{"id":1641,"date":"2024-06-12T11:48:45","date_gmt":"2024-06-12T09:48:45","guid":{"rendered":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/?page_id=1641"},"modified":"2024-06-12T13:14:21","modified_gmt":"2024-06-12T11:14:21","slug":"canto-duran-dez-minutos-por-xose-monteagudo","status":"publish","type":"page","link":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/canto-duran-dez-minutos-por-xose-monteagudo\/","title":{"rendered":"Canto duran dez minutos, por Xos\u00e9 Monteagudo"},"content":{"rendered":"<p>CANTO DURAN DEZ MINUTOS<\/p>\n<p><em>Volvo dentro de dez minutos. Coma unha silenciosa advertencia contra o<\/em><br \/>\n<em>futuro, o carteli\u00f1o segu\u00eda apegado no cristal desde hab\u00eda m\u00e1is de dous anos,<\/em><br \/>\n<em>cando o \u00faltimo propietario do establecemento foi tomar un caf\u00e9 e non regresou.<\/em><\/p>\n<p>Escrib\u00edn esas d\u00faas frases nun caderno en febreiro do 2005. Non volv\u00edn<br \/>\npensar nelas ata finais dese ano. Ent\u00f3n recib\u00edn unha carta da Asociaci\u00f3n de<br \/>\nEscritores e Escritoras en Lingua Galega onde me ped\u00edan que lles enviase<br \/>\nun texto breve para inclu\u00edr na axenda que \u00edan editar para o ano 2006. Sen<br \/>\npensalo d\u00faas veces, rescatei esas frases e mand\u00e9illelas. Cando recib\u00edn a<br \/>\nnova axenda, a primeiros do 2006, no p\u00e9 da p\u00e1xina correspondente ao 1 de<br \/>\nxaneiro lin, impreso, o texto do meu relato.<br \/>\nRelino d\u00faas veces.<br \/>\nNese intre comezou a desacougarme a idea de que detr\u00e1s daquelas palabras<br \/>\nhab\u00eda unha historia. A imaxe do cartel apegado na porta despois<br \/>\nde dous anos era a punta do iceberg que emerx\u00eda da auga. As sete partes<br \/>\nrestantes estaban ocultas baixo a superficie branca do papel. Por suposto,<br \/>\nnunha historia non \u00e9 preciso contalo todo. A mi\u00fado, chega con expresar<br \/>\ndous ou tres detalles significativos ou con relatar un episodio relevante para<br \/>\nque a imaxinaci\u00f3n de quen le constr\u00faa o resto moito mellor ca se estivese<br \/>\nexpresado con palabras. Consciente dese valor senlleiro do omitido, non<br \/>\ndesexaba saber todo o que ocorrera. Pero quer\u00eda mergullarme un pouco<br \/>\nm\u00e1is tras aquelas frases e ver cal era a historia que non estaba \u00e1 vista.<br \/>\nAs\u00ed descubr\u00edn que o personaxe que \u00eda volver ao cabo de dez minutos<br \/>\nse chamaba Rodrigo L\u00f3pez Gabarre e que ti\u00f1a cincuenta e un anos o d\u00eda<br \/>\nque apegou o papel na porta do seu establecemento. Nesa altura era un<br \/>\nhome retra\u00eddo, escasamente sociable, que atend\u00eda con xesto parco e poucas<br \/>\npalabras a escasa clientela que entraba no seu local para mercar cachifallos:<br \/>\ntixolas, espremedores, aspiradoras, l\u00e1mpadas e diversos obxectos vintage,<br \/>\nm\u00e1is \u00fatiles como ornamento dun moble que para empregalos no uso para<br \/>\no que foran concibidos.<br \/>\nPero non sempre fora as\u00ed. Trinta anos antes, Rodrigo era un mozo<br \/>\nespelido que chegara a Pontevedra coma un extraterrestre en misi\u00f3n<br \/>\nexploratoria. Ata os vinte e un vivira nunha aldea cativa do interior da<br \/>\nprovincia. Lonxe da civilizaci\u00f3n, segundo el dic\u00eda. Al\u00ed, o son dos carros de<br \/>\nvacas e o cheiro a esterco foran o estimulante que elevara a un nivel superior<br \/>\na s\u00faa gana de partir. Previamente, a necesidade de di\u00f1eiro proxectara lonxe<br \/>\nos seus dous irm\u00e1ns maiores: un a Bilbao e o outro a Xenebra. Rodrigo non<br \/>\nquer\u00eda converterse no ref\u00e9n do esp\u00edrito alde\u00e1n e cando tivo que cumprir o<br \/>\nservizo militar aproveitou a oportunidade para marchar sen billete de volta.<br \/>\nAo rematar o ano e medio que tivo que cederlle ao estamento militar<br \/>\nen Pontevedra, comezou a traballar como dependente nunha das grandes<br \/>\ntendas de electrodom\u00e9sticos que hab\u00eda na cidade. A mediados dos setenta,<br \/>\nna tenda, ampla e ben iluminada, os \u00faltimos modelos de televisores,<br \/>\ntocadiscos, frigor\u00edficos e lavadoras mostr\u00e1banse como os cobizados sinais<br \/>\ndunha modernidade que os habitantes da provincia anhelaban saborear.<br \/>\nCon cada home e muller que traspasaba a porta do establecemento, Rodrigo<br \/>\ndespregaba un sorriso amplo, un xesto acolledor e unha conversa<br \/>\ntranquila e sen desmaio ata que o o\u00ednte sinalaba o aparello concreto que<br \/>\ndesexaba ver xa no seu fogar. En ocasi\u00f3ns, el era o encargado de instalalo.<br \/>\nUn d\u00eda tocoulle acompa\u00f1ar na furgoneta de reparto outro empregado.<br \/>\nLevaban varios electrodom\u00e9sticos \u00e1 casa que \u00eda estrear nas aforas<br \/>\nda cidade un emigrante retornado do Brasil. Rodrigo axudou a colocar<br \/>\nunha lavadora, un frigor\u00edfico, un televisor de 28 polgadas e un tocadiscos.<br \/>\nOcorr\u00e9raselle levar un disco para probar o son facendo xirar o vinilo<br \/>\nsobre o prato. Era un mero xesto da s\u00faa particular actitude comercial, por<br \/>\nsuposto. A ningu\u00e9n se lle ocorrer\u00eda pensar que un cliente merca un tocadiscos<br \/>\nse non disp\u00f3n xa dalg\u00fan \u00e1lbum musical co que comezar a utilizalo.<br \/>\nNa alegr\u00eda da estrea dun conxunto de aparellos nunha casa nova, non obstante,<br \/>\nese detalle pode ser asumido con naturalidade. Con naturalidade<br \/>\nfoi asumido tam\u00e9n que a filla do matrimonio de emigrantes retornados<br \/>\nentrase al\u00ed para ver como colocaban o tocadiscos e como aquel mozo fac\u00eda<br \/>\nsoar o disco que tra\u00eda. Un tema de Pablo Milan\u00e9s, Para vivir, suave e envolvente,<br \/>\npermitiulle a Rodrigo contemplar como se lle iluminaba a face cun<br \/>\nsorriso \u00e1 moza de vinte anos que o contemplaba. \u00abQue che parece, Estela?<br \/>\n\u00bb, preguntoulle a nai \u00e1 filla. A filla non dixo nada, e Rodrigo aproveitou<br \/>\no seu mutismo para levar aos seus propios beizos aquel nome: \u00abA que soa<br \/>\nben, Estela?\u00bb. Estela asentiu cun sorriso. Ent\u00f3n Rodrigo comezou a dicirlle<br \/>\nunhas palabras que transformaron o sorriso en riso e logo en gargallada.<br \/>\nA seguinte vez que a viu foi nunha das discotecas da cidade, quince<br \/>\nd\u00edas m\u00e1is tarde. O recordo daquela tarde funcionou como a referencia inicial<br \/>\ndunha conversa que se alongou durante horas. As horas de conversa<br \/>\ntrouxeron conversas novas en semanas sucesivas e as semanas sucesivas<br \/>\nconvert\u00e9ronos en parella.<br \/>\n\u2014Todo o que lle podo dicir \u00e9 que estiveron casados trinta anos, que<br \/>\ntiveron dous fillos e que ela faleceu pouco antes de que a el lle dese un<br \/>\ninfarto aquela ma\u00f1\u00e1, mentres tomaba o caf\u00e9 nesa mesa que est\u00e1 xunto ao<br \/>\ncristal \u2014d\u00edxome o camareiro.<\/p>\n<p>XOS\u00c9 MONTEAGUDO<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>CANTO DURAN DEZ MINUTOS Volvo dentro de dez minutos. Coma unha silenciosa advertencia contra o futuro, o carteli\u00f1o segu\u00eda apegado no cristal desde hab\u00eda m\u00e1is de dous anos, cando o \u00faltimo propietario do establecemento foi tomar un caf\u00e9 e non regresou. Escrib\u00edn esas d\u00faas frases nun caderno en febreiro do 2005. Non volv\u00edn pensar nelas ata finais dese ano. Ent\u00f3n [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"parent":0,"menu_order":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","template":"","meta":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/1641"}],"collection":[{"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/pages"}],"about":[{"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/types\/page"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1641"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/1641\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1662,"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/1641\/revisions\/1662"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1641"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}