{"id":1646,"date":"2024-06-12T13:03:13","date_gmt":"2024-06-12T11:03:13","guid":{"rendered":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/?page_id=1646"},"modified":"2024-06-12T13:07:02","modified_gmt":"2024-06-12T11:07:02","slug":"2024-secundaria","status":"publish","type":"page","link":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/2024-secundaria\/","title":{"rendered":"2024 Secundaria"},"content":{"rendered":"<p>GA\u00d1ADORA na categor\u00eda de SECUNDARIA<\/p>\n<p>Laura Falc\u00f3n Berm\u00fadez do CPI Pluriling\u00fce Santa Luc\u00eda, Mora\u00f1a<\/p>\n<p>PARAUGAS ESGOTADOS<\/p>\n<p>Fixera demasiada calor; a condensaci\u00f3n acumulada nas escaleiras \u00eda<br \/>\nfacer que escorregase de vez. As pr\u00e9sas non eran boas, pero a treixada<br \/>\nestaba sobre n\u00f3s. E eu, sen paraugas. Bul\u00eda por r\u00faas inzadas de fochancas<br \/>\nmentres ca\u00eda na conta de que a xente maior me avisara de que ventaba sur.<br \/>\nNon fixera caso e abof\u00e9 que ti\u00f1an raz\u00f3n. A saber en que intre me decatei<br \/>\nde que ningu\u00e9n na cidade contaba cun paraugas! Polo que, enchoupados<br \/>\ne cheos de tristeza, a auga entrou nos corpos da xente: poalla que se mergulla<br \/>\nno interior dos \u00f3sos e semella non querer sa\u00edr endexamais. Hab\u00eda<br \/>\nun desamparo de \u00abparachoivas\u00bb; s\u00f3 os ti\u00f1a eu, paraugas e alegr\u00eda. Logo de<br \/>\nbotar toda a ma\u00f1\u00e1 no traballo, entro no fogar. Cunha barrufada de ideas<br \/>\na orbitar nos miolos, decido baixar \u00e1 r\u00faa e mercar os m\u00e1ximos paraugas<br \/>\nposibles para entregar \u00e1s persoas que puidese e que as\u00ed conseguisen taparse<br \/>\ndo temporal.<br \/>\nArranquei a toda pr\u00e9sa e fun tenda por tenda e bazar por bazar\u2026 na<br \/>\nbusca deses caxatos con cuberta de tea para resgardar o mundo. Deixei<br \/>\ntoda a bisbarra do Saln\u00e9s sen existencias. Repart\u00edn o pouco que ti\u00f1a entre<br \/>\nas mans: varias ducias de paraugas que creaban un arco da vella nos meus<br \/>\nbrazos.<br \/>\nPasaban os d\u00edas; a choiva non cesaba, mais cando \u00eda pola r\u00faa daba moito<br \/>\ngusto ver xente euf\u00f3rica e sobre todo contenta, sen se enchoupar. R\u00faas<br \/>\nanegadas pola auga, enxurradas a baixar polas avenidas e, cando escampou,<br \/>\na rapazada toda navegando cos paraugas ao rev\u00e9s por enriba dun mar<br \/>\nirreal. O arco da vella brillaba baixo os p\u00e9s das crianzas, e eu\u2026 coa choiva<br \/>\nnos ollos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>GA\u00d1ADORA na categor\u00eda de SECUNDARIA Laura Falc\u00f3n Berm\u00fadez do CPI Pluriling\u00fce Santa Luc\u00eda, Mora\u00f1a PARAUGAS ESGOTADOS Fixera demasiada calor; a condensaci\u00f3n acumulada nas escaleiras \u00eda facer que escorregase de vez. As pr\u00e9sas non eran boas, pero a treixada estaba sobre n\u00f3s. E eu, sen paraugas. Bul\u00eda por r\u00faas inzadas de fochancas mentres ca\u00eda na conta de que a xente maior [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"parent":0,"menu_order":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","template":"","meta":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/1646"}],"collection":[{"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/pages"}],"about":[{"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/types\/page"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1646"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/1646\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1653,"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/1646\/revisions\/1653"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1646"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}