Escola de Familias. Un espazo para aprender e medrar en igualdade. Relatorio por parte de María Teresa Rocha Blanco, directora/psicóloga CIM do Concello de Lalín. Introdución á metodoloxía da man das participantes no Proxecto Europeo MOMMAS coffee – Masters Of Motherhood Making Awesome Stuff da AAVV Minas de Brea.
Ler máisDálle a volta ao cubo! Impartido por SororAs.gal 4º, 5º e 6º Infantil. Un xogo colaborativo de madeira, inspirado en Story Cubes, co que construír historias desde a prespectiva de xénero. Aprenderán a improvisar, a traballar a imaxinación, a respectar o tempo, a xogar en igualdade.
Ler máisCoa forza no falar. Impartido por SororAs.gal 3º e 4º Primaria. Igualdade, feminismo, machismo, violencia machista…todo a partir de traballar a forza da palabra a través do canto e da música tradicional.
Ler máisVisita A. C. Bolarqueira. Todo o centro. Visita da Asociación Cultural Bolarqueira de Noceda para falarnos do Noceda Rock, a participación das mulleres nos festivais de música, no asociacionismo e a creación de espazos seguros nos festivais.
Ler máisMural ao vivo. Impartido por SororAs.gal Todo o centro. Coa escolla da SorarA na memoria favorita de 1º e 2º de Primaria, a artista Carlota Salgado poñerá a base para un mural vivo no que todo o alumnado deixará a sú pegada.
Ler máis