Site Overlay

Bases da VIII edición

Os principais obxectivos deste certame son: fomentar a creatividade no alumnado, potenciar a expresión e comprensión escrita, estimular o uso do galego nas familias, facilitar as posibilidades de publicación a novos creadores/as, apoiar os escritores/as noveis e afeccionados/as, crear un espazo común e familiar para a creación literaria.

1º Os relatos deberán ser orixinais, inéditos, non premiados noutros certames, de temática libre e escritos en lingua galega. Cando se promovan dende os colexios e institutos, serán descartados os grupos de relatos de temática semellante.

2º Poderán presentarse todos os alumnos e alumnas dos centros públicos da provincia de Pontevedra de primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional. Tamén poderán presentarse as persoas adultas (familiares, profesorado e alumnado universitario dos campus de Pontevedra e Vigo).

3º Cada autor/a só poderá presentar un relato que terá unha extensión mínima de 200 palabras e máxima de 300. Estará escrito en Times New Roman, de tamaño 12 pt. e interliñado de 1,5 liñas.

4º Os relatos enviaranse en arquivos en formato .doc, .docx ou .odt ao enderezo de correo electrónico certame.relatocurto@nontedurmas.org

5º Enviaranse dous arquivos no mesmo correo:

1. Denominado DATOS (este arquivo é para a organización) no que figurará o relato completo e os seguintes datos do/a participante:
• o pseudónimo utilizado
• o nome e apelidos do autor/a
• o curso do alumno/a
• o centro escolar onde estuda o alumno/a
• o correo electrónico persoal
• o teléfono persoal
• o relato

2. Denominado RELATO (este arquivo é para o xurado) no que figurará:
• o título do relato
• o relato
• o pseudónimo utilizado
• a categoría (primaria, secundaria, bacharelato/formación profesional
ou adultos).

6º O prazo de envío dos textos finalizará o 29 de marzo de 2020.

7º A selección do xurado, formado por filólogos, escritores e/ou profesores e representantes de Kalandraka Editora, terá dúas fases. Na primeira fase seleccionará os 120 mellores relatos de entre todos os presentados e que formarán parte do libro. Esta selección de 120 finalistas darase a coñecer no mes de maio de 2018. Nunha segunda fase o xurado destacará 20 dos relatos finalistas e escollerá de entre eles o gañador de cada categoría (primaria, secundaria, bacharelato/FP e adultos). O resultado desta escolla darase a coñecer no acto de entrega de premios.
8º Os premios serán os seguintes:
• Para o gañador/a de cada categoría (primaria, secundaria, bacharelato/formación profesional e adultos): un vale de 200 euros, un lote de libros de Kalandraka, un xogo e unha lámina autenticada polo ilustrador Manolo Figueiras.
• Para os 20 autores finalistas destacados: un obradoiro de creación literaria que impartirá no mes de xuño a escola de escritores da Asociación de Escritores en Lingua Galega.
• Para os 120 autores finalistas: un libro colectivo cos seus relatos e co relato feito expresamente para o certame por un escritor profesional, nesta edición é Manuel Lourenzo.
• Tanto os relatos gañadores coma todos os finalistas publicaranse tamén no Diario de Pontevedra durante as vacacións de verán.

9º A obra será propiedade da entidade organizadora, polo que os autores e autoras aceptan ceder todos os seus dereitos e a corrección gramatical e léxica para a súa publicación.

10º Os premios poderán quedar desertos se non se alcanza unha calidade mínima, incluída a publicación do libro colectivo. As decisións adoptadas polo xurado serán inapelables en todos os casos.

11º A participación no certame implica a aceptación das bases e a súa interpretación é responsabilidade da organización do certame.

12º Os datos persoais incluídos neste certame só serán coñecidos pola organización do concurso, quen garante o anonimato dos autores e autoras dos relatos durante todo o proceso de selección e deliberación do xurado e serán obxecto de tratamento automatizado no ficheiro da Federación cuxa finalidade é a xestión e control dos premios
concedidos polo xurado. Os seus datos persoais non serán comunicados ou cedidos a terceiros. O interesado ou interesada poderá revogar o seu consentimento así como exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición no enderezo de correo: certame.relatocurto@nontedurmas.org

Descargar as bases en PDF


- Pseudónimo - Nome e apelidos do autor/a - Curso do alumno - Centro escolar relacionado - Correo electrónico persoal - Teléfono persoal - Relato
- Título do relato - Relato - Pseudónimo utilizado - Categoría á que se opta

1 thought on “Bases da VIII edición

Comments are closed.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies