Despois do obrigado parón que produciu a pandemia da Covid-19 porque non era posible nin reunirse nin celebrar, por fin imos recuperando o pulso da normalidade e, neste sentido, a FANPA vai retomar a convocatoria do seu certame de relato curto.
A do 2023 será a IX Edición desta iniciativa que ademais de fomentar a lectura, e expresión e o uso do galego nas familias aposta por facilitar as posibilidades de publicación aos novos creadores/as, sexan autores noveis ou afeccionados, ofrecendo un espazo común e familiar para a creación literaria.
Nos vindeiros días, publicaremos as bases e o calendario do premio.