Bos días familias!
Agora que se achegan as festas de Nadal, é un bo momento para que aproveitedes todos os descontos que tedes por Pontevedra adiante por ser socios da ANPA. Para poder disfrutalos, só tedes que amosar o voso carné de socios e aplicarásevos o desconto correspondente.
A continuación tedes unha lista dos establecementos:
– A Balea das Cores: un 5%
– Carlin: un 5%
– Clínica Dental Marta Moreno: 5% de desconto en revisións, limpezas e reconstrucións
– Décimas: 10% en artigos non rebaixados e 5% en artigos rebaixados
– Interculturas: 5% na cuota mensual
– Kids and Home: *ofertas non acumulables a outras ofertas
Téxtil: 5% en compras superiores a 20 €
10% en compras superiores a 100€
Mobles e colchóns: 10% en compras superiores a 1500€
– Clip: 5% en librería e 10% en material escolar
– Kids&Us: 10% en campamentos temáticos para non alumnos
– Kumon: matrícula gratis
– Nobel: 5% en libros (excepto libros de texto) e 10% en papelería
– Picking Pack: 10% en papelería (menos artigos en oferta)
– Qsmphoto: 10% en sesións fotográficas (inclúe campañas especiais como Nadal)
– Neumáticos Valicar: a consultar
Xa vedes que hai para todos os gustos, así que esperamos que lle saquedes moito proveito.
Lembrarvos tamén que tedes dispoñible a lotería de Nadal do ANPA co número 88259 e está a piques de terminarse. Non quededes sen a vosa porque… e se toca? ??