Presentación

A ANPA

A ANPA (Asociación de Nais e Pais de Alumnos) está aberta a todos os pais, nais ou titores legais dos alumnos do EEI Crespo Rivas (Pontevedra) e que voluntariamente decidimos asociarnos.

Somos unha asociación sen ánimo de lucro e estamos integrados na Federación Provincial de ANPA de Centros Públicos de Pontevedra (FANPA).

Os fins da nosa ANPA segundo os nosos estatutos son:

Asistir ós pais, nais e titores en todo aquilo que atinxe á educación dos seus fillos/as e pupilos.

Colaborar nas actividades educativas e extra-escolares da Escola.

Promover a participación das familias dos alumnos/as na xestión da Escola.

Asistir as familias dos alumnos/as no exercicio do seu dereito a intervir no control e xestión do Centro.

Facilitar a representación das familias de alumnos/as no Consello Escolar da Escola.

Estimular a participación das familias dos alumnos/as na programación xeral da ensinanza a través do órgano colexiado correspondente.

Fomentar as relacións de cooperación da Escola con outros establecementos escolares e os sectores sociais e culturais do contorno.

Promover a plena realización do principio de gratuidade no ámbito da Escola, así como a efectiva igualdade de dereitos de todos os alumnos/as sen discriminación por razóns socioeconómicas, idelóxicas, confesionais, raza ou sexo.

Requirir ós poderes públicos o cumprimento das leis, regulamentos e plans de actuación relativos á educación, demandando a atención e axudas que esta merece.

Promover actividades formativas, culturais e de estudio.

Promover reunións de colaboración de pais con profesores e as boas relacións entre ambos.

E todos aqueles outros non recollidos nos estatutos e que sexan conformes á lei.

 

 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies