BOLBORETROULA

Boas familias!

Recordade que mañá celebramos a primeira edición do Bolboretroula!

Dende as 10:30 da mañá, haberá actuacións para toda a familia, xogos tradicionáis, obradoiros e moitas sorpresas. Esperamos vervos a todos!

Obradoiros

Ola, familias:

Este curso volvemos participar nas charlas ofertadas polo Concello de Pontevedra, Concellería de Benestar Social, así que vos animamos a que veñades que non vos van defraudar.

As charlas son de 18:30 a 20:00, e o calendario que temos por agora é o seguinte:

 

  • Xoves 20 de marzo: Prevención de consumo de sustancias tóxicas en menores
  • Xoves 3 de abril: O uso das TIC’s

 

Quedan pendentes datas por confirmar para o resto de charlas, así que estade atentos e atentas.

Recordade que haberá ludoteca para quen precise facer uso dela, tal como facemos nas Asambleas da ANPA.

Vémonos este xoves!

Entroido 2025

Ola familias!

Falta moi pouquiño para a nosa habitual festa na Casa Verde.

Convidámovos a vir o próximo venres 28 de febreiro ás 17:00h. Teremos animación musical e obradoiros. E por suposto, vinde disfrazados para participar no desfile, que haberá agasallos! 🎁​🎁​

E por suposto as ricas merendas do alumnado de 6º de primaria dos coles de Cabanas e de San Martiño.

Contamos con vós!

 

Festa de Nadal

Ola familias!

Xa está aquí o Nadal e como tódolos anos vos esperamos o próximo venres 20 para celebrar o comezo das vacacións.

Teremos animación musical durante toda a festa a cargo do animador e speaker ourensá DJ Tibu e ademáis obradoiros de Nadal e pintacaras.

Ademáis, os de 6º do CEIP Cabanas e do CEIP San Martiño queren irse de excursión de fin de curso e Terán postos de venda de merendas, cafés e ata o sorteo dun xamón.

Contamos con vós! O divertido é pasar a tarde todos xuntos.

 

Recollida solidaria de xoguetes

Bos días, familias!

Seguro que todos tedes na casa algún xoguete (en bo estado) que xa non usades, verdade?  Pois dende a Anpa Bolboreta traémosvos unha opción para darlles a eses xoguetes unha nova vida e sacarlle un sorriso a máis dun neno e nena. Dende esta semana e ata o 14 de decembro, tedes á vosa disposición unhas cestas na entrada do colexio para depositar aqueles xoguetes que queirades doar.

Cando finalice a campaña, entregarémosllos á asociación “Boa vida” que se encargará de atoparlles unha nova familia.

Esperámosvos!

Sáudos.

Extraescolares 24/25

Boas, familias!

Deíxovos por aquí o enlace para o formulario das extraescolares deste curso, para que apuntedes aos vosos nenos e nenas.

Hai moita variedade e esperamos que sexan do voso agrado e que as disfrutedes.

Luns: ximnasia rítmica e artes marciais

Martes: inglés e música e danza tradicional

Mércores: robótica e multideporte

Xoves: inglés e patinaxe

Venres: manualidades/debuxo e baile moderno

Podédevos apuntar no seguinte enlace:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeWumLzKgeIk9SRi0ocsX5T4d2Bw94mS1RrTKOyxxToEgmyKg/viewform

E por aquí a opción de patinaxe e música e baile tradicional:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScm7r96RUtNf49zajkTqVK9kJmr3BqFOwB2nSJgQ2A4CKcshg/viewform

E por último, como xa sabedes compartimos extraescolares co San Martiño. No seguinte enlace podedes atopar a sea oferta con actividades como taekwondo, teatro, tenis…

https://forms.gle/EgTGsioivWvp6fW8A

 

Un saudíño!