Ás portas do comezo do novo curso escolar 2017-2018, a ANPA Bolboreta tamén se puxo en funcionamento. Abaixo indicámosvos as diferentes maneiras que tedes para facervos socio da ANPA.

Como facerse socio?

REALIZAR O PAGO da cota de 35 € por familia, independentemente do número de fillos (esta cota foi aprobada na Xunta Xeral Ordinaria con data 14 de setembro de 2012) da seguinte maneira:

-Pago efectivo a calquera membro da ANPA

-Ingreso na conta da ANPA (o banco cobra comisión).

-Transferencia á conta bancaria da ANPA no SANTANDER CENTRAL HISPANO (poñendo en Concepto: Cota ANPA curso 17-18 de “Nome e apelidos do pai/nai/titor legal”)    ES89 0049 6781 1021 1606 8771                            

.COMPLETAR A FICHA de inscrición dunha das seguintes formas:

-A través de internet, accedendo ao formulario de google drive cubrides a ficha de inscrición e despois o xustificante do pago da cota do curso 2017/2018 entregala no buzón da ANPA que hai no colexio, a algún membro da Xunta Directiva, na Conserxeria do Colexio o tambén podedes mandar ao correo da ANPA: anpa.volvoreta@nontedurmas.org .   Ficha Inscrición Google Drive

-Ficha de inscrición en papel á que se grampará o xustificante do pago da cota do curso 2017/2018, e entregala no buzón da ANPA que hai no colexio, a algún membro da Xunta Directiva ou na Conserxeria do Colexio.

Descarga ficha de inscrición curso 2017-2018

RECORDA: Para poder participar nas actividades extraescolares é imprescindible ser socio da ANPA. Ademais, o  transporte das actividades complementarias do centro escolar é gratuíto (non das extraescolares), prezos especiais en excursións e textil e descontos en tendas colaboradoras presentando o carné da ANPA.