{"id":658,"date":"2017-05-19T18:46:41","date_gmt":"2017-05-19T16:46:41","guid":{"rendered":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/?page_id=658"},"modified":"2018-01-19T18:51:47","modified_gmt":"2018-01-19T17:51:47","slug":"cada-luz-unha-esperanza-por-xabier-p-docampo","status":"publish","type":"page","link":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/relatos-premiados\/2017-2\/cada-luz-unha-esperanza-por-xabier-p-docampo\/","title":{"rendered":"Cada luz unha esperanza por Xabier P. Docampo"},"content":{"rendered":"<p>Tam\u00e9n pode ser coma aquela vez que me colleu o mal. O meu chi abandon\u00e1rame e acordei nun campo de \u00f1ame. \u00d1ame por todas partes e eu, desorientado,botei a andar. Andei d\u00edas e d\u00edas sen saber onde estaba. Iguali\u00f1o que agora, que estou no medio do mar. Eu nunca vira o mar, non pod\u00eda imaxinar que era tan grande. \u00c9 tan enorme que s\u00f3 \u00e9 mar. Olle para onde olle s\u00f3 vexo auga e ceo. Agora fiquei s\u00f3, o meu derradeiro compa\u00f1eiro morreu onte e boteino ao mar, el mesmo me dixera que que o fixese as\u00ed. Cantos eramos? Cantos d\u00edas levo aqu\u00ed? Non sei nin unha cousa nin outra. S\u00f3 que \u00e9 noite e que estou no medio do mar. Aquela noite no campo de \u00f1ame vin unha luz. Parec\u00eda un lume que \u00eda e vi\u00f1a. Andei cara al\u00ed. Fun dar a un poboado. Estaban a celebrar unha asemblea. Sentei con eles. Todos arredor do lume que me levara al\u00ed. Un d\u00edxome que falase, que se chegara a eles era porque os deuses quer\u00edan que me acollesen. D\u00e9ronme \u00f1ame para plantar. As\u00ed que ti\u00f1a dereito a falar na asemblea.<\/p>\n<p>Agora estou a ver unha luz coma aquela. Pasa e vaise. Cando pasa vexo o mar. Est\u00e1 moi alta, coma nunha torre. Iso quere dicir que al\u00ed ten que haber xente, boa xente. Vou cara al\u00ed. Cando me vexan entender\u00e1n que os deuses me enviaron a eles e acolleranme, daranme un sitio para vivir, cunha esteira para me deitar e un lar para facer a mi\u00f1a comida. \u00c1 fin son seres humanos coma min e hanme acoller. E ao pouco xa vir\u00e1 o meu chia me protexer tam\u00e9n nesta nova casa. Si, te\u00f1o que vogar cara a luz que pasa pola tona da auga.<\/p>\n<p>Xabier P. DoCampo<\/p>\n<pre>O chi \u00e9 o deus persoal dos individuos do pobo igbo. E o \u00f1ame \u00e9 un tub\u00e9rculo comest\u00edbel, base da alimentaci\u00f3n dalg\u00fans pobos de \u00c1frica.<\/pre>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Tam\u00e9n pode ser coma aquela vez que me colleu o mal. O meu chi abandon\u00e1rame e acordei nun campo de \u00f1ame. \u00d1ame por todas partes e eu, desorientado,botei a andar. Andei d\u00edas e d\u00edas sen saber onde estaba. Iguali\u00f1o que agora, que estou no medio do mar. Eu nunca vira o mar, non pod\u00eda imaxinar que era tan grande. \u00c9 [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"parent":588,"menu_order":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","template":"","meta":[],"_links":{"self":[{"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/658"}],"collection":[{"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/pages"}],"about":[{"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/types\/page"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=658"}],"version-history":[{"count":1,"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/658\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":659,"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/658\/revisions\/659"}],"up":[{"embeddable":true,"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/588"}],"wp:attachment":[{"href":"http:\/\/blogs.nontedurmas.org\/certame\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=658"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}