Ola, familias:
Este curso volvemos participar nas charlas ofertadas polo Concello de Pontevedra, Concellería de Benestar Social, así que vos animamos a que veñades que non vos van defraudar.
As charlas son de 18:30 a 20:00, e o calendario que temos por agora é o seguinte:
- Xoves 20 de marzo: Prevención de consumo de sustancias tóxicas en menores
- Xoves 3 de abril: O uso das TIC’s
Quedan pendentes datas por confirmar para o resto de charlas, así que estade atentos e atentas.
Recordade que haberá ludoteca para quen precise facer uso dela, tal como facemos nas Asambleas da ANPA.
Vémonos este xoves!