{"id":162,"date":"2016-10-05T19:09:42","date_gmt":"2016-10-05T17:09:42","guid":{"rendered":"https:\/\/anpacresporivas.wordpress.com\/?page_id=162"},"modified":"2026-04-10T11:25:42","modified_gmt":"2026-04-10T09:25:42","slug":"informacion-e-contacto","status":"publish","type":"page","link":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/anpacresporivas\/informacion-e-contacto\/","title":{"rendered":"Informaci\u00f3n de Arume"},"content":{"rendered":"<h4>Comedor e Madruga<\/h4>\n<p><strong>Nova APP ColeChef:\u00a0\u00a0<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: left\">Dende este curso ARUME\u00a0 estrea a\u00a0 APP ColeChef, que po\u00f1ens \u00e1 vosa disposici\u00f3n coa intenci\u00f3n de que o vindeiro curso sexa completamente operativa para facilitar as 24h toda a informaci\u00f3n e a xesti\u00f3n diaria e personalizada das vosas fillas e fillos no comedor (men\u00fas, facturaci\u00f3n, contrataci\u00f3n,&#8230;)<\/p>\n<p>&#8211;<strong>Pasos para darse de alta:<\/strong><br \/>\nA nova APP ad\u00e1ptase a todo tipo de tabletas e de tel\u00e9fonos m\u00f3biles (smartphones), baseados en tecnolox\u00eda Android e iOS. S\u00f3 hai que buscar \u201cCOLECHEF\u201d en Google Play ou App Store e rexistrarse. ARUME usar\u00e1 a informaci\u00f3n respectando sempre o marco legal da Lei Org\u00e1nica de Protecci\u00f3n de Datos e do Regulamento Xeral de Protecci\u00f3n de Datos Vixente. Tam\u00e9n se pode acceder a trav\u00e9s da p\u00e1xina web de ARUME <em>https:\/\/arumeservicios.com\/educacion\/?lang=ga<\/em> seleccionando \u201cACCEDE AO NOSO PORTAL DE EDUCACI\u00d3N\u201d<br \/>\nSe xa sodes usuarios dos servizos de ARUME deb\u00e9stedes de recibir un email e SMS cunha ligaz\u00f3n para realizar a renovaci\u00f3n autom\u00e1tica. Se non \u00e9 as\u00ed, ou tedes d\u00fabidas, deber\u00e1n po\u00f1erse en contacto con Arume.<br \/>\nSe non sodes usuarios dos servizos de ARUME, para rexistrarvos a primeira vez, \u00e9 necesario acceder ao apartado <em><strong>Darse de alta<\/strong><\/em> e facer clic no bot\u00f3n <em><strong>Rexistro<\/strong><\/em>. Unha vez al\u00ed, hai que introducir o DNI ou NIE do titor e utilizar o <strong>c\u00f3digo do centro<\/strong> que vos facilitamos agora (Nota: o 6\u00ba d\u00edxito do c\u00f3digo \u00e9 un \u201ccero\u201d, non a letra \u201cO\u201d). <strong>ESKRL0LD11<\/strong><br \/>\nO resto do proceso consistir\u00e1 en introducir os datos de usuario da app e do servizo desexado.<\/p>\n<p><strong>-As modalidades de contrataci\u00f3n son:<\/strong><\/p>\n<p><strong>1.Fixo<\/strong>: servizo d\u00edas fixos da semana. Deberedes seleccionar na aplicaci\u00f3n os d\u00edas da semana que necesitades o servizo antes do 25 de cada mes, fac\u00e9ndose efectiva para o mes seguinte. O recibo pasarase entre o 15 e 20 do mes de servizo e as mensualidades ser\u00e1n sempre do mesmo importe, seg\u00fan a t\u00e1boa de prezos especificada m\u00e1is adiante, e calculadas a partir do n\u00ba de d\u00edas lectivos do curso, dividido entre os 10 meses de servizo.<\/p>\n<p><strong>2.Calendario de d\u00edas ou Turno laboral<\/strong>: se necesitades servizo uns d\u00edas sen periodicidade semanal (d\u00edas de calendario) e o sabedes con antelaci\u00f3n. Deberedes marcar, antes do d\u00eda 25 de cada mes, os d\u00edas nos que necesitaredes o servizo durante o mes seguinte. Cobraranse entre o 15 e 20 do mes de servizo polos d\u00edas contratados.<\/p>\n<p><strong>3.Espor\u00e1dico:<\/strong> Se necesitades o servizo d\u00edas soltos sen posibilidade de planificar. Debedes avisarnos o d\u00eda anterior como moi tarde por tel\u00e9fono ou email. Cobraranse os d\u00edas que correspondan ao mes seguinte do servizo ao prezo espor\u00e1dico.<\/p>\n<p><strong>Comunicaci\u00f3ns:<\/strong><br \/>\nA APP de Arume, estando disponible 24h\/24h, ser\u00e1 a v\u00eda m\u00e1is c\u00f3moda de comunicaci\u00f3n, pero en todo caso, ARUME manten \u00e1 disposici\u00f3n dos usuarios o <strong>tel\u00e9fono 986453040 e o email info@arumeservicios.gal<\/strong>.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n vos informamos de que ARUME non t\u00e9n ningunha competencia na asignaci\u00f3n e\/ou obtenci\u00f3n de bolsas, e de que non se pode facer descontos nos recibos mensuais por d\u00edas de ausencia, salvo que sexan por enfermidade superior a 4 d\u00edas consecutivos, te\u00f1an avisado das ausencias e se aporte un xustificante m\u00e9dico.<br \/>\nEn caso de que para alg\u00fan titor\/a sexa imposible o rexistro v\u00eda APP, deber\u00e1 po\u00f1erse en contacto con Arume para que lle faciliten unha ficha de inscripci\u00f3n en papel.<\/p>\n<p>Se tedes calquera d\u00fabida ou consulta sobre o funcionamento da APP estamos \u00e1 vosa disposici\u00f3n para atendervos no noso tel\u00e9fono de atenci\u00f3n \u00e1s familias: 607 63 44 13, ou tam\u00e9n por correo electr\u00f3nico en: soporteapp@colechef.com<\/p>\n<p><strong>O servizo de comedor Campolongo div\u00eddese en 2 quendas:<\/strong><\/p>\n<p><strong>.- Na primeira quenda comer\u00e1n os usuarios de Crespo Rivas<\/strong><\/p>\n<p><strong>.- Na segunda quenda comer\u00e1n os usuarios de Campolongo.<\/strong><\/p>\n<p>Os monitores recollen a t\u00f3dolos alumnos, tanto de Campolongo como de Crespo Rivas, nas \u00e1reas acordadas cos centros.<\/p>\n<p>.- CEP Campolongo ten como punto de encontro, a &#8220;Sala de Usos M\u00faltiples&#8221;.<\/p>\n<p>Unha vez que rematen de comer:<\/p>\n<p>.- Os usuarios de Crespo Rivas dirixiranse \u00e1s instalaci\u00f3ns de Crespo Rivas e poden ser recollidos desde a porta principal do centro que leva ao paseo.<\/p>\n<p>A recollida comezar\u00e1 \u00e1s 15:30 ata as 16:30, en ning\u00fan momento a porta estar\u00e1 pechada. Haber\u00e1 un monitor para notificar aos usuarios a s\u00faa sa\u00edda.<\/p>\n<p>.- Os usuarios de Campolongo poden estar na &#8220;Sala de uso m\u00faltiple, patios ou ximnasio (segundo o tempo).<\/p>\n<p><strong>Para a entrega dos usuarios, abrirase a &#8220;PORTA DAS PISTAS DE BALONCESTO&#8221;, a que est\u00e1 diante do patio vermello. AL\u00cd HABER\u00c1 UN MONITOR QUE AVISAR\u00c1 AO USUARIO CANDO O VE\u00d1AN A RECOLLER. A APERTURA SER\u00c1 DE 15:30 A 15:45 1\u00aa QUENDA Y 16:10 A 16:30 2\u00aa QUENDA.<\/strong><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Comedor e Madruga Nova APP ColeChef:\u00a0\u00a0 Dende este curso ARUME\u00a0 estrea a\u00a0 APP ColeChef, que po\u00f1ens \u00e1 vosa disposici\u00f3n coa intenci\u00f3n de que o vindeiro curso sexa completamente operativa para facilitar as 24h toda a informaci\u00f3n e a xesti\u00f3n diaria e personalizada das vosas fillas e fillos no comedor (men\u00fas, facturaci\u00f3n, contrataci\u00f3n,&#8230;) &#8211;Pasos para darse [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":691,"featured_media":0,"parent":0,"menu_order":5,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","template":"","meta":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/anpacresporivas\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/162"}],"collection":[{"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/anpacresporivas\/wp-json\/wp\/v2\/pages"}],"about":[{"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/anpacresporivas\/wp-json\/wp\/v2\/types\/page"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/anpacresporivas\/wp-json\/wp\/v2\/users\/691"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/anpacresporivas\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=162"}],"version-history":[{"count":14,"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/anpacresporivas\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/162\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":7941,"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/anpacresporivas\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/162\/revisions\/7941"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/anpacresporivas\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=162"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}