DECIMAS

10 % de desconto non aplicable a outras ofertas ou descontos Dirección: Rúa Cobián Roffignac, Esq, Rúa Rouco, 36002 Pontevedra Teléfono: 986 86 17 75   Centro Comercial Pontevedra Dirección: Rúa de San Brais, s/n, Local 9, 36143 Salcedo, Pontevedra Teléfono: 986 85 98 26  

ESCOLMA

5% de desconto a excepción de: papel, cartuchos de impresora Dirección: Rúa García Camba, 11, 36001 Pontevedra Teléfono: 986 85 09 31

D-LECTUM

5% de desconto en libros 10% de desconto en material escolar Dirección: R. Rosalía de Castro, 14, 36001 Pontevedra Teléfono: 986 10 24 47

ESPACIO LECTOR NOBEL

5 % de desconto en libros  10 % de desconto en papeleria e xogos Dirección: RÚA COBIAN ROFFIGNAC-ESQUINA RÚA DO, Rúa Rouco, 1, 36002 Pontevedra Teléfono: 886 21 31 99  

FALADEIRAS- CENTRO DE LOGOPEDIA

  10% de desconto  tanto en Logopedia como en Psicoloxía (Intervención) Dirección: Rúa Castelao, 7, 4ºD, 36001 Pontevedra Teléfono: 641 16 65 30    

COMEDOR E MADRUGA PARA O CURSO 2023-24 EN PONTEVEDRA

  A empresa Arume será un ano mais a encargada de prestar o servicio nos comedores dos centros educativos de Infantil e Primaria de Pontevedra. O prezo dos menús escolares  actualizouse á alza quedando como se indica a continuación: A partir do 2 de agosto xa estará activa a App ColeChef para a contratación dos servizos de madruga e comedor. O prazo de inscrición estará aberto ata o 1 de setembro para usuarios e usuarias habituais. Despois desa data terían que ser contratación de esporádicos para o mes de setembro. Do mesmo xeito que este curso, todo se xestionará a través da App ColeChef. Achegamos a carta informativa para que se poidan dar de alta ou renovar os servizos de madruga e comedor para o próximo curso 2023-24. Na carta atoparán todos os pasos que as familias deben seguir para poder darse de alta nos servizos que actualmente temos no centro escolar. Asemade adxuntamos os pasos concretos a seguir para as familias que pertencen tanto á EEI Crespo Rivas como o novo alumnado para o CEP Campolongo. MOI IMPORTANTE. No caso de alerxias e/o intolerancias deberán comunicalo e enviar o informe médico ao correo electrónico: info@arumeservicios.es , tal e como se indica na carta informativa. Debe lembrarse que a contratación do servizo implica necesariamente a aceptación das NORMAS DO SERVIZO  Enlace: INSTRUCIÓNS CONTRATACIÓN EEI CRESPO RIVAS Enlace: INSTRUCIÓNS CONTRATACIÓN CEP CAMPOLONGO Carta Informativa (3 páxinas)  

BONO CONCILIA FAMILIA

ORDE do 22 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases para a concesión das axudas económicas ás familias para a conciliación en situacións puntuais e períodos de vacacións escolares a través do programa Bono Concilia Familia,e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento BS412A) O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o día 15 de setembro de 2023. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. Enlace: DOG 126 do 4/7/2023  

LUDOVERÁN

CONCILIAVERÁN  2023 É un programa de conciliación familiar que se desenvolve en época estival, organizado pola Federación Provincial de ANPA de Centros Públicos de Pontevedra (FANPA), en colaboración coa Concellería de Educación do Concello de Pontevedra, destinado a nenos e nenas de 3 a 12 anos. DATAS E LUGAR DE REALIZACIÓN – Conciliaverán especial xuño: do 26 ao 30 de xuño de 2023 (só Campolongo) – Conciliaverán especial setembro: do 4 ao 8 de setembro de 2023 (só Campolongo) – Conciliaverán quincenais: xullo e agosto de 2023, divididos en 4 quendas quincenais. Realizaranse en Marcos da Portela, Crespo Rivas (só en xullo e infantil), Campolongo, Vilaverde, Álvarez Limeses (só en xullo), Manuel Vidal Portela (inglés) e Xunqueira II (só en xullo e primaria, deportiva).  – Conciliaverán mensuais: xullo e agosto de 2023, divididos en 2 quendas mensuais. Realizaranse en Cabanas, Ponte Sampaio, A Carballeira (só xullo), Marcón (só xullo) e Parada-Campañó PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES Dende as 9:00 horas do 22 de maio ata ás 14:00 horas do 26 de maio tanto por vía telemática á dirección ludotecas@nontedurmas.org ou de xeito presencial no local da FANPA (Xan Guillerme, 9 – Pontevedra) Non se admitirán solicitudes por correo electrónico nin fóra dese tramo horario. PREZOS CONCILIAVERÁN (por neno/a e quenda): – Socios/as de ANPA do concello de Pontevedra federada na FANPA: conciliaverán especial xuño e setembro e conciliaverán quincenal: 40€/quenda conciliaverán mensual: 65€/mes – Non socios/as de ANPA do concello de Pontevedra federada na FANPA: conciliaverán especial xuño e setembro e conciliaverán quincenal: 60€/quenda conciliaverán mensual: 75€/mes – As familias con 2 ou máis fillos/as matriculados nos conciliaveráns terán un desconto de 5€ por neno/a. IMPORTANTE * A matrícula conleva a ACEPTACIÓN DO COÑECEMENTO INFORMADO dispoñible na páxina web www.nontedurmas.org/consentimiento e na sede da FANPA. * O PAGO DO CONCILIAVERÁN farase no mesmo momento da inscrición. As persoas que non fagan o pago telematicamente (a través da pasarela de pago) deberán presentar a copia do xustificante de pago no momento da inscrición. Deberán facer o ingreso no núm. de conta de ABANCA: ES75 2080 5403 4130 4012 0558, poñendo como concepto “Nome e apelidos do neno/a” e “conciliaverán e quenda/s na/s que está inscrito/a”. Pincha para acceder ao enlace información completa e ao enlace ficha de inscrición  

VIVENCIAS EN FAMILIA 2023

Un ano máis, a FANPA convoca ás familias a pasar uns días completos en comunidade en localizacións atractivas e con actividades guiadas por monitores. A inscrición será a partir do 3 de abril, non antes das 9:00 horas, e ata o 17 de abril ás 14:00 horas, unicamente por medio de correo electrónico a  actividades@nontedurmas.org, As localizacións son: Camping no Grove. 27-28 de maio Pallozas de Arenteiro (primeira quenda) 3/4 xuño Camping en Sanxenxo. 3-4 de xuño Camping A Guarda. 10-11 de xuño Pallozas de Arenteiro (segunda quenda). 10-11 de xuño   INSCRICIÓN: (máximo 1 vivencias por familia, indicar orde de preferencia, e se non quedan prazas na  primeira opción pasaríamos ás seguintes por orde de preferencia). Exemplo: Solicito praza para a vivencia de  Arenteiro primeira quenda, e se non teño praza solicito para o camping do Grove. Pero se hai praza para Arenteiro xa non se pode acudir ao camping do Grove. No correo electrónico debe figurar a seguinte información: – Nome e apelidos de todas as persoas participantes e teléfono de contacto. – Vivencias e quendas nas que se inscriben. No caso das pallozas de Arenteiro debe figurar a quenda solicitada. – Documento que acredite ser socio/a de ANPA federada na FANPA. Como as prazas son limitadas, a adxudicación será por orde de entrada do correo electrónico. Recibirán un correo confirmando se ten a praza solicitada adxudicada. O programa é o seguinte: