{"id":409,"date":"2017-01-04T11:55:29","date_gmt":"2017-01-04T10:55:29","guid":{"rendered":"http:\/\/certame.nontedurmas.org\/?page_id=409"},"modified":"2017-01-04T11:55:29","modified_gmt":"2017-01-04T10:55:29","slug":"a-instantanea-por-ledicia-costas","status":"publish","type":"page","link":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/relatos-premiados\/2016-2\/a-instantanea-por-ledicia-costas\/","title":{"rendered":"A instant\u00e1nea, por Ledicia Costas"},"content":{"rendered":"<blockquote>\n<p style=\"text-align: right\">No campo de refuxiados de Idomeni, 14 000 persoas<br \/>\nloitan por sobrevivir no inferno<\/p>\n<\/blockquote>\n<p>A INSTANT\u00c1NEA<br \/>\nNa fronteira entre Grecia e Macedonia, nun lugar chamado Idomeni, unha nai ten ben agarrado o seu fillo. Colleuno por detr\u00e1s e rodeouno cos seus brazos. Non quere mancalo, pero tampouco pode permitir que se mova.<br \/>\nVai fr\u00edo detr\u00e1s do arame. \u00c9 un fr\u00edo interior e desproporcionado que conxela as arterias e os \u00f3rganos. S\u00f3 poden sentilo os que est\u00e1n dese lado.<br \/>\n\u2014Que vas facer con iso? \u2014preg\u00fantalle o cativo ao seu pai, que o mira en fite sostendo unha coitela de afeitar.<br \/>\nO pequeno s\u00e1beo ben. Sabe que lle van rapar o pelo como fixeron con tantos outros nenos do campamento nos \u00faltimos d\u00edas. Mais el non \u00e9 coma os demais. El ten o pelo longo. Deixouno medrar \u00e1 mantenta, para ver se as\u00ed deixaban de chamarlle Orellas. Odia o seu alcume. Tam\u00e9n odia as coitelas de afeitar, o arame de espi\u00f1o e os piollos que saltan de cabeza en cabeza. O seu pelo \u00e9 un escudo protector. Sen el estar\u00e1 perdido.<br \/>\n\u2014\u00c9 polo teu ben, fillo \u2014bisba o seu pai con tristura, sentindo unha punzada de xeo entre as costelas.<br \/>\nDito isto, colle aire e empeza a rasurar a cabeza do pequeno, que berra e chora mentres as s\u00faas guedellas rubias caen ao chan cunha delicadeza demoledora.<br \/>\n\u2014\u00d3diovos! \u2014grita furioso, desgarrando as cordas vocais.<br \/>\nEsa palabra corre por todo o campamento e queda flotando no aire de xeito inc\u00f3modo. Al\u00ed todos saben que o odio \u00e9 o alimento dos condenados a fracasar.<br \/>\nAo outro lado do arame, un fot\u00f3grafo retrata a escena. M\u00e1goa que as palabras non aparezan nas fotograf\u00edas, pensa con amargura. A s\u00faa instant\u00e1nea sair\u00e1 publicada nun xornal e percorrer\u00e1 o mundo saltando de televisi\u00f3n en televisi\u00f3n. Orellas nunca chegar\u00e1 a sabelo. Moito mellor as\u00ed. Non o aturar\u00eda.<br \/>\nNon, sen o seu pelo.<br \/>\nLedicia Costas<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>No campo de refuxiados de Idomeni, 14 000 persoas loitan por sobrevivir no inferno A INSTANT\u00c1NEA Na fronteira entre Grecia e Macedonia, nun lugar chamado Idomeni, unha nai ten ben agarrado o seu fillo. Colleuno por detr\u00e1s e rodeouno cos seus brazos. Non quere mancalo, pero tampouco pode permitir que se mova. Vai fr\u00edo detr\u00e1s do arame. \u00c9 un fr\u00edo [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"parent":227,"menu_order":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","template":"","meta":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/409"}],"collection":[{"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/pages"}],"about":[{"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/types\/page"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=409"}],"version-history":[{"count":0,"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/409\/revisions"}],"up":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/227"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=409"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}