Como nos poden axudar as emocións a previr a violencia

PROXECTO DE FORMACIÓN PARA FAMILIAS 2019 / IGUALDADE E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

COMO NOS PODEN AXUDAR AS EMOCIÓNS A PREVIR A VIOLENCIA?

Un sistema emocional en harmonía garante unha sa autoestima e xera persoas seguras de si mesmas que poderán establecer relacións equilibradas e detectar, de xeito fácil calquera anomalía que poida desembocar en situacións de desigualdade e os conflitos que estas xeran.

 

  • a emoción do respecto. Axúdanos a poñer límites.
  • con ela conseguimos aceptación.
  • permítenos ser xustas con nós e co entorno.
  • lévanos ao recoñecemento.
  • trae consigo a sensación de pertenza.
  • ALEGRÍA.- con ela chegamos á plenitude.

Se respecto, acepto, son xusta, dou recoñecemento entón podo querer e sentirme en plenitude.

O MEDO, O GRAN ALIADO.- O medo é a emoción que me permite detectar as ameazas e poñer límites.

  • Observar cando unha persoa pode ser unha ameaza para min. (É controladora e quere saber o que fago, cando, onde e con quen; intenta separarme do meu círculo afectivo e social; consegue que perda capacidade de decisión ou sinxelamente créame desgaste emocional)
  • Observar cando podo ser unha ameaza para os demais. (Se teño para alguén algunhas das actitudes anteriormente citadas)

RECURSOS

COMO POÑER LÍMITES

  • Aprendemos a dicir “non” a todo aquilo que non nos gusta ou que non queremos facer.
  • Buscamos apoio en persoas do noso entorno como familia, amizades.
  • Pedimos consello a profesionais: psicóloga, orientadora.
  • En situacións que nos desagradan expresar o que non nos gusta e completar a frase sempre con como si nos gustaría.
    • Ex: Se alguén de dirixe a ti alzando a voz a mensaxe sería: “Non quero que me fales dese xeito, se te queres dirixir a min faino con respecto e falamos.”

COMO DETECTAR UNHA SITUACIÓN DE DESIGUALDADE

A forma máis sinxela de confirmar que unha situación está en condición de desigualdade de xénero é inverter os roles. Estaremos ante un caso de desigualdade, entre outros se:

  • nunha imaxe protagonizada por unha muller poñemos a un home como protagonista da historia o vemos ridículo.
  • nunha situación o resultado sería diferente segundo se o suxeito fose home ou muller.
  • á hora de asignar tarefas teñen en conta o teu xénero antes que as túas capacidades.

RECORDA QUE A SOCIEDADE SOMOS NÓS E CADA PASO FAI MOVER O MUNDO.

Educando en igualdade desde a risa

Curso patrocinado por

  • Lugar: Oficinas de FANPA Pontevedra (Rúa Xan Guillermo 9)
  • Días: Venres 8, 15, 22 e 29 de novembro.
  • Horario: de 19 a 21horas
  • Destinatarios: nais e pais da provincia de Pontevedra.
  • Inscripción: correo electrónico a actividades@nontedurmas.org indicando nome e apelidos dos participantes e teléfono de contacto.
  • DATA LÍMITE PARA INSCRIBIRSE 4 DE NOVEMBRO

 

EDUCAR EN IGUALDADE E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

 

Moito máis ca unha escola de pais.

Este curso tráenos a posibilidade de coñecernos; de revisar os nosos límites; de poñer a proba as nosas costumes e cuestionarnos cada actitude podendo ver: canto podo facer eu para erradicar a violencia de xénero, para promover de xeito activo a igualdade e vivir en sintonía co autoaceptación e o respecto?

Unha oportunidade para establecer a harmonía nas relacións e no entorno, favorecer a comunicación, evitar e resolver conflitos.

Traballaremos coas emocións e veremos como se rexistran a nivel físico.

Este curso no que buscamos aprender dende experiencias sinxelas pode resultar realmente revelador.

Docente: Baia Fernández (adestradora emocional e da risa)