciliación familiar que se desenvolve en época estival, organizado pola Federación Provincial de ANPA de Centros Públicos de Pontevedra (FANPA), en colaboración coa Concellería de Educación do Concello de Pontevedra, destinado a nenos e nenas de 3 a 12 anos. DATAS E LUGAR DE REALIZACIÓN – Conciliaverán especial xuño: do 26 ao 30 de xuño de 2023 (só Campolongo) – Conciliaverán especial setembro: do 4 ao 8 de setembro de 2023 (só Campolongo) – Conciliaverán quincenais: xullo e agosto de 2023, divididos en 4 quendas quincenais. Realizaranse en Marcos da Portela, Crespo Rivas (só en xullo e infantil), Campolongo, Vilaverde, Álvarez Limeses (só en xullo), Manuel Vidal Portela (inglés) e Xunqueira II (só en xullo e primaria, deportiva).  – Conciliaverán mensuais: xullo e agosto de 2023, divididos en 2 quendas mensuais. Realizaranse en Cabanas, Ponte Sampaio, A Carballeira (só xullo), Marcón (só xullo) e Parada-Campañó PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES Dende as 9:00 horas do 22 de maio ata ás 14:00 horas do 26 de maio tanto por vía telemática á dirección ludotecas@nontedurmas.org ou de xeito presencial no local da FANPA (Xan Guillerme, 9 – Pontevedra) Non se admitirán solicitudes por correo electrónico nin fóra dese tramo horario. PREZOS CONCILIAVERÁN (por neno/a e quenda): – Socios/as de ANPA do concello de Pontevedra federada na FANPA: conciliaverán especial xuño e setembro e conciliaverán quincenal: 40€/quenda conciliaverán mensual: 65€/mes – Non socios/as de ANPA do concello de Pontevedra federada na FANPA: conciliaverán especial xuño e setembro e conciliaverán quincenal: 60€/quenda conciliaverán mensual: 75€/mes – As familias con 2 ou máis fillos/as matriculados nos conciliaveráns terán un desconto de 5€ por neno/a. IMPORTANTE * A matrícula conleva a ACEPTACIÓN DO COÑECEMENTO INFORMADO dispoñible na páxina web www.nontedurmas.org/consentimiento e na sede da FANPA. * O PAGO DO CONCILIAVERÁN farase no mesmo momento da inscrición. As persoas que non fagan o pago telematicamente (a través da pasarela de pago) deberán presentar a copia do xustificante de pago no momento da inscrición. Deberán facer o ingreso no núm. de conta de ABANCA: ES75 2080 5403 4130 4012 0558, poñendo como concepto “Nome e apelidos do neno/a” e “conciliaverán e quenda/s na/s que está inscrito/a”. Pincha para acceder ao enlace información completa e ao enlace ficha de inscrición  

LUDOTECA DE SEMANA SANTA 2023

ESTA SEMANA É DE CONTO Contos de animais, de bruxas, de        piratas, contamos contos e moito máis!!! Datas, horario e lugar de realización: 3, 4, 5 E 10 DE ABRIL en horario de 9 a 14:00 horas no CEP Campolongo. Entrada de 9 a 9:30 h. Saída de 13:30 a 14:00 h. Horario ampliado: de 8:30 a 14:30 h. Destinatarios: menores de 3 a 12 anos. Prezo: 20 euros socios de ANPA federada na FANPA. 30 euros para os demais casos. Inscricións: Do 13 ao 22 de marzo. Mediante correo electrónico (actividades@nontedurmas.org) enviando a ficha cuberta, xustificante de pertencer a ANPA, xustificante de pago e copia da tarxeta sanitaria do participante. Pago: mediante transferencia bancaria na conta ES75 2080 5403 4130 4012 0558. Concepto: nome do participante e “ludoteca semana santa”. Non se contempla a devolución do importe da matrícula, salvo causa xustificada documentalmente (enfermidade). Ficha inscripción  DESCARGA

LUDOTECAS E OBRADOIROS DE NADAL 2022

FANPA Nadal 2022 Como vén sendo habitual, o programa de Nadal da FANPA ofrece dúas facetas, as ludotecas do “Concilianadal” para rapaces de 3 a 12 anos e os “Obradoiros” para os de entre 6 e 14. As ludotecas de Concilianadal acollen a nenas e nenos nas instalacións dos centros educativos de Primaria de Campolongo e Manuel Vidal Portela, en horario de 9.00 a 14.00 horas. O prazo de inscrición tanto para ludotecas do período como para os obradoiros diarios é do 12 ao 16 de decembro. Para as ludotecas, exclusivamente mediante o envío da ficha cuberta por correo electrónico a ludotecas@nontedurmas.org mentres que a inscrición nos obradoiros de cociña en Nadal e velas artesanais recolleranse presencialmente na oficina da FANPA, na nosa sede da rúa Xan Guillerme, 9. PRAZAS: Como as prazas son limitadas, a adxudicación será pola modalidade á que os/as solicitantes pertenzan no caso das ludotecas e por orde de inscrición nos obradoiros. De non se cubrir o mínimo de prazas necesario para a realización dalgunha actividade ou ludoteca, a FANPA poderá eliminala e devolverá o seu importe íntegro na oficina da FANPA. Folleto fanpanadal-2022-23   PROGRAMA DOS OBRADOIROS: Programa_obradoiros_nadal_2022_2   A inscrición presupón a aceptación das normas do servizo. FICHAS DE INSCRIPCIÓN LUDONADAL > Ficha de inscrición en ludoteca (enviara a ludotecas@nontedurmas.org)   OBRADOIROS > Ficha de inscrición en obradoiros (entregar presencialmete na oficina) https://www.nontedurmas.org/actividades/fanpa-nadal-2022/