{"id":1517,"date":"2024-01-12T11:30:12","date_gmt":"2024-01-12T10:30:12","guid":{"rendered":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/?page_id=1517"},"modified":"2024-01-12T11:56:22","modified_gmt":"2024-01-12T10:56:22","slug":"conto-para-durmir-por-manuel-lourenzo-gonzalez","status":"publish","type":"page","link":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/conto-para-durmir-por-manuel-lourenzo-gonzalez\/","title":{"rendered":"Conto para durmir, por Manuel Lourenzo Gonz\u00e1lez"},"content":{"rendered":"<p>Cada vez que durm\u00eda, ocorr\u00eda algo. Algo malo, xa fose un pequeno incidente ou unha desgraza seria. El so\u00f1\u00e1bao durante a noite e pola ma\u00f1\u00e1 sab\u00edase que ocorrera. Non se pod\u00eda entender, non exist\u00eda ningunha explicaci\u00f3n l\u00f3xica; s\u00f3 ocorr\u00eda.<br \/>\nTodos lembraban o primeiro sinal de alarma, cando, unha noite de ver\u00e1n, se esboroou o balc\u00f3n dunha vivenda pr\u00f3xima. Parec\u00eda impos\u00edbel, a casa ach\u00e1base en perfectas condici\u00f3ns. Pero el so\u00f1\u00e1rao, e as\u00ed llo contou \u00e1 esposa con pasmo. Outra noite, d\u00faas semanas despois, estoupou unha bombona de gas no seu propio edificio. Por sorte, non houbo v\u00edtimas. Tam\u00e9n o so\u00f1ara.<\/p>\n<p>E os infortunios continuaron sucedendo, cada vez con menos intervalos de tempo. Nun aparcadoiro da vila veci\u00f1a caeu unha \u00e1rbore e esmagou catro coches. El so\u00f1\u00e1rao esa mesma noite. E o mesmo aos poucos d\u00edas,<br \/>\ncando ardeu un restaurante; esa vez houbo feridos.<\/p>\n<p>Moi asustados, marido e muller pescudaron en xornais recentes noticias de accidentes anteriores, e el aseguroulle que alg\u00fans formaran parte dos seus so\u00f1os nocturnos, nalg\u00fan caso como aut\u00e9nticos pesadelos. O medo inicial deu paso a un intenso pavor. Porque todo fac\u00eda pensar que aquela serie de calamitosas e inexplic\u00e1beis coincidencias se vi\u00f1an producindo desde hab\u00eda tempo en distintos lugares, talvez ata noutros pa\u00edses. O problema adquiriu tal traza que tiveron que compartilo con outras persoas, particularmente<br \/>\nfamiliares e amigos, que se sumaron \u00e1 pescuda en hemerotecas e redes de comunicaci\u00f3n. Constat\u00e1ronse os peores presaxios: o home vivira na s\u00faa cabeza durmida un bo n\u00famero dos sinistros m\u00e1is graves acontecidos no planeta nos \u00faltimos anos: pontes que se derrubaban, raios que fend\u00edan f\u00e1bricas, gretas que se abr\u00edan na terra e tragaban campos e casas, trens que descarrilaban, barcos que se afund\u00edan, lumes devastadores, asolagamentos, pragas, crimes&#8230; E el a\u00ednda lembraba ter vivido outros pesadelos que<br \/>\nnon aparec\u00edan nas noticias, alg\u00fans particularmente estra\u00f1os: bosques que murchaban repentinamente, alpendres que voaban sen que houbese vento, bandadas de aves que ca\u00edan mortas en masa, cans que atacaban persoas, persoas que se chimpaban desde os tellados&#8230;<\/p>\n<p>Moita xente morr\u00eda nos seus so\u00f1os. E as desgrazas non cesaban. Por\u00e9n, cando o home espertaba, o mundo parec\u00eda recuperar a calma, unha marabillosa bonanza, coma se dun para\u00edso se tratase. Aquilo non ti\u00f1a explicaci\u00f3n, mais a realidade era teimuda. Houbo que dar r\u00e1pido aviso \u00e1s autoridades, as cales, tras unha primeira reacci\u00f3n de xocosa incredulidade, acabaron por verificar o fat\u00eddico transo: s\u00f3 reinaba a tranquilidade no mundo mentres o home estaba esperto. Baixo ning\u00fan punto de vista se pod\u00eda acusar de ser el o causante das traxedias, mais o sentido pr\u00e1ctico mandaba facer algo decontado para tratar de detelas. O home quedou hospitalizado, conectado a todo canto aparello de observaci\u00f3n hab\u00eda, e baixo severa custodia policial.<\/p>\n<p>A primeira noite que durmiu atendido polos m\u00e9dicos so\u00f1ou cunha monta\u00f1a en chamas e ducias de persoas abrasadas. A noticia chegou pola ma\u00f1\u00e1: no Xap\u00f3n, un volc\u00e1n extinguido hab\u00eda s\u00e9culos activ\u00e1rase e sepultara varias aldeas. Na segunda, avisou dun avi\u00f3n que caera no mar; acababa de ocorrer en Exipto, morreran cento oito persoas. Produc\u00edranse esas noites outras cat\u00e1strofes, certamente, accidentes que el non so\u00f1ara; mais os que so\u00f1ara, al\u00ed estaban nos medios de comunicaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Xa non se agardou \u00e1 terceira noite: a opci\u00f3n l\u00f3xica foi manter o home esperto artificialmente. Sucesivas doses de substancias estimulantes fixeron que deixase de durmir e de so\u00f1ar; daquela, hab\u00eda que crer que nese tempo se evitaran moitas calamidades no mundo. Mais aos cinco d\u00edas o paciente ach\u00e1base a piques de tolear. Permit\u00edronlle durmir d\u00faas horas, e foron suficientes para que chuvias torrenciais arrasasen unha poboada rexi\u00f3n do Brasil.<\/p>\n<p>Que facer? O recurso de impedirlle durmir non val\u00eda, pois as consecuencias estaban \u00e1 vista: cada vez que o corpo ca\u00eda unha miga na inconsciencia, os desastres multiplic\u00e1banse. Por fin, algu\u00e9n verbalizou a idea que a todos lles roldaba pola cabeza: provocar a morte do suxeito; a\u00ednda que hab\u00eda familiares e amigos na sala, ningu\u00e9n se opuxo.<\/p>\n<p>Foi doado disimular un veleno entre as s\u00faas p\u00edlulas medicinais, todo se fixo r\u00e1pida e limpamente. En minutos, a medida que nos monitores as li\u00f1as das constantes vitais se volv\u00edan planas, os rostros dos presentes, antes sombrizos, ga\u00f1aban as cores dun sereno alivio. Os murmurios repartindo mutuos parab\u00e9ns foron subindo de volume, pero houbo unha voz que se impuxo, a da mesma persoa que antes suxerira o crime; dixo que esperaba que non fose certo iso que din de que a morte \u00e9 un so\u00f1o eterno.<\/p>\n<p>Por Manuel Lourenzo Gonz\u00e1lez<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Cada vez que durm\u00eda, ocorr\u00eda algo. Algo malo, xa fose un pequeno incidente ou unha desgraza seria. El so\u00f1\u00e1bao durante a noite e pola ma\u00f1\u00e1 sab\u00edase que ocorrera. Non se pod\u00eda entender, non exist\u00eda ningunha explicaci\u00f3n l\u00f3xica; s\u00f3 ocorr\u00eda. Todos lembraban o primeiro sinal de alarma, cando, unha noite de ver\u00e1n, se esboroou o balc\u00f3n dunha vivenda pr\u00f3xima. Parec\u00eda impos\u00edbel, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"parent":0,"menu_order":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","template":"","meta":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/1517"}],"collection":[{"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/pages"}],"about":[{"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/types\/page"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1517"}],"version-history":[{"count":3,"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/1517\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1521,"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/1517\/revisions\/1521"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1517"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}