Mes: Decembro 2024
Formulario de participación XI Edición
Recepción de orixinais desde o 8 de xaneiro ao 31 de marzo.
Para os participantes individuais é obrigatorio facelo a través de formulario.
XI Edición do CRC
Certame de relato curto da FANPA Formulario de participación individual"*" indicates required fields
(Detectamos que algúns tedes problemas de confirmación da entrega con el. Nese caso, utilizade este que se abre nunha lapela independente)
https://forms.gle/vi2YjH7idkfjRDn89
Para os envíos colectivos, por exemplo desde unha escola, é recomendable facelo directamente ao enderezo de correo certame.relatocurto@nontedurmas.org .
Nestes envíos colectivos, cada relato será un anexo, e debe traer tamén 2 páxinas en cada ficheiro: unha páxina co relato e o pseudónimo e outra co resto dos datos como se indica máis arriba.
Bases da XI Edición
UN RELATO CURTO narra unha historia ficticia
nun pequeno espazo de tempo, con poucos personaxes,
con descricións breves e escasas divagacións.
Mostra o que ocorre e ensina a historia a través
dunha acción estruturada, deixando que o lector
deduza parte dos feitos e que se atope
cun final inesperado.
BASES XI CERTAME DE RELATO CURTO
CON PUBLICACIÓN
Os principais obxectivos deste certame son: fomentar a creatividade no alumnado, potenciar a expresión e comprensión escrita, estimular o uso do galego nas familias,
facilitar as posibilidades de publicación a novos creadores/as, apoiar os escritores/as noveis e afeccionados/as, crear un espazo común e familiar para a creación literaria.
1.º Os relatos deberán ser orixinais, inéditos, non premiados noutros certames, de temática libre e escritos en lingua galega. Cando se promovan dende os colexios e institutos, serán descartados os grupos de relatos de temática semellante.
2.º Poderán presentarse todos os alumnos e alumnas dos centros públicos da provincia de Pontevedra de Primaria, Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional. Tamén poderán presentarse as persoas adultas (familiares, profesorado e alumnado universitario dos campus de Pontevedra e Vigo).
3.º Cada autor/a só poderá presentar un relato que terá unha extensión mínima de 200 palabras e máxima de 300.
4.º O relato presentarase en ficheiros de formato de texto editable (.doc, .docx, .odt ou PDF híbrido) en http://certame.nontedurmas.org/ onde se remitirán mediante o formulario en liña dispoñible. Só no caso de grupos escolares, poderase enviar o conxunto de relatos como anexo ao enderezo de correo electrónico: certame.relatocurto@nontedurmas.org
5.º Enviarase un único ficheiro para cada participación, constando da ficheiro de dúas páxinas, co seguinte formato:
a. O nome do ficheiro será o título do relato
b. A primeira páxina conterá:
● O título do relato
● O relato
● O pseudónimo utilizado
● A categoría que corresponda ao autor/a (primaria, secundaria, bacharelato/formación profesional ou adultos).
c. A segunda páxina conterá:
• O título do relato e o pseudónimo co que se presenta
• O nome e apelidos reais do autor
• O curso actual, no caso dos alumnos.
• O centro escolar co que está relacionado, para todos os participantes
• Correo electrónico vinculado co participante (propio ou do representante)
• Teléfono de contacto
6.º O prazo de envío dos relatos orixinais comezará o 8 de xaneiro e finalizará o 31 de marzo de 2025.
7.º A selección do xurado, formado por filólogos, escritores e/ou profesores e representantes de Kalandraka Editora, terá dúas fases. Na primeira fase seleccionará os
120 mellores relatos de entre todos os presentados e que formarán parte do libro. Esta selección de 120 finalistas darase a coñecer no mes de abril de 2025. Nunha segunda fase o xurado destacará 20 dos relatos finalistas e escollerá de entre eles o gañador de cada categoría (Primaria, Secundaria, Bacharelato/FP e adultos). O resultado desta escolla só se dará a coñecer na gala de entrega de premios, que terá lugar no mes de maio.
8.º Os premios serán os seguintes:
• Para o gañador/a de cada categoría (Primaria, Secundaria, Bacharelato/Formación profesional e adultos): un vale de 200 euros, un lote de libros de Kalandraka, un xogo e unha lámina autenticada polo ilustrador homenaxeado nesta convocatoria, Federico Fernández.
• Para os 20 autores finalistas destacados: un obradoiro de creación literaria que impartirá no mes de xuño a escola de escritores da Asociación de Escritores en Lingua Galega.
• Para os 120 autores finalistas: un libro colectivo cos seus relatos e co relato feito expresamente para o certame pola escritora homenaxeada, nesta edición é Paula Carballeira.
• Tanto os relatos gañadores coma todos os finalistas publicaranse tamén no Diario de Pontevedra durante as vacacións de verán.
9.º A obra será propiedade da entidade organizadora, polo que os autores e autoras aceptan ceder todos os seus dereitos e a corrección gramatical e léxica para a súa publicación.
10.º Os premios poderán quedar desertos se non se alcanza unha calidade mínima, incluída a publicación do libro colectivo. As decisións adoptadas polo xurado serán
inapelables en todos os casos.
11.º A participación no certame implica a aceptación das bases e a súa interpretación é responsabilidade da organización do certame.
12.º Os datos persoais incluídos neste certame só serán coñecidos pola organización do concurso, quen garante o anonimato dos autores e autoras dos relatos durante todo o proceso de selección e deliberación do xurado, e serán obxecto de tratamento automatizado no ficheiro da Federación, cuxa finalidade é a xestión e control dos premios concedidos polo xurado. Os seus datos persoais non serán comunicados ou cedidos a terceiros.
O interesado ou interesada poderá revogar o seu consentimento así como exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición no enderezo de correo:
certame.relatocurto@nontedurmas.org