Faite socio

Como facerse socio/a curso 2025-2026

Para facerse socio/a é necesario pagar unha cota anual, establecida en 28 € por unidade familiar do 1 de setembro ao 30 de novembro de 2025 (ambos inclusive).

A partir do 1 de decembro de 2025 e ata fin de curso a cota pasará a ser de 35€.

O procedemento é moi sinxelo:

1. Pagar a cota

O pago farase mediante ingreso ou transferencia no número de conta

ES96 0049 0205 0821 1036 0651

IMPORTANTE! O concepto deberá ser: Cota ANPA + Nome da crianza + Nome da titora e curso

É importante gardar o recibo bancario deste pago, precisarédelo para achegalo co formulario de inscrición e, además servirá como xustificante de ter pagado a cota da ANPA no curso vixente e vos permitirá acceder aos descontos nos comercios colaboradores ou para inscripcións das actividades promovidas pola FANPA, entre outras.

2. Cubrir o formulario

Accede ao formulario cubre os datos e achega nel o teu xustificante de pago, como imaxe (JPG ou JPEG) ou en PDF, calquera das dúas opcións é válida.

Lembrade que, aínda que se faga un único pago por unidade familiar, hai que cubrir un formulario por cada unha das crianzas para que todas poidan recoñecerse como membros da mesma unidade familiar.

Por mor da LOPD tense que mandar cuberto o formulario de inscrición correspondente cada curso escolar. No caso de mudar algún dato dos reflectidos no boletín (cambio de datos de contacto, dos nenos/as da unidade familiar na Escola, etc) deberase remitir de novo o boletín.

 

Link ao formulario: https://forms.gle/r1U25AJPSw9RUtzZA

 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies