Compra segura en internet.

A Axencia Española de Protección de Datos acaba de dar a coñecer unha guía para poder realizar compras seguras por Internet. É unha iniciativa conxunta co Instituto Nacional de Ciberseguridade , AECOSAN e a Policía Nacional, para axudar a todos os potenciais compradores on-line a realizar as súas transaccións na Internet dunha maneira máis segura. CEAPA, así como Confapa-Galicia e a FANPA colaboran na difusión desta información de interese social e convidan a darlle difusión entre as familias, xa que hoxe en día o acceso a servizos tantos públicos como comerciais na rede está en ascenso xeométrico aínda que moitas veces sen tomar as precaucións debidas.

GUIA_COMPRA_SEGURA-DIGITAL-WEB