Descontos para socios

Bos días familias!

Agora que se achegan as festas de Nadal, é un bo momento para que aproveitedes todos os descontos que tedes por Pontevedra adiante por ser socios da ANPA. Para poder disfrutalos, só tedes que amosar o voso carné de socios e aplicarásevos o desconto correspondente.

A continuación tedes unha lista dos establecementos:

A Balea das Cores: un 5%
Carlin: un 5%
Clínica Dental Marta Moreno: 5% de desconto en revisións, limpezas e reconstrucións
Décimas: 10% en artigos non rebaixados e 5% en artigos rebaixados
Interculturas: 5% na cuota mensual
Kids and Home: *ofertas non acumulables a outras ofertas
Téxtil: 5% en compras superiores a 20 €
10% en compras superiores a 100€
Mobles e colchóns: 10% en compras superiores a 1500€
Clip: 5% en librería e 10% en material escolar
Kids&Us: 10% en campamentos temáticos para non alumnos
Kumon: matrícula gratis
Nobel: 5% en libros (excepto libros de texto) e 10% en papelería
Picking Pack: 10% en papelería (menos artigos en oferta)
Qsmphoto: 10% en sesións fotográficas (inclúe campañas especiais como Nadal)
Neumáticos Valicar: a consultar

Xa vedes que hai para todos os gustos, así que esperamos que lle saquedes moito proveito.

Lembrarvos tamén que tedes dispoñible a lotería de Nadal do ANPA co número 88259 e está a piques de terminarse. Non quededes sen a vosa porque… e se toca? ??

SAMAGOSTO 2023

O venres 27 de outubro, entre as 17.00 e as 20.00 horas, celebraremos o noso particular SAMAGOSTO 2023 na Casa Verde de Salcedo!! Convidamos a toda a comunidade educativa do CEIP de Cabanas (nenos e nenas, nais, pais, titores e profesorado) a pasar unha tarde terroríficamente divertida!!

Como fixéramos na festa de fin de curso, pedimos a colaboración de nais e pais para que, quen queira e poida, se achegue con algo para compartir entre todxs: biscoito, empanada, tortilla, embutidos… TAMÉN VOS PEDIMOS QUE, OS QUE POIDADES, TRAIADES ALGUNHAS CASTAÑAS PARA ASAR, POSTO QUE CONTAREMOS CON ASADOR DE CASTAÑAS ALÍ MESMO. A ANPA encargarase dos aperitivos, augas e zumes.

E non esquezades vir disfrazados. Monstros, bruxas, demos e diaños, cabaciñas e outros seres, AGARDÁMOSVOS!! Entre todxs xs asistentes que veñan disfrazados, sortearemos agasallos.

Haberá música, xogos, obradoiros de samaín, pintacaras, e algunha que outra sorpresa!!

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2023/2024

A continuación vos deixamos as actividades extraescolares ofertadas para este curso e o formulario de inscripción -incluimos o Playing English coordinado pola FANPA-. O PRAZO PARA INSCRIBIRSE EN CALQUERA DELAS REMATA O VINDEIRO 27 DE SETEMBRO (excepto Natación, que remata o 17). Facilitamos un enlace ao formulario dixital.

*Se alguén precisa ou prefire o formulario impreso, pode poñerse en contacto con nos no teléfono da ANPA ou por mail e farémosllo chegar, Para formalizar a inscripción, debedes enviar o formulario (incluido a orde de domiciliacion SEPA) completamente cubertos por algún dos distintos medios dispoñibles:

  • Whatsapp ou telegram -669 712 807-
  • Email: anpa.volvoreta@nontedurmas.org
  • Buzón da ANPA na entrada do colexio
  • Mochila do alumn@

INCLUIMOS TAMÉN AS ACTIVIDADES DE NATACION (Beone Campolongo) E DE PATINAXE ARTÍSTICO (CPA Soutomaior). Nestes casos, a inscrición faise contactando directamente coa ANPA, por eso non atoparedes o formulario. Os que xa vos apuntastes estes días a través de whatsapp, non é necesario que fagades nada de momento.

Calquera dúbida, quedamos a vosa disposición,

ENLACE AO CALENDARIO DE EXTRAESCOLARES

ENLACE AO FORMULARIO DE EXTRAESCOLARES

ENLACE AO FORMULARIO DE PLAYING ENGLISH

PATINAXE ARTÍSTICO (CPA  Soutomaior)

NATACION (Beone)

BENVIDA AO NOVO CURSO ESCOLAR

Estimadas familias:

Desde a ANPA BOLBORETA DO CEIP CABANAS SALCEDO queremos convidarvos a ser partícipes deste proxecto que poñemos en marcha co comezo dun novo curso escolar. Todas as nais, pais e titores somos parte fundamental da comunidade educativa á que pertencen as nosas crianzas, entre outras cousas, como mediadores na procura dunha comunicación positiva entre familias e colexio.

CONTACTO ANPA:

A ANPA Bolboreta,  con CIF G36138147 e inscrita no Rexistro de Asociacións Central da provincia de PONTEVEDRA, con núm. de inscrición: 1988/1632 é unha asociación sen ánimo de lucro.

Como moitos de vos xa sabedes, este ano quedou constituída unha nova xunta directiva, a cal detallamos a continuación:

PRESIDENTE: JOSÉ RAMÓN GONZÁLEZ VARELA

VICEPRESIDENTA: JÉSSICA FERNÁNDEZ GONZÁLEZ

SECRETARIA: LUCÍA TOJO OTERO

TESOUREIRO: DAVID COUSO DOMINGUEZ

Vogal 1 : ALEJANDRO SIEYRO BALDOR

Vogal 2: LAURA GAGO CAAMAÑO

Vogal 3: GERARDO ESTÉVEZ BERNÁRDEZ

 

Para calquera suxerencia, dúbida ou consulta, podedes poñervos en contacto coa directiva a través das seguintes vías:

  • Buzón da ANPA ubicada na entrada do colexio, entre as portas de aceso ao comedor e ao centro.
  • Email: volvoreta@nontedurmas.org
  • 669 712 807 (whatsapp ou Telegram)

Tamén actualizaremos a web https://blogs.nontedurmas.org/anpabolboreta/ e nas vindeiras semanas estarán operativas as Redes Sociais

Cuota 2023/2024:

Na derradeira Asamblea Ordinaria, celebrada o pasado mes de maio, acordouse por maioría establecer a cuota anual en 35 € por unidade familiar. Con este importe, poderemos facer fronte aos gastos derivados do correcto funcionamento da ANPA, tales como o seguro de accidentes, o de responsabilidade civil, os gastos derivados das excursións que organiza o centro para o alumnado –subvencionadas para as familias asociadas-, os agasallos de Nadal para as distintas aulas, as celebracións temáticas, etc. No apartado de ingresos, a maiores das cuotas dos soci@s, temos previsto poñer á venda lotería de Nadal con algún tipo de recargo.

Asi mesmo, convidamos e animamos aos pais e nais do alumnado de 6º EP a participar na organización dalgunha das festas temáticas para que, se así o desexan, poidan recadar fondos para a excursión de fin de curso a través da venda de rifas ou outro tipo de iniciativas. Estamos abertos a colaborar con este fin en todo o que esté da nosa man.

Aqui tedes un  enlace directo ao formulario de inscripción, que tamén poderedes solicitar en formato físico no propio centro. É importante que, antes de cubrir o formulario por completo, fagades o ingreso en conta ou transferencia no IBAN indicado no mesmo formulario.

Recordarvos igualmente que, como asociados, tendes aceso en calquera momento aos estatutos da ANPA e a coñecer o estado de contas da mesma

Actividades previstas para o curso escolar:

Coa intención de colaborar co centro en todo o que esté da nosa man, e de fomentar valores como a Igualdade e a convivencia entre nais, pais, titores, profesorado e crianzas, o respeto pola natureza, o coñecemento das nosas tradicións, etc, a intención da ANPA é levar a cabo actividades e iniciativas que nos sirvan para acadar este obxetivo. Por elo precisamos da vosa colaboración, tanto formando parte da ANPA como soci@s como aportando ideas e participando das asambleas e as actividades que levemos a cabo ao longo do ano.

Algunhas das actividades que temos previsto levar a cabo son:

FESTA DE SAMAÍN (finais de outubro)

MAGOSTO (mediados de novembro) –en colaboración coa ANPA San Martiño

FESTA DE NADAL (finais de decembro) –en colaboración coa ANPA San Martiño

LOTERÍA DE NADAL

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

VISITA DO APALPADOR / PAPA NOEL CON AGASALLOS PARA AS DISTINTAS AULAS

ENTROIDO 2024 –en colaboración coa ANPA San Martiño

FEIRA DO LIBRO (finais de abril)

FESTA DE FIN DE CURSO (derradeiro día de curso)

A maiores destas actividades, estamos pendentes da concesión dunha subvención –todavía en trámite- coa que afrontaremos a temática da Igualdade e a loita contra a violencia de xénero a través de conferencias e charlas para o alumnado e tamén para as nais, pais, e profesorado.

Nos vindeiros días tamén vos informaremos das extraescolares dispoñibles para este curso, pero xa vos podemos adiantar que seguirán a dinámica dos últimos anos. Serán actividades que se levarán a cabo no centro e no pavillón.

Por suposto, estamos abert@s a calquera tipo de comentario, suxerencia e proposta, e seguimos valorando a posibilidade de levar a cabo outras charlas, contacontos, etc para os nosos nenos e nenas, e tamén para pais e nais.