{"id":1848,"date":"2026-06-04T19:23:32","date_gmt":"2026-06-04T17:23:32","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/?page_id=1848"},"modified":"2026-06-04T19:23:32","modified_gmt":"2026-06-04T17:23:32","slug":"a-sorpresa-por-paula-carballeira","status":"publish","type":"page","link":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/a-sorpresa-por-paula-carballeira\/","title":{"rendered":"A Sorpresa, por Paula Carballeira"},"content":{"rendered":"<p>A SORPRESA<\/p>\n<p>\u00abVaima tirar \u00e1 cara\u00bb, pensei, no mesmo momento no que sa\u00edn da casa para levarlle a sorpresa. \u00abVaise rir de min e vaime pechar a porta nos foci\u00f1os\u00bb, pensei tam\u00e9n.<br \/>\n\u00abVaime denunciar \u00e1 polic\u00eda e vanme levar ao c\u00e1rcere por molestar a veci\u00f1anza nas horas do descanso\u00bb, pensei despois, e alarmeime. As condenas por non respectar o descanso obrigatorio pod\u00edan ir desde as vinte e catro horas no c\u00e1rcere ata os tres d\u00edas, al\u00e9n da multa. O descanso est\u00e1 considerado unha actividade fundamental na nosa cidade, para poder recuperar a enerx\u00eda. A enerx\u00eda \u00e9 riqueza. A enerx\u00eda \u00e9 poder. A nosa cidade \u00e9 rica e poderosa, ou iso din os carteis.<br \/>\n\u00abVai chamar polo seu pai\u00bb, pensei por \u00faltimo, e iso si que me deu medo. O pai de Xale \u00e9 un xigante. Sen esaxerar. Poder\u00eda collerme cunha man e lanzarme cara ao espazo exterior coma se fose un gran de area.<br \/>\nNon me importa. Tiven valor abondo para agochar a sorpresa debaixo da chaqueta, po\u00f1er o casco e coller a moto da mi\u00f1a irm\u00e1. S\u00f3 permiten circular a tres motos de corda despois das dez da noite. A da mi\u00f1a irm\u00e1 \u00e9 unha delas. A mi\u00f1a irm\u00e1 traballa na Oficina da Puntualidade, debe controlar os horarios de toda a nosa cidade: quen se deita, quen se levanta, quen limpa os circu\u00edtos, quen lles d\u00e1 corda aos mecanismos que nos permiten non contaminar e, ao tempo, poder movernos, sempre polas estradas recomendadas, sempre con previo aviso. A mi\u00f1a irm\u00e1 non sabe que, de cando en vez, collo a s\u00faa moto, s\u00f3 uns minutos, para ir onda Xale.<br \/>\nXale vive na Parte de Abaixo, onde non hai motos nin cordas nin resortes nin \u00e1s nin estradas nin transportes. A xente da Parte de Abaixo cami\u00f1a ou nada no oc\u00e9ano, se non hai vento do nord\u00e9s. A alerta por vento do nord\u00e9s fai que pechen as portas e as vent\u00e1s, coma esta noite. A n\u00f3s, \u00e1 xente da Parte de Arriba, o vento ax\u00fadanos a ir m\u00e1is r\u00e1pido. N\u00f3s dependemos do aire. A xente da Parte de Abaixo depende do mar e da terra.<br \/>\nA sorpresa abaf\u00e1bame. Consoleime coa idea de que quizais me protexer\u00eda \u00e1 maneira dun escudo no caso improbable de ter un accidente. Iso case nunca acontece. As motos de corda son moi seguras. A\u00ednda as\u00ed, cando zoa tanto o vento, debemos ter conta de non atravesar os l\u00edmites do asfalto, porque podemos esvarar e caer e que nos leven as mareas, ou, o que \u00e9 peor, ter que abandonar a moto e seguir cami\u00f1ando. Hai tanto tempo que non preciso cami\u00f1ar que parezo un ganso, torpe e gordo. Na moto non, na moto son unha aguia, un falc\u00f3n, elegante e veloz. Ped\u00edn polo meu aniversario un par de \u00e1s de competici\u00f3n, pero non as consegu\u00edn. Tampouco consegu\u00edn unha barca de remos ou uns pat\u00edns con rodas. Supo\u00f1o que sospeitaron que eran para ir \u00e1 Parte de Abaixo. Regal\u00e1ronme un avi\u00f3n de papel e unhas botas de chumbo que me impedir\u00edan saltar e fuxir entre as nubes, esquivando as aspas dos mu\u00ed\u00f1os.<br \/>\nAtopei a sorpresa nun paquete que algu\u00e9n me enviou por correo a\u00e9reo. E, nada m\u00e1is vela, quixen prestarlla a Xale, a mi\u00f1a persoa favorita no mundo enteiro. Deste xeito, compartiriamos un segredo. F\u00f3ra das clases na Escola do Futuro non nos atopabamos, ag\u00e1s cando escapaba durante o horario de descanso.<br \/>\nXale t\u00ed\u00f1ame avisado varias veces de que era moi arriscado. Ningu\u00e9n lle aprende a xogar co aire \u00e1 xente da Parte de Abaixo, igual que a n\u00f3s non nos aprenden a xogar coa auga. M\u00e9tennos medo. Queren ternos baixo control. Cada enerx\u00eda debe estar no seu lado, sen mesturarse. Desde que gardo a sorpresa, imaxino que aprendemos a movernos sen l\u00edmites, de abaixo a arriba e de arriba a abaixo, con motos de corda, barcos de corda, avi\u00f3ns de corda, con velas e rodas, con pernas e p\u00e9s, con plumas, co que sexa.<br \/>\nA sorpresa faime valente, d\u00e1me forza.<br \/>\nBaixei da moto de corda da mi\u00f1a irm\u00e1, quitei o casco e achegueime \u00e1 porta de Xale co coraz\u00f3n bat\u00e9ndome coma un pequeno tambor.<br \/>\nChamei ao timbre.<br \/>\nMurmurei: \u00abXale\u2026\u00bb, cruzando os dedos para que o seu pai non me escoitase.<br \/>\nE Xale apareceu.<br \/>\nAbr\u00edn a cremalleira da chaqueta e amoseille a sorpresa.<br \/>\nO sorriso de Xale far\u00eda amainar calquera tormenta. \u00abLe sen pr\u00e9sa. Volverei na seguinte noite de nord\u00e9s\u00bb, bisbei.<br \/>\nXale aloumi\u00f1ou as p\u00e1xinas da sorpresa e deume un bico na meixela.<br \/>\nEu puxen o casco para que non descubrise que a vergonza me tinx\u00eda de vermello ata a punta do cabelo. Deille unhas voltas \u00e1 corda da moto e, antes de marchar, mirei cara atr\u00e1s.<br \/>\nXale apertaba o libro contra o peito.<br \/>\n\u00abFoi unha boa sorpresa\u00bb, pensei, mentres a L\u00faa asomaba e tinx\u00eda de prata os misterios.<\/p>\n<p>Paula Carballeira<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A SORPRESA \u00abVaima tirar \u00e1 cara\u00bb, pensei, no mesmo momento no que sa\u00edn da casa para levarlle a sorpresa. \u00abVaise rir de min e vaime pechar a porta nos foci\u00f1os\u00bb, pensei tam\u00e9n. \u00abVaime denunciar \u00e1 polic\u00eda e vanme levar ao c\u00e1rcere por molestar a veci\u00f1anza nas horas do descanso\u00bb, pensei despois, e alarmeime. As condenas por non respectar o descanso [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"parent":0,"menu_order":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","template":"","meta":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/1848"}],"collection":[{"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/pages"}],"about":[{"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/types\/page"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1848"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/1848\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1849,"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/1848\/revisions\/1849"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1848"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}