{"id":1852,"date":"2026-06-04T19:35:03","date_gmt":"2026-06-04T17:35:03","guid":{"rendered":"https:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/?page_id=1852"},"modified":"2026-06-04T20:34:36","modified_gmt":"2026-06-04T18:34:36","slug":"o-reloxo-de-roskopf","status":"publish","type":"page","link":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/o-reloxo-de-roskopf\/","title":{"rendered":"O Reloxo de Roskopf, por Francisco Fern\u00e1ndez Naval"},"content":{"rendered":"<p>O RELOXO DE ROSKOPF<\/p>\n<p>De neno, a Georges Frederic Roskopf gust\u00e1balle subir ao faiado da s\u00faa casa na vila alem\u00e1 de Niederweiler. Al\u00ed, por unha bufarda, sa\u00eda ao tellado onde sentaba, cando o tempo llo permit\u00eda, e contemplaba o mundo.<\/p>\n<p>Do outro lado da r\u00faa viv\u00eda Gretel. Tam\u00e9n ela sa\u00eda ao tellado do seu edificio. Georges e Gretel ti\u00f1an a mesma idade, ela era loura e el de pelo roxo. Eran veci\u00f1os e amigos. Empoleirados nos seus miradoiros observaban os desfiles dos soldados que marchaban ou volv\u00edan da guerra; a banda de m\u00fasica, que fac\u00eda vibrar os edificios cos seus instrumentos met\u00e1licos; as novas que berraban os pregoeiros. Sab\u00edan da primavera pola chegada das andori\u00f1as e aprenderan que a s\u00faa marcha cara ao sur anunciaba o inverno e o final dos d\u00edas nos tellados. Gretel non lle chamaba polo seu nome, Georges, gust\u00e1balle m\u00e1is o apelido Roskopf porque soaba a ruso e ao pronuncialo imaxinaba un doce.<\/p>\n<p>Dende as s\u00faas atalaias pod\u00edan ver a xente nos seus traballos dos d\u00edas, esculcar os paseantes e seguir coa ollada os nenos e nenas que xogaban a correr no labirinto das r\u00faas e que se agochaban nos recunchos da praza. Tam\u00e9n escoitaban as camp\u00e1s da igrexa que tres veces ao d\u00eda marcaban as horas das misas e da oraci\u00f3n: pola ma\u00f1\u00e1 cedo, ao mediod\u00eda e cando declinaba a tarde. Ata eles chegaba o son oscilante e met\u00e1lico das sirenas das f\u00e1bricas situadas nos arredores da cidade. Aquelas sirenas anunciaban o comezo do traballo, a pausa para o xantar e o final da xornada, momento no que os homes acud\u00edan \u00e1 taberna, as mulleres cos\u00edan, calcetaban ou falaban \u00e1s portas das casas e se recoll\u00edan os nenos.<\/p>\n<p>A Gretel gust\u00e1balle debuxar letras en anacos de papel que deixaba caer dende o tellado cando hab\u00eda procesi\u00f3ns ou m\u00fasica. El prefer\u00eda unha chuvia de p\u00e9talos de distintas cores.<\/p>\n<p>Un d\u00eda Gretel anuncioulle que marchaba. Seus pais traslad\u00e1banse a outra cidade e ela deb\u00eda ir canda eles. O \u00faltimo d\u00eda baixaron do tellado e v\u00edronse na r\u00faa. Eran da mesma estatura, ela loura e el de pelo roxo. Apert\u00e1ronse e choraron un pouco. Botar\u00edanse de menos. Prometeron buscarse, pero os dous sab\u00edan que non ser\u00eda doado. Gretel marchaba lonxe.<\/p>\n<p>Na soidade da nova vida a Roskopf deulle por medir o tempo. Nun reloxo de sol situado na fachada da casa na que vivira Gretel, descubriu que a sombra da agulla situada no centro marcaba as horas e permit\u00eda saber as estaci\u00f3ns do ano. Aprendeu, tam\u00e9n, que no ver\u00e1n os d\u00edas eran m\u00e1is longos e m\u00e1is curtos no inverno. Un d\u00eda sorprendeuno a escuridade que envolveu<br \/>\na cidade ao mediod\u00eda. Desaparecera o sol. As\u00ed soubo das eclipses.<\/p>\n<p>A\u00ednda sen Gretel, nos meses sen escola, el seguiu subindo ao seu tellado e, co paso dos anos, descubriu que as sirenas das f\u00e1bricas, que deb\u00edan sinalar con exactitude o momento de entrada dos obreiros, o descanso do mediod\u00eda e a sa\u00edda no ser\u00e1n, non coincid\u00edan co exacto decorrer das horas. Advertiuno no reloxo de sol. A f\u00e1brica roub\u00e1balles aos obreiros un tempo<br \/>\nque non lles pagaba. Case unha hora cada d\u00eda de salario. Foi ent\u00f3n cando<br \/>\ndecidiu que o seu oficio ser\u00eda o de reloxeiro.<\/p>\n<p>Mentres aprend\u00eda no taller de reloxos de Niederweiler, so\u00f1aba con que un d\u00eda el crear\u00eda un reloxo barato para a xente humilde. Toda a xente merec\u00eda ter un reloxo propio co que administrar o seu tempo.<br \/>\nPasaron os anos e Roskopf trasladouse a Su\u00edza, a patria dos reloxeiros. Casou en 1835 con Lorimier, vi\u00fava, nai de dous fillos e pertencente a unha familia adi\u00f1eirada. Coa s\u00faa fortuna, Roskopf montou unha f\u00e1brica de reloxos. Daquela, os reloxos mec\u00e1nicos eran moi caros e s\u00f3 pod\u00edan acceder a eles as persoas con cartos, pero non era o caso de seus pais nin dos seus<br \/>\nveci\u00f1os. Un reloxo de ouro ou de prata, con sofisticados mecanismos que inclu\u00edan pedras preciosas coma os rub\u00eds e m\u00e1is de cento cincuenta pezas de maquinaria, s\u00f3 estaba ao alcance dos nobres, dos empresarios e das persoas da alta burgues\u00eda. Pero Roskopf, no seu taller, conseguiu dese\u00f1ar un reloxo accesible para todos, sinxelo, de sesenta pezas, sen rub\u00eds nin ouro nin prata, pero exacto. Chamoulle: o reloxo do proletariado. Tivo tanto \u00e9xito que chegou a patentalo en moitos pa\u00edses, para evitar que outros vendesen reloxos co seu nome. Pero nin sequera aquela patente conseguiu evitar imitaci\u00f3ns.<\/p>\n<p>S\u00e1bese que entre el e o seu fillo chegaron a vender m\u00e1is de trinta mill\u00f3ns de reloxos por todo o mundo. Si, Roskopf conseguira un reloxo barato e popular, capaz de marcar con rigor as horas dos traballadores e de todas as persoas humildes.<\/p>\n<p>Francisco X. Fern\u00e1ndez Naval<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O RELOXO DE ROSKOPF De neno, a Georges Frederic Roskopf gust\u00e1balle subir ao faiado da s\u00faa casa na vila alem\u00e1 de Niederweiler. Al\u00ed, por unha bufarda, sa\u00eda ao tellado onde sentaba, cando o tempo llo permit\u00eda, e contemplaba o mundo. Do outro lado da r\u00faa viv\u00eda Gretel. Tam\u00e9n ela sa\u00eda ao tellado do seu edificio. Georges e Gretel ti\u00f1an a [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"parent":0,"menu_order":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","template":"","meta":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/1852"}],"collection":[{"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/pages"}],"about":[{"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/types\/page"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1852"}],"version-history":[{"count":2,"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/1852\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1893,"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/1852\/revisions\/1893"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1852"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}