{"id":159,"date":"2015-12-14T20:31:49","date_gmt":"2015-12-14T19:31:49","guid":{"rendered":"http:\/\/certame.nontedurmas.org\/?page_id=159"},"modified":"2015-12-14T20:31:49","modified_gmt":"2015-12-14T19:31:49","slug":"como-escribir-un-relato-curto","status":"publish","type":"page","link":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/paxina\/como-escribir-un-relato-curto\/","title":{"rendered":"Como escribir un relato curto"},"content":{"rendered":"<h4>1. C\u00c9NTRATE NA ACCI\u00d3N<\/h4>\n<p>O relato non \u00e9 s\u00f3 unha an\u00e9cdota, xa que conta unha historia ficticia. <strong>A narraci\u00f3n ha de estar condensada e centrarse no que sucede.<\/strong><br \/>\nNo relato <strong>non hai longas descrici\u00f3ns ou extensas exposici\u00f3ns ou reflexi\u00f3ns<\/strong> morais ou psicol\u00f3xicas. Isto non quere dicir que careza destes elementos. Poden estar, pero escondidos entre li\u00f1as ou ditas directamente coas palabras xustas.<\/p>\n<h4>2. NON QUEIRAS ABARCALO TODO<\/h4>\n<p>O relato, polo xeral, debe ocorrer nun <strong>espazo de tempo breve<\/strong>, ter<strong> poucos personaxes principais<\/strong> (2 ou 3 como moito) <strong>e unha localizaci\u00f3n principal.<\/strong><\/p>\n<h4>3. BUSCA UNHA IDEA E SELECCIONA O IMPACTO<\/h4>\n<p>Toda idea pode simplificarse sempre, s\u00f3 hai que darlle unha volta. Para iso, <strong>busquemos o instante con maior forza, o momento de impacto da historia<\/strong>, as\u00ed saberemos onde hai que centrarse. Por exemplo:<br \/>\nQueremos contar a historia de Marti\u00f1o que, tras pasarse moitos anos dedicado ao seu traballo, logrou alcanzar o \u00e9xito profesional. Foi un tipo importante, ambicioso e chegou ao m\u00e1is alto, pero a custa de arriscar a s\u00faa vida persoal. Co tempo, cometeu unha serie de erros e arruinouse co que rompeu a familia e acabou de mendigo.<br \/>\nBen, temos a idea, agora buscamos o impacto. Por exemplo:<\/p>\n<p style=\"padding-left: 30px\"><em>Marti\u00f1o \u00e9 un mendigo que cada ma\u00f1\u00e1 pide nunha esquina do centro da cidade, nunha zona de oficinas preto de onde el traballaba tempo atr\u00e1s. Os mesmos executivos entre os que el se inclu\u00eda antes, son agora os que o ignoran e pasan polo seu lado sen miralo.<\/em><\/p>\n<h4>4. NON O CONTES, M\u00d3STRAO<\/h4>\n<p>Un relato<strong> non \u00e9 un resumo dunha historia, sen\u00f3n unha historia en si<\/strong>. Tomando o mesmo exemplo do punto anterior, poderiamos dicir:<\/p>\n<p style=\"padding-left: 30px\"><em>Marti\u00f1o \u00e9 un mendigo que cada ma\u00f1\u00e1 pide nunha esquina preto de onde antes traballaba. Ent\u00f3n ti\u00f1a moito \u00e9xito, a\u00ednda que se acababa de divorciar e non ti\u00f1a moito tempo para os seus fillos porque&#8230;<\/em><\/p>\n<p>Que \u00e9 isto? \u00c9 unha historia ou o resumo dunha historia? En realidade \u00e9 o segundo.<\/p>\n<p>Para narrar a historia temos que centrarnos no instante, na acci\u00f3n, polo tanto, <strong>mostra o que ocorre, ensina a historia a trav\u00e9s da acci\u00f3n:<\/strong><\/p>\n<p style=\"padding-left: 30px\"><em>Marti\u00f1o conta as moedas da s\u00faa caixa e d\u00e1se conta de que non foi unha boa ma\u00f1\u00e1. Dubida se ter\u00e1 para tomar algo quente&#8230;<\/em><\/p>\n<h4>5. MANT\u00c9N A ESTRUTURA<br \/>\nTodo relato <strong>ha de ter unha introduci\u00f3n, un n\u00f3 e un desenlace<\/strong>. Por exemplo, na historia anterior:<\/h4>\n<p style=\"padding-left: 30px\"><img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"puce\" src=\"http:\/\/nontedurmas.org\/local\/cache-vignettes\/L8xH11\/puce-32883.gif\" alt=\"-\" width=\"8\" height=\"11\" \/>\u00a0A introduci\u00f3n (sit\u00faa a historia: que, quen, onde e cando) ser\u00eda: o mendigo contando as moedas na s\u00faa esquina e os executivos pasando ante el envoltos no seu abrigo.<br \/>\n<img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"puce\" src=\"http:\/\/nontedurmas.org\/local\/cache-vignettes\/L8xH11\/puce-32883.gif\" alt=\"-\" width=\"8\" height=\"11\" \/>\u00a0O n\u00f3 poder\u00eda ser: o mendigo est\u00e1 preocupado porque necesita tomar algo quente pero non lle chega o di\u00f1eiro. Segue pedindo pero os executivos ign\u00f3rano.<br \/>\n<img decoding=\"async\" loading=\"lazy\" class=\"puce\" src=\"http:\/\/nontedurmas.org\/local\/cache-vignettes\/L8xH11\/puce-32883.gif\" alt=\"-\" width=\"8\" height=\"11\" \/>\u00a0O desenlace (ser\u00eda o final que lle deamos): algu\u00e9n se apiada del e d\u00e1lle o di\u00f1eiro para que se tome o caf\u00e9.<\/p>\n<h4>6. NON O DEAS TODO, SUX\u00cdREO<\/h4>\n<p>No relato \u00e9 tan importante o que se di como o que se cala. Como diciamos antes, non hai lugar para exposici\u00f3ns longas, as\u00ed que esqu\u00e9cete de explicar que o mendigo se sente mal pola s\u00faa situaci\u00f3n ou que se arrepinte de perder a s\u00faa familia.<strong> Iso ha de quedar impl\u00edcito na acci\u00f3n. Deixa que o lector o deduza. <\/strong> Por exemplo, en lugar de explicar que o mendigo ti\u00f1a familia e a perdeu xunto co seu traballo, podemos facer que entre os executivos que cruzan ante el, o mendigo reco\u00f1ece ao seu fillo e intenta dicirlle algo. O fillo v\u00f3lvese cara a el e, sen reco\u00f1ecer o seu pai, d\u00e1lle unha moeda, solucionando o problema de tomar algo quente esa ma\u00f1\u00e1. Pero, obviamente, ao mendigo xa non lle importa o caf\u00e9.<\/p>\n<h4>7. CADA FRASE CONTA<\/h4>\n<p>Do principio ao final, cada frase do relato ten que estar a\u00ed cunha funci\u00f3n na historia. <strong>Tes pouco espazo e poucas palabras, aprov\u00e9itaas ben<\/strong>. Isto non \u00e9 necesario facelo na primeira escritura, pero si na revisi\u00f3n. Se a esencia do texto se comprende sen esa frase, elim\u00ednaa.<\/p>\n<h4>8. MANT\u00c9N O SUSPENSE<\/h4>\n<p><strong>Non deas toda a informaci\u00f3n ao comezo<\/strong>. Dosif\u00edcaa e leva o lector ata a \u00faltima palabra. Se contamos de partida que o mendigo era antes un executivo e que acaba de atoparse co seu fillo, logo quedamos sen sorpresa para o final.<\/p>\n<p>Sempre que poidas,<strong> intenta que ao final do texto haxa un xiro, un golpe de efecto, unha sorpresa<\/strong>. Que estea xustificada, claro, pero que dea un novo sentido ao texto. \u00c9 mellor empezar polo mendigo con fr\u00edo que ha de conseguir di\u00f1eiro para algo quente. Logo podemos contar que el antes era un deses executivos que agora o ignoran, porque isto produce m\u00e1is curiosidade sobre o personaxe. De s\u00fapeto, reco\u00f1ece a algu\u00e9n entre a multitude e chama a s\u00faa atenci\u00f3n (m\u00e1is intriga). Esta persoa non o reco\u00f1ece, pero d\u00e1lle di\u00f1eiro, a\u00ednda que ao mendigo xa non lle importa o di\u00f1eiro, porque o executivo era o seu fillo (deixamos o golpe de efecto para o final).<\/p>\n<h4>9. IMPACTO POSTERIOR<\/h4>\n<p>Una das cousas m\u00e1is dif\u00edciles pero tam\u00e9n das m\u00e1is importantes \u00e9 lograr que o relato deixe pegada no lector. Unha vez termine, <strong>o texto ha de deixar un eco no seu interior, unha reflexi\u00f3n, un sentimento<\/strong>. \u00c9 fundamental que a derradeira frase conte\u00f1a un xiro ou unha imaxe que impresione. Volvendo ao caso do exemplo, o ideal \u00e9 chegar ao final sen saber quen \u00e9 o executivo ao que o mendigo reco\u00f1eceu e que acaba de darlle o di\u00f1eiro. Nesa \u00faltima frase (que ademais deber\u00eda ser curta, sinxela e directa para causar maior impacto) revelaremos que se trata do seu fillo (un bo xiro final) e deixaremos entrever que o mendigo xa non est\u00e1 preocupado polo di\u00f1eiro (nin o mira), sen\u00f3n que observa como o seu fillo se afasta sen poder facer nada para evitar que cometa os mesmos erros que el cometeu no pasado.<\/p>\n<h4>10. AMBIENTA CON POUCO<\/h4>\n<p>Non tes espazo para descrici\u00f3ns longas nin divagaci\u00f3ns, pero o relato tam\u00e9n ha de ter ambientaci\u00f3n para envolver ao lector.<strong> Para ambientar nun texto moi curto, usa o ton, o narrador, a linguaxe e selecciona as palabras adecuadas.<\/strong> Non \u00e9 o mesmo dicir bruma que n\u00e9boa. Cada palabra axuda a constru\u00edr a atmosfera. El\u00edxeas con coidado.<\/p>\n<p>Por exemplo, para a historia do mendigo, situamos a historia nunha cidade, unha ma\u00f1\u00e1 de inverno na que vai moito fr\u00edo, pero non \u00e9 necesario dicir todo isto. Podemos ver o fr\u00edo no bafo que sae da boca do personaxe ou facendo que refregue as mans envoltas en luvas antes de contar o di\u00f1eiro. Mellor a\u00ednda, podemos velo todo a trav\u00e9s dos executivos que entran nas s\u00faas oficinas envoltos en grosos abrigos mentres ignoran ao mendigo. Nesta imaxe sabemos que \u00e9 unha cidade, que \u00e9 pola ma\u00f1\u00e1, \u00e9 inverno e vai fr\u00edo.<\/p>\n<h4>11. A IMPORTANCIA DO T\u00cdTULO<\/h4>\n<p>O t\u00edtulo \u00e9 un espazo extra que pode resultar moi \u00fatil.<strong> O ideal \u00e9 que suxira, intrigue<\/strong> e mostre unha nova luz sobre o texto unha vez que se termine coa s\u00faa lectura.<\/p>\n<h4>12. ALG\u00daNS CONSELLOS PARA ESCRITORES NOVEIS<\/h4>\n<p>Calquera escritor ou escritora que queira facer relatos de calidade debe ler relatos. Para entender como funcionan e como se escriben, \u00e9 fundamental que os co\u00f1ezamos. Cando remates de escribir un relato, d\u00e9ixao repousar e d\u00e1lle unha lectura ao cabo duns d\u00edas. Seguro que far\u00e1s algunhas melloras! Procura que o teu relato sexa orixinal, que te\u00f1a enfoques pouco habituais.<\/p>\n<p>Feliz escritura!<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>1. C\u00c9NTRATE NA ACCI\u00d3N O relato non \u00e9 s\u00f3 unha an\u00e9cdota, xa que conta unha historia ficticia. A narraci\u00f3n ha de estar condensada e centrarse no que sucede. No relato non hai longas descrici\u00f3ns ou extensas exposici\u00f3ns ou reflexi\u00f3ns morais ou psicol\u00f3xicas. Isto non quere dicir que careza destes elementos. Poden estar, pero escondidos entre li\u00f1as ou ditas directamente coas [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"parent":501,"menu_order":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","template":"","meta":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/159"}],"collection":[{"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/pages"}],"about":[{"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/types\/page"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=159"}],"version-history":[{"count":0,"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/159\/revisions"}],"up":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/501"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=159"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}