Estatutos

ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS (ANPA)

“SEMENTEIRA”

CAPITULO I

DENOMINACION, FINS,DOMICILIO, ÁMETO:

Artigo1º.- Procédese a modifica-los estatutos da asociación denominada “ASOCIACION ANPA SEMENTEIRA” con nº de inscripción no Rexistro provincial, de asociacions sen ánimo de lucro 1980/670-1 e CIF: G36126522.

Artigo 2º.- Esta Asociación constitúese por tempo indefinido.

Artigo 3º.- Terá como fins os seguintes:

  1. Asistir aos país e titores en todo aquilo que concirne á educación dos seus fillos e pupilos.
  2. Colaborar nas actividades educativas e extraescolares do centro.
  3. Promover a participación dos país dos alumnos na xestión do centro.
  4. Asistir aos país dos alumnos no exercicio do seu dereito a intervir no control e xestión do centro.
  5. Facilitar a representación dos país de alumnos no Consello Escolar do centro.
  6. Estimular a participación dos país de alumnos na programación xeral do ensino a través do Órgano colexiado correspondente.
  7. Fomentar as relacións de cooperación do centro con outros establecementos escolares e os sectores sociais e culturais do entorno.
  8. Promover a plena realización do principio de gratitude no ámbito do centro, así como a efectiva igualdade de dereitos de todos os alumnos sen discriminación por razóns socioeconómicas, ideolóxicas, confesionais, raza ou sexo.
  9. Requerir aos poderes públicos o cumprimento das leis, regulamentos e planos de actuación relativos á educación, recadando a atención e axudas que este merece.
  10. Promover actividades formativas, culturais e de estudo.
  11. Promover accións de colaboración de país con profesores e as boas relazóns entre ambos co fin de colaborar na definición dunha adecuada estratexia didáctica e pedagóxica.
  12. E todos aqueles outros non recollidos nos estatutos e que sexan conformes á lei.

Artigo 4º.- Para o cumprimento destes fins realizaranse, todas aquelas actividades formativas, culturais e de estudo e xuntanzas con todos os sectores da comunidade educativa e todas aquelas outras tendentes a cumprir os fins sinalados e que sexan conformes á lei  e decididas polos órganos competentes.

Arigo 5º.-

A.- Para a realización das actividades que lle son propias a Asociación utilizará locais do centro, a cuxo efecto o Director facilitará a integración de ditas actividades na vida escolar tendo en conta o normal desenvolvemento da mesma.

B.- A efectos da utilización dos locais do centro a que se refire o apartado anterior será necesária a previa comunicación da Xunta Directiva da Asociación ao Enderezo do centro.

Artigo 6.- Para o mellor cumprimento dos fins esta Asociación intégrase na Federación Provincial de APAS de Pontevedra e conxuntamente con outras APAS na Confederación Galega de APAS de centros Públicos (CONFAPA Galicia) e a nivel estatal na Confederación Española de APAS (CEAPA).

Artigo 7º.- O ámbito da Asociación atinxirá a todos os concellos onde moren os alumnos do centro e e fixa a súa morada no CEIP Coiron Dena, dirección: Rúa dos Colexios, nº6 Dena C.P. 36967 Meaño Pontevedra.

 

CAPÍTULO II

ÓRGANO DE REPRESENTACIÓN

Artigo 8º.- A Asociación estará rpresentada e administrada por una xunta directiva formada por:

  • Presidente/a.
  • Vicepresidente/a (opcional).
  • Secretario/a.
  • Administrador/a ou tesoreiro/a.
  • 2 vogais como mínimo.

Tódolos cargos que componen a Xunta directiva serán gratuitos. De producirse vcantes na Xunta Directiva, estas serán desempeñadas provisoriamente polos restantes membros, ata a elección definitiva pola Asamblea Xeral.

Artigo 9º.- Os membros da Xunta Directiva que esgotasen o prazo para o que foron escollidos, continuarán ostentando os seus cargos ate o momento en que se produza a aceptación dos que lles van substituir.

Artigo 10º.- A Xunta Directiva será elexida pola Asamblea Xeral , o seu mandato terá unha duración de 2 anos, debendo proceder á convocatoria de eleccións no último mes do seu mandato.

A presentación da candidatura podera efectuarse áta o mesmo día da votación, por duplicado. A secretaria/o deberá dar validez á lista dos candidatos e entregará unha das copias selada, firmada e con constancia do día de entrga da candidatura presentada. Ó non contar a Asociación cun horario fixo de atención  ó socio nun lugar concreto  será a/o secretaria/o a/o que fixe os días e horas de presentación das candidaturas, cun mínimo de 48 horas.

As reclamacions presentaranse na mesma asamblea das eleccións e resolverá a propia asamblea e resolverá a propia asamblea por maioria simple dos socios presentes.

Cada candidatura deberá presentar un mínimo de cinco candidatos,especificando  o nome, DNI, cargo para o que se presenta e firma de cada un deles.

A votación será secreta, facilitando papeletas en branco, onde o votante escribirá o nome da persoa que se presenta como presidente da candidatura que desea votar.

Artigo 11.- Suprimido por recogerse no artigo 8.

Artigo 12.- Suprimido por recogerse no artigo 8

Artigo 13.- A Xunta Directiva reunirase todos os meses do curso escolar e demis sempre que sexa convocada polo seu Presidente. Tamén deberá reunirse, a petición dun tercio da totalidade dos seus componentes. Ficará constituida cando asiste a metade mais un dos seus membros e, para que seus acordos sexan válidos, deberán ser tomados pola maioria dos votoscorrespondentes aos presentes. En caso de igualdade, o voto do presidente será de calidade para deiarsen efecto a igualada.

Artigo 14.- As facultades da Xunta Directiva estenderase, con carácter xeral, a todos os actos propios das finalidades da Asociación, sempre que non requira segundo estes Estatutos, autorización expresa da Asamblea Xeral.

Son facultades particulares da Xunta Directiva:

  1. Dirixir as actividades da Asociación e levar a xestión económica e administrativa, lembrando realizar os oportunos actos e contratos.
  2. Executar os acordos da Asamlea Xeral.
  3. Formular e someter á aprobación da Asamblea Xeral os balances, contas e programa anual de actividades.
  4. Resolver sobre a admisión de socios se fose necesario.
  5. Nomear delegados para alguna determinada actividade da Asociación.
  6. Calquera outra facultade que non sexa da exclusividade competencia da Asamblea e sexa conforme segundo a lei.
  7. Facerse entender polo enderezo do centro, para a consecucióndos acordos da Asamblea e da Xunta Directiva.

Artigo 15º.- O presidente terá as seguintes atribucións: Representar legalmente á Asociación ante toda clase de Organismos Públicos ou privados; Convocar, presidir e erguer as sesións que celebre a Asamblea Xeral e a Xunta Directiva, así como dirixir as deliberacións dunha e de outra; ordenar pagos e asinar xunto co Administrador/a-Tesoureiro/a oslibramentos, cheques, etc: recibir no nome da Asociación calquera cantidade proveniente de subvencións de Entidades Públicas e/ou privadas; autorizar coa súa sinatura os documentos, actos e correspondencia da Asociación; adoptar calquera medida urxente que a boa marcha da Asociación aconsella, ou no desenvolvemento das súas actividades resulte necesario ou conveniente, sen prexuizo de dar conta posteriormente á Xunta Directiva; asumirá tamén, en todo caso, tódalas facultades que a lei establece.

Artigo 16º.- O Vicepresidente será o encargado de substituir ao Presidente en ausencia de este, motivada por enfermidade ou calquera outra causa,e terá as mesmas atribucións que este. O presidente poderá delegar en este as súas competencias para a atención ou xestión de asuntos determinados ou un conxunto dos mesmos, previa conformidade da Xunta Directiva.

Artigo 17º.- O Secretario terá ao seu cargo o Enderezo dos traballos administrativos da Asociación,expedirá certificacións, levará os libros da Asociación  legalmente establecidos e o arquivo de Asociados e custodiará a documentación da Entidade, facendo que se cursen as comunicación sobre designación de Xuntas Directivas e demais acordos  sociais, inscribilos nos correspondentes rexistros, así como a presentación das contas anuais e do programa de actividades e o cumprimento das obrigas documentais, nos termos que legalmente correspondan; ademáis velará pola conservación dos locais sociais e gardará o selo da Asociación.

Artigo 18º.- O/A Administrador/a-Tesoureiro/a estará encargado de recadar e conservar os fondos e bens da Asociación. Levará o libro de Caixa e asinará os libramentos de fondos xunto co Presidente; elaborará o proxecto de orzamento que a Xunta Directiva debe presentar ante a Asamblea Xeral e preparase as contas que deban someterse a dita Asamblea.

Artigo 19º.- Os Vogais Terán as obrigas propias do seu cargo como membro da Xunta Directiva e poderá recibir por acordó de esta o encargo de presidir ou coordinar grupos de traballo asi como a execución de encargos, comisión, representacións e outras tarefas que que pola Xunta Directiva lle fosen encomendadas.

Artigo 20º.- A Xunta Directiva elixirase por maioria simple, a candidatura que obteña mais votos será a que gañe.

 

CAPITULO III

ASAMBLEA XERAL

 

Artigo21º.- A Asamblea Xeral é o Órgano supremo e soberano da Asociación e estará integrada por todos os socios.

Artigo 22º.- As xuntanzas da Asamblea Xeral serán ordinarias e extraordinarias. A ordinaria celebrarase unha vez o ano, dentro dos catro meses seguintes ao fecho do exercicio e en ela proferirase a aprobación  das contas e presupostos e programa xeral de actuación social. Tamén en ela se procederá a elección de membros da Xunta Directiva cando corresponda por imperativo estatutario; as extraordinarias celebrarasen cando as circunstancias o aconsellen, a xuizo do Presidente, cando a Xunta Directiva o lembre ou cando o pida ou solicite formalmente por escrito a lo menos un tercio dos asociados.

Artigo 23º.- As convocatorias das Asambleas Xerais realizaranse por escrito expresando o lugar, día e hora da xuntanza, asi como a orde do día con expresión concreta dos asuntos a tratar. Entre a convocatoria e o día sinalado para a celebración da asamblea, en primera convocatoria, haberán de mediar a lo menos 15 días, pudendo así mesmo facerse constar a data e hora en que se reunirá a asamblea en segunda convocatoria, sen que entre unha e outra poda mediar un prazo inferior a 30 minutos.

Artigo 24º.- As convocatorias das Asambleas xerais, tanto ordinarias como extraordinarias, ficarán constituidas en primeira convocatoria cando concorran a ela a metade máis un dos asociados e en segunda convocatoria, calquera que sexa o número de asociados presente.

Os acordos tomaranse por maioria simple das persoas presentes ou representadas, cando os votos afirmativos superen aos negativos non sendo computábeis a estes efectos os votos en branco nin as abstencións.

Artigo 25º.- Será necesario o voto favorabel dos dous tercios dos asociados presentes na Asamblea para adoptar as seguintes decisión:

  1. Disposición e Enaxenación de Bens.
  2. Solicitude de Declaración de utilidade pública da asociación.
  3. Integración en Federacións.
  4. Modificacións Estatutarias.
  5. Disolución da Asociación.

 

CAPITULO IV

SOCIOS

Artigo 26º.- Poderán ser membros da Asociación todos ospais e titores maiores de idade, dos alumnos que cursan estudios no centro.

Artigo 27º.- Serán dereitos dos asociados:

  1. Escoller, ser escollido para tódalas funcions representativas da Asociación.
  2. Ter voz e voto nas xuntanzas da Asociación.
  3. Tomar parte en tódalas actividades da Asociación e utilizar os servicios que podan establecerse en beneficio dos socios.
  4. Dirixir peticións e proferir iniciativas aos Órganos de Goberno da Asociación.
  5. Recadar e recibir da Xunta Directiva canta información precisen sobre a xestión asociativa.
  6. Asistir a tódalas xuntanzas e actos convocados pola Xunta Directiva.
  7. Colaborar activamente no cumprimento dos fins da Asociación e na execución e eficacia dos mesmos.
  8. Impugnar os acordos da Asamblea Xeral contrarios a lei ou aos estatutos, no prazo de 40 días dende que estes foron adoptados. Dos EstatutosMediante escrito por duplicado dirixido ó presidente/a da Asociación no que se expoñan os motivos e razón polos que se solicita a impugnación ou anulación da Asamblea. O/A secretaria/o devolverá selado e coa data nnha das copias, que será resolto pola Asamblea Xeral.

Artigo 28º.- Serán deberes dos socios:

  1. Observar e cumprir os estatutos da Asociación e os acordos da Asamblea.
  2. Contribuir ao sostemento da asociación na forma e modo que se estableza na Asamblea Xeral.

Artigo 29º.- Se causará baixa na Asociación:

  1. Por petición do interesado.
  2. Por baixa dos fillos matriculados no centro.
  3. Por Impago das cotas por un periodo superior a tres meses e mediando un apercibimiento previo da Xunta Directiva.
  4. Por incumprimento dos Estatutos.
  5. Pola utilización da Asociación con fins alleos aos específicos da mesma.

Para excluir a calquera socio polas causas do apartado “d” e”e” do presente artigo, deberase abrir un expediente pola Xunta Directiva no que se sinalarán os feitos que orixinan a expulsión. Asemesmo deberase oir ao propio expedentado que poderá presentar un prego de descargo alegando o que consideren conveniente na súa defensa e que se unirá ao expediente que estudiará a Xunta Directiva e proferirá a decisión que considere oportuna. Se optase pola expulsión a presentará na próxima Asamblea Xeral que despois de oir á Xunta Directiva e ao socio si lo solicitase, tomará unha decisión que será apelable.

Artigo 30º.- Os recursos económicos para o desenvolvemento dos fins e actividades da Asocición serán os seguintes:

  1. As cotas dos socios periódicas ou extraordinarias que serán determinadas pola Asamblea Xeral a proposta da Xunta Directiva.
  2. As subvencións,legados, herdanzas ou donacións que puidese recibir de forma legal e que sexan aceptados tanto que proveñan de persoas fiscas ou xuridicas.
  3. Calquera outro recurso de procedencia lícita.

Artigo 31º.- A asociación carece de patrimonio fundacional. O patrimonio social que se vaia constituindo estará composto por todos os bens que se adquiran para a realización dos fins sociais. Na actualdade posúe un saldode 1.000 euros nunha conta bancaria. A súa administración corresponde á Xunta Diectiva.

Artigo 32º.- O exercício asociativo cadrará co inicio e finalización do curso escolar que fixe a Administración educativa para cada ano académico. O exercicio económico-fiscal cadrará co ano natural.

CAPITULO V

DISOLUCIÓN

Artigo33º.- Esta asociación disolverase voluntariamente cando así o lembre a Asamblea Xeral convocada ao efecto e por acordó de unha maioria de dous tercios dos asociados presentes na Asamblea.

Artigo 34º.- En caso de disolución nomearase unha comisión liquidadora quen, unha vez extinguidas as débedas e se existise sobrante liquido se destinará a aquelas entidades sen fin de lucro dedicadas á realización de fins educativos con un espíritosimilar ao que anima esta asociación e que se sinalará na Asamblea Xeral en que se lembre a liquidación.

DISPOSICION ADICIONAL

En todo cando non estea previsto nos presentes estatutos se aplicará a vixente lei orgánica1/2002 de 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación, así como la lei orgánica 8/1   985 reguladora do Dereito á Educación do 3 de xullo de 1985 e demais disposicións específicas de aplicación provenientes da Comunidade Autónoma de Galicia ou do Dereito Estatal Supletorio en ausencia do autonómico segundo dispón a Constitución Española.