SAMAGOSTO 2023

O venres 27 de outubro, entre as 17.00 e as 20.00 horas, celebraremos o noso particular SAMAGOSTO 2023 na Casa Verde de Salcedo!! Convidamos a toda a comunidade educativa do CEIP de Cabanas (nenos e nenas, nais, pais, titores e profesorado) a pasar unha tarde terroríficamente divertida!!

Como fixéramos na festa de fin de curso, pedimos a colaboración de nais e pais para que, quen queira e poida, se achegue con algo para compartir entre todxs: biscoito, empanada, tortilla, embutidos… TAMÉN VOS PEDIMOS QUE, OS QUE POIDADES, TRAIADES ALGUNHAS CASTAÑAS PARA ASAR, POSTO QUE CONTAREMOS CON ASADOR DE CASTAÑAS ALÍ MESMO. A ANPA encargarase dos aperitivos, augas e zumes.

E non esquezades vir disfrazados. Monstros, bruxas, demos e diaños, cabaciñas e outros seres, AGARDÁMOSVOS!! Entre todxs xs asistentes que veñan disfrazados, sortearemos agasallos.

Haberá música, xogos, obradoiros de samaín, pintacaras, e algunha que outra sorpresa!!