{"id":128,"date":"2015-12-14T17:50:02","date_gmt":"2015-12-14T16:50:02","guid":{"rendered":"http:\/\/certame.nontedurmas.org\/?page_id=128"},"modified":"2015-12-14T17:50:02","modified_gmt":"2015-12-14T16:50:02","slug":"bailes-perfumados","status":"publish","type":"page","link":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/relatos-premiados\/2015-2\/bailes-perfumados\/","title":{"rendered":"Bailes perfumados, por Fina Casalderrey"},"content":{"rendered":"<blockquote>\n<p style=\"text-align: center\"><strong><em>F\u00f3ra, o mundo semella unha mentira.<\/em><\/strong><br \/>\n<em> (Par\u00e1bola do incr\u00e9dulo. Manuel \u00c1lvarez Torneiro)<\/em><\/p>\n<\/blockquote>\n<p style=\"text-align: right\">A Encarna S\u00e1nchez<\/p>\n<p>Son as seis da tarde e o d\u00eda v\u00f3lvese noite. Decembro ten esas cousas.<\/p>\n<p>Os dous amigos deciden, por fin, facerlle unha visita a Xi\u00e1n. Noutrora tan xuntos andaban os tres que, entre a veci\u00f1anza, refer\u00edanse a eles polo alcume com\u00fan de <em>mosqueteiros<\/em>; mais dende que, con doce anos, unha desas enfermidades raras comezou a coutar os so\u00f1os de futuro de Xi\u00e1n, a relaci\u00f3n foise espazando ata se volver inexistente. C\u00fastalles asimilar o drama dun rapaz ao que a fala e a capacidade de se soster en p\u00e9 o foron abandonando co sixilo dun asasino silencioso.<br \/>\nAntes de premer no timbre, axexan pola vent\u00e1.<br \/>\nDentro, a radio est\u00e1 prendida e unha emisora de m\u00fasica cl\u00e1sica enchoupa o sal\u00f3n de maxia. Na cheminea os rach\u00f3ns de carballo aturuxan ao comp\u00e1s da melod\u00eda.<br \/>\nF\u00f3ra, dous pares de ollos pegados ao cristal non perden detalle do que acontece no interior. Permanecen abertos ata a esaxeraci\u00f3n, non poden dar creto do que ven. Ao car\u00f3n daquela luz contraditoria do lume descobren a Xi\u00e1n<br \/>\nbailando cunha muller no sal\u00f3n da s\u00faa casa!<br \/>\n-Pero se leva anos na cadeira de rodas! \u00c9 totalmente imposible que o aguanten as pernas! -bisba, \u00e1 fin, un deles.<br \/>\n-Semellan dous bonecos dunha caixa de m\u00fasica dando voltas. Non se moven do sitio! \u2013mui\u00f1ou o outro.<br \/>\nO coraz\u00f3n quer\u00edalles sa\u00edr pola boca e bater contra o cristal. Non tiveron valor para chamar \u00e1 porta e fuxiron espavorecidos, sen reco\u00f1ecer \u00e1 moza coa que bailaba.<br \/>\nComa cada tarde de domingo, a nai de Xi\u00e1n enxugou as b\u00e1goas pulidas en solitario, sacou o uniforme de tristeza e colocou unha pr\u00f3tese de ledicia para se converter en rexia carballa e nutrir de so\u00f1os o corpo represado de Xi\u00e1n.<br \/>\nAchegouse \u00e1 cadeira de rodas, colocou os p\u00e9s inertes do fillo sobre os seus p\u00e9s, coma cando era un cativo. Rodeou o seu pescozo cos braci\u00f1os delgados e inm\u00f3biles do fillo, suxeitouno pola cintura e p\u00faxoo en p\u00e9. Nai e fillo bailan<br \/>\nagora na tempestade calma da tenrura. El, uns ollos de alba aberta; ela, un cabalo de cart\u00f3n trotando con forza sobrehumana polas sombras.<br \/>\nSon bailes clandestinos, perfumados con sobredoses de cari\u00f1o.<br \/>\nNa radio soan agora <em>As catro estaci\u00f3ns de Vivaldi<\/em>. Tam\u00e9n ela \u00e9 nai en calquera estaci\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: right\">Fina Casalderrey<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>F\u00f3ra, o mundo semella unha mentira. (Par\u00e1bola do incr\u00e9dulo. Manuel \u00c1lvarez Torneiro) A Encarna S\u00e1nchez Son as seis da tarde e o d\u00eda v\u00f3lvese noite. Decembro ten esas cousas. Os dous amigos deciden, por fin, facerlle unha visita a Xi\u00e1n. Noutrora tan xuntos andaban os tres que, entre a veci\u00f1anza, refer\u00edanse a eles polo alcume com\u00fan de mosqueteiros; mais dende [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"parent":195,"menu_order":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","template":"","meta":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/128"}],"collection":[{"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/pages"}],"about":[{"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/types\/page"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=128"}],"version-history":[{"count":0,"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/128\/revisions"}],"up":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/195"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=128"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}