
Desde a ANPA BOLBORETA DO CEIP CABANAS SALCEDO queremos convidarvos a ser partícipes deste proxecto que poñemos en marcha co comezo dun novo curso escolar. Todas as nais, pais e titores somos parte fundamental da comunidade educativa á que pertencen as nosas crianzas, entre outras cousas, como mediadores na procura dunha comunicación positiva entre familias e colexio.
CONTACTO ANPA:
A ANPA Bolboreta, con CIF G36138147 e inscrita no Rexistro de Asociacións Central da provincia de PONTEVEDRA, con núm. de inscrición: 1988/1632 é unha asociación sen ánimo de lucro.
Como moitos de vos xa sabedes, este ano quedou constituída unha nova xunta directiva, a cal detallamos a continuación:
PRESIDENTE: JOSÉ RAMÓN GONZÁLEZ VARELA
VICEPRESIDENTA: JÉSSICA FERNÁNDEZ GONZÁLEZ
SECRETARIA: LUCÍA TOJO OTERO
TESOUREIRO: DAVID COUSO DOMINGUEZ
Vogal 1 : ALEJANDRO SIEYRO BALDOR
Vogal 2: LAURA GAGO CAAMAÑO
Vogal 3: GERARDO ESTÉVEZ BERNÁRDEZ
Para calquera suxerencia, dúbida ou consulta, podedes poñervos en contacto coa directiva a través das seguintes vías:
- Buzón da ANPA ubicada na entrada do colexio, entre as portas de aceso ao comedor e ao centro.
- Email: volvoreta@nontedurmas.org
- 669 712 807 (whatsapp ou Telegram)
Tamén actualizaremos a web https://blogs.nontedurmas.org/anpabolboreta/ e nas vindeiras semanas estarán operativas as Redes Sociais
Cuota 2023/2024:
Na derradeira Asamblea Ordinaria, celebrada o pasado mes de maio, acordouse por maioría establecer a cuota anual en 35 € por unidade familiar. Con este importe, poderemos facer fronte aos gastos derivados do correcto funcionamento da ANPA, tales como o seguro de accidentes, o de responsabilidade civil, os gastos derivados das excursións que organiza o centro para o alumnado –subvencionadas para as familias asociadas-, os agasallos de Nadal para as distintas aulas, as celebracións temáticas, etc. No apartado de ingresos, a maiores das cuotas dos soci@s, temos previsto poñer á venda lotería de Nadal con algún tipo de recargo.
Asi mesmo, convidamos e animamos aos pais e nais do alumnado de 6º EP a participar na organización dalgunha das festas temáticas para que, se así o desexan, poidan recadar fondos para a excursión de fin de curso a través da venda de rifas ou outro tipo de iniciativas. Estamos abertos a colaborar con este fin en todo o que esté da nosa man.
Aqui tedes un enlace directo ao formulario de inscripción, que tamén poderedes solicitar en formato físico no propio centro. É importante que, antes de cubrir o formulario por completo, fagades o ingreso en conta ou transferencia no IBAN indicado no mesmo formulario.
Recordarvos igualmente que, como asociados, tendes aceso en calquera momento aos estatutos da ANPA e a coñecer o estado de contas da mesma
Actividades previstas para o curso escolar:
Coa intención de colaborar co centro en todo o que esté da nosa man, e de fomentar valores como a Igualdade e a convivencia entre nais, pais, titores, profesorado e crianzas, o respeto pola natureza, o coñecemento das nosas tradicións, etc, a intención da ANPA é levar a cabo actividades e iniciativas que nos sirvan para acadar este obxetivo. Por elo precisamos da vosa colaboración, tanto formando parte da ANPA como soci@s como aportando ideas e participando das asambleas e as actividades que levemos a cabo ao longo do ano.
Algunhas das actividades que temos previsto levar a cabo son:
FESTA DE SAMAÍN (finais de outubro)
MAGOSTO (mediados de novembro) –en colaboración coa ANPA San Martiño
FESTA DE NADAL (finais de decembro) –en colaboración coa ANPA San Martiño
LOTERÍA DE NADAL
CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL
VISITA DO APALPADOR / PAPA NOEL CON AGASALLOS PARA AS DISTINTAS AULAS
ENTROIDO 2024 –en colaboración coa ANPA San Martiño
FEIRA DO LIBRO (finais de abril)
FESTA DE FIN DE CURSO (derradeiro día de curso)
A maiores destas actividades, estamos pendentes da concesión dunha subvención –todavía en trámite- coa que afrontaremos a temática da Igualdade e a loita contra a violencia de xénero a través de conferencias e charlas para o alumnado e tamén para as nais, pais, e profesorado.
Nos vindeiros días tamén vos informaremos das extraescolares dispoñibles para este curso, pero xa vos podemos adiantar que seguirán a dinámica dos últimos anos. Serán actividades que se levarán a cabo no centro e no pavillón.
Por suposto, estamos abert@s a calquera tipo de comentario, suxerencia e proposta, e seguimos valorando a posibilidade de levar a cabo outras charlas, contacontos, etc para os nosos nenos e nenas, e tamén para pais e nais.