• 986858605
  • certame.relatocurto@nontedurmas.org
  • r/Xan Guillerme, 9 - Pontevedra

Gala de entrega de premios

O vindeiro día 3 de xuño terá lugar a gala na que se desvelarán os gañadores dos premios de cada categoría. O acto terá lugar a partir das 17:00 horas no Pazo da Cultura de Pontevedra. Están convocados os autores dos 120 relatos seleccionados polo xurado desta edición así como representantes da FANPA, Concello de Pontevedra, Kalandraka, Asociación de Escritores e representantes dos nosos patrocinadores.

Será tamén unha gran ocasión para homenaxear a Francisco X. Fernández Naval, como autor cunha dilatada carreira de creación de literatura infantil e xuvenil e á ilustradora Alicia Suárez que nos agasallou cunha deliciosa composición sobre a importancia dos relatos, da lectura.

Os autores, especialmente os menores, poden vir acompañados de ata 2 persoas, familiares ou acompañantes da súa confianza.

Ese día, dedicado a homenaxear a lectura, a lingua e a creatividade faremos entrega dos premios previstos así como de exemplares físicos da compilación do seu relato elaborada pola editorial Kalandraka que adoitan ser un dos mellores agasallos que un autor pode recibir, ao ver a súa obra publicada.

Tamén aproveitamos para lembrar que para os vinte autores dos relatos premiados e finalistas destacados se realizará o obradoiro de creación literaria o día 11 de xuño na sala de actividades da propia FANPA Pontevedra a cargo de Miriam Ferradáns, da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Un afectuoso saúdo e un novo agradecemento pola participación e aos nosos socios e colaboradores polo apoio nesta edición.

A Organización

 


Nota: o acto ten prevista unha duración de 2 horas e non ha código de vestimenta

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies