SOS ANPA!!!

SOS ANPA!!!!!
URXENTE!!: a ANPA do Crespo Rivas está en risco de extinción!!!!
Ola familias! Esta mensaxe é para comunicar que se non conseguimos persoas dispostas a formar parte da xunta directiva da nosa ANPA o ano que ven NON HABERÁ ANPA NO COLE.
Segundo a normativa, as xuntas directivas das anpas deben ter un número mínimo de membros, é debido as persoas que para o próximo curso pasan ao cole de Campolongo, a Anpa Anduriña non chegaría a ese mínimo.
Grazas as anpas son posibles servizos imprescindibles para moitas familias como son o comedor e o plan madruga que son xestionados polas mesmas; se non existe anpa non poden existir estes servizos, nin actividades extraescolares que son organizadas na súa totalidade pola anpa.
Sabemos que este é un curso atípico, sen moitas das actividades habituais nas nosas vidas, pero lembrade que a anpa financia as excursións do cole, as saídas ao teatro, as merendas das festas do cole, o castañeiro do magosto, os agasallos de nadal… ademáis de colaborar co cole para compras de diverso material didáctico e educativo.
A anpa é un medio necesario para facer valer as necesidades e reclamacións das familias tanto ao centro coma ao concello, á consellería de Educación, etc. É a ferramenta que temos as familias para colaborar co centro educativo na mellora da educación e benestar dos nosos fillos e fillas.
ANÍMADEVOS!! Para ser membro da xunta directiva non é necesario adicar moito tempo nin traballo, cada persoa pode aportar o que poida (coñecementos informáticos, información ás familias, recados puntuais, axuda nas festas do cole…), cantos máis sexamos mellor se reparte o traballo e mellor equipo formaremos.
Os interesados en participar podedes poñervos en contacto coa anpa a través do correo electrónico anpacresporivas@gmail.com, o teléfono 676160556 ou por medio dos grupos de WhatsApp das distintas aulas.
Saúdos e grazas pola vosa necesaria colaboración!!

About the author: maria

Leave a Reply

Your email address will not be published.Email address is required.