{"id":1648,"date":"2024-06-12T13:03:33","date_gmt":"2024-06-12T11:03:33","guid":{"rendered":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/?page_id=1648"},"modified":"2024-06-12T13:08:08","modified_gmt":"2024-06-12T11:08:08","slug":"2024-bacharelato-e-fp","status":"publish","type":"page","link":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/2024-bacharelato-e-fp\/","title":{"rendered":"2024 Bacharelato e FP"},"content":{"rendered":"<p>GA\u00d1ADORA na categor\u00eda de BACHARELATO-FP<\/p>\n<p>Luc\u00eda Castrillo S\u00e1nchez do IES de Soutomaior<\/p>\n<p>TEST<\/p>\n<p>Unha raia. As lembranzas comezan a flu\u00edr a medida que avanza o l\u00edquido.<br \/>\nTodo comezou aquel fat\u00eddico d\u00eda\u2026<br \/>\nNon, non ser\u00eda xusto comezar as\u00ed.<br \/>\nTodo comezou coa primeira mirada, coa pescuda do reflexo dos teus lentes<br \/>\nentre os andeis da biblioteca da facultade, co primeiro caf\u00e9 \u2014de tantos\u2014<br \/>\nao que me invitaches e cuxa cunca che saber\u00eda describir \u00e1 perfecci\u00f3n. Todo<br \/>\ncomezou co primeiro bico, que seica nos puxo as meixelas coma a centola<br \/>\n\u00e1 que me invitaches no noso primeiro aniversario de noivado, cando a\u00ednda<br \/>\nas bolboretas eran tantas e bul\u00edan tan forte que non che deixaron o\u00edr o teu<br \/>\nsubconsciente, que che lembraba a mi\u00f1a alerxia ao marisco.<br \/>\nPero ogall\u00e1 s\u00f3 tivesen a culpa as bolboretas. Ogall\u00e1 o son de \u00e1s agarimosas<br \/>\nchocando freneticamente fose o \u00fanico que che imped\u00eda o\u00edr f\u00f3ra do teu<br \/>\nser, onde estaba o mundo real ao que eu sempre intentaba traerte de volta<br \/>\ncando miraba como te afastabas, remando na t\u00faa barca de soidade, cara \u00e1<br \/>\natafegante br\u00e9tema do teu interior. E \u00e9 que, por moito que intentaba vogar<br \/>\nnesa escuridade, busc\u00e1ndote para facerte regresar, nunca o consegu\u00edn.<br \/>\nAs\u00ed \u00e9 como estabas, pero non onde ti\u00f1as que estar. Estabas, pero non<br \/>\naqu\u00ed, non comigo.<br \/>\nEstabas, porque agora xa non est\u00e1s. Nin mergullado na t\u00faa br\u00e9tema, nin<br \/>\naqu\u00ed, nin comigo.<br \/>\nEstabas, porque agora o \u00fanico que conservo de ti \u00e9 a calor que xermola<br \/>\nno meu interior.<br \/>\nDous pau\u00ed\u00f1os: test positivo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>GA\u00d1ADORA na categor\u00eda de BACHARELATO-FP Luc\u00eda Castrillo S\u00e1nchez do IES de Soutomaior TEST Unha raia. As lembranzas comezan a flu\u00edr a medida que avanza o l\u00edquido. Todo comezou aquel fat\u00eddico d\u00eda\u2026 Non, non ser\u00eda xusto comezar as\u00ed. Todo comezou coa primeira mirada, coa pescuda do reflexo dos teus lentes entre os andeis da biblioteca da facultade, co primeiro caf\u00e9 \u2014de [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"parent":0,"menu_order":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","template":"","meta":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/1648"}],"collection":[{"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/pages"}],"about":[{"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/types\/page"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1648"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/1648\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1654,"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/1648\/revisions\/1654"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1648"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}