{"id":1650,"date":"2024-06-12T13:03:48","date_gmt":"2024-06-12T11:03:48","guid":{"rendered":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/?page_id=1650"},"modified":"2024-06-12T13:09:19","modified_gmt":"2024-06-12T11:09:19","slug":"2024-adultos","status":"publish","type":"page","link":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/2024-adultos\/","title":{"rendered":"2024 Adultos"},"content":{"rendered":"<p>GA\u00d1ADOR na categor\u00eda de PERSOAS ADULTAS<\/p>\n<p>Federico Limeres Arias do CEIP \u00c1lvarez Limeses, Pontevedra<\/p>\n<p>A HERDANZA<\/p>\n<p>Ao baixar do avi\u00f3n, sentiu o estupor incr\u00e9dulo que producen as xeograf\u00edas<br \/>\nm\u00edticas. O esplendor solar da ma\u00f1\u00e1 parec\u00eda un sa\u00fado de benvida.<br \/>\nDe cami\u00f1o ao hotel, o autob\u00fas percorreu estradas, avenidas, r\u00faas ateigadas<br \/>\nde vellos Cadillacs, de Pontiacs maxestosos como carrozas; dende o seu<br \/>\nasento, a multicolor corrente de carrocer\u00edas semellaba un banco de peixes<br \/>\ntropicais. De certo, A Habana non era s\u00f3 un nome nos mapas.<br \/>\nA carta chegara nun sobre cos bordes rebereteados en branco, azul e<br \/>\nvermello. Cunha caligraf\u00eda esmerada, o seu remitente fac\u00edalle unha confidencia<br \/>\nque parec\u00eda extraviada dunha telenovela. Qued\u00e1banlle meses de<br \/>\nvida e ti\u00f1an que verse. Non o pensou d\u00faas veces. Non ti\u00f1a elecci\u00f3n.<br \/>\nAvisouno da s\u00faa chegada dende un caf\u00e9. A conversa foi fr\u00eda e alienada,<br \/>\ncoma se estivesen en universos paralelos. Quedaron en verse ao d\u00eda seguinte.<br \/>\nO home ir\u00eda en coche; conducir era un dos \u00faltimos praceres que<br \/>\nlle quedaban. Aparcar\u00eda diante do hotel. O desfase horario desbaratoulle a<br \/>\nnoite. Almorzaba cando o sobresaltou a notificaci\u00f3n no m\u00f3bil. Sa\u00edu \u00e1 r\u00faa<br \/>\nexpectante. O home estaba sentado no seu vello Chevrolet do 58, mirando<br \/>\n\u00e1 fronte. Ti\u00f1a as mans apoiadas no volante, coma nun reclinatorio. A luz da<br \/>\nHabana fac\u00eda intolerable o cromado dos parachoques, pero o azul met\u00e1lico<br \/>\ndo coche estaba cheo de mapas. Golpeou cos nocellos o cristal da vent\u00e1.<br \/>\nO ocupante pareceu espertar dun so\u00f1o e empezou a xirar a manivela con<br \/>\nmedias voltas sincopadas, coma se fose un tem\u00f3n. Mir\u00e1ronse. Ag\u00e1s pola<br \/>\nqueixada afundida de quen perdeu os dentes, viuse reflectido na s\u00faa faciana<br \/>\ncoma nun espello.<br \/>\nNon ment\u00eda a \u00fanica foto que del gardara a s\u00faa nai: o mozo que a deixara,<br \/>\nhab\u00eda m\u00e1is de medio s\u00e9culo, e marchara para Cuba, e nunca volvera, deix\u00e1ralle<br \/>\nen herdanza o seu tabique nasal.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>GA\u00d1ADOR na categor\u00eda de PERSOAS ADULTAS Federico Limeres Arias do CEIP \u00c1lvarez Limeses, Pontevedra A HERDANZA Ao baixar do avi\u00f3n, sentiu o estupor incr\u00e9dulo que producen as xeograf\u00edas m\u00edticas. O esplendor solar da ma\u00f1\u00e1 parec\u00eda un sa\u00fado de benvida. De cami\u00f1o ao hotel, o autob\u00fas percorreu estradas, avenidas, r\u00faas ateigadas de vellos Cadillacs, de Pontiacs maxestosos como carrozas; dende o [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"parent":0,"menu_order":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","template":"","meta":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/1650"}],"collection":[{"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/pages"}],"about":[{"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/types\/page"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1650"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/1650\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1655,"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/1650\/revisions\/1655"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1650"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}