Convocámosvos á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA da asociación, que terá lugar o luns 30 de setembro, no salón de actos do CEIP Xesús Golmar ás 20:00 horas en primeira convocatoria e 20:30 en segunda.

Orde do día:
1. Lectura e aprobación da acta da sesión anterior, se procede.
2. Proposta aprobación contas do curso 2023/2024.
3. Presentación e aprobación do cadro de actividades extraescolares.
4. Aprobación novas cotas de socio.
5. Aprobación cambio de pagos no servizo de conciliación e dos servizos relacionados ca xestión dos pagos.
6. Aprobación cambio de entidade bancaria.
7. Elección do seguro obrigatorio entre diferentes propostas.
8. Aprobación de datas para o proceso de elección da Xunta Directiva.
9. Rogos e preguntas.

Convocatoria publicada

Deixe un comentario