ASAMBLEA ORDINARIA

O vindeiro venres, 2 de outubro de 2020, vos invitamos a todas as familias do CEIP CABANAS (SALCEDO), a unha reunión asamblearia ás 20:00 h en primeira convocatoria e ás 20:30 h en segunda convocatoria coa seguinte orde do día:

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior de data 27/09/2019.
  2. Estado de contas
  3. Situación actual da ANPA ante o COVID19.
  4. Plan madruga e comedor
  5. Proposta de calendario para a elección da nova Xunta Directiva da ANPA.
  6. Proposta de doazón dos uniformes non vendidos.
  7. Proxecto horto escolar.
  8. Rogos e preguntas.

NOTA: Por motivos de seguridade, a asemblea realizarase no patio cuberto e NON ofertaremos o servicio de ludoteca. Rogamos que asista unha persoa por familia con máscara

Madruga e Comedor 2020

Unha vez producida a validación por parte da Xunta do protocolo para os servizos de madruga e comedor redactado por FANPA, anunciamos que os servizos comezarán o vindeiro luns día 5 de outubro nos centros públicos dos concellos de Pontevedra e Marín que os teñen xestionados por FANPA.

Agradecemos ás familias a paciencia mostrada fronte a incógnita do inicio destes servizos tan necesarios para a conciliación.

Nestes días ata o inicio do servizo, FANPA e ARUME levarán a cabo as tarefas necesarias para implementar o protocolo nos madruga e comedores xestionados, coordinando as medidas recollidas nel coas direccións dos centros onde se prestan os servicios.

http://www.nontedurmas.org/actividades/inicio-dos-servizos-de-comedor-e-madruga-o-dia-5-de-outubro/

CURSO ESCOLAR 2020-2021

Benvidos ao novo curso escolar 2020-2021. Despois dun longo período no que nos vimos obrigados a suspender todas as actividades, volvemos este curso con moita incerteza e cautela. Despois de ler o protocolo COVID19 presentado pola xunta, decidimos que este curso a ANPA non ofertará ningunha extraescolar por seguridade.

Por ese mesmo motivo, decidimos reducir a cota de socio a 5 euros. O que recademos das cotas será para calquera necesidade que xurda durante o curso e poder levar a cabo o protocolo, comprando xeles hidroalcóholicos e material desinfectante. Tamén comentarvos que si nalgún momento o centro decide realizar algunha saída ou excursión cumprindo coa normativa establecida, a ANPA subvencionará ditas excursións aos seus socios, como veu facendo ata agora.

Vos animamos a que vos fagades socios. Sabemos que é un ano moi complicado pero entre todos faremos que funcione.

COMO FACERSE SOCIO

1º REALIZAR O PAGO da cota de 5 € por familia, independentemente do número de fillos da seguinte maneira:

-Transferencia á conta bancaria da ANPA no SANTANDER CENTRAL HISPANO (poñendo en Concepto: Cota ANPA curso 20-21 de “Nome e apelidos do pai/nai/titor legal”)    ES89 0049 6781 1021 1606 8771     

-Ingreso na conta da ANPA (podese facer tamén a través do caixeiro  automático).  

2ª.COMPLETAR A FICHA

-A través de internet, accedendo ao formulario de google drive cubrides a ficha de inscrición: Inscripción CURSO 2020- 2021

RECORDA: Pedímosvos que enchades todos os campos por favor

CLOWNTIFICS “Espectáculo de ciencia”

CANCELADO POR COVID-19

Big Van Ciencia, é un grupo de persoas dedicadas á ciencia e a investigación co obxectivo de transformar a comunicación científica en actividades atractivas para todo tipo de públicos. A través das artes realizan educación, divulgación e comunicación da ciencia.

O vindeiro 17 de marzo vannos a visitar na Casa verde de Salcedo co seu espectáculo de Clowntifics. Trátase dun espectáculo dirixido a xente a partir de 4 anos. A través da experimentación e o xogo aprenderemos conceptos científicos que, o mesmo un día permítenche lanzar un foguete. Á vez é un espectáculo de clown e unha actividade educativa de comunicación da ciencia. Nos 60 minutos que dura, nenos e nenas convértense en auténticos investigadores, soben ao escenario e realizan experimentos destrullinantes, á vez que aprenden contido científico.

O espectáculo e de balde, así que vos animamos a que veñades gozar da ciencia. Vos esperamos o martes 17 de marzo as 17:00 horas na casa Verde de Salcedo.

Cartel Clowntific

CHARLA SOBRE OPTOMETRÍA COMPORTAMENTAL

Retomamos a escola de pais/nais e esta vez organizamos  unha CHARLA SOBRE OPTOMETRÍA COMPORTAMENTAL o martes 4 de febreiro, de 17:30 h a 19:30 h, no comedor do centro, impartido por Dna. Antía Branco, optometrista e terapeuta visual desde hai máis de 9 anos (graduada en Óptica e Optometría pola Universidade de Santiago de Compostela e especializada en Optometría Comportamental e Terapia Visual).

A través da avaliación da calidade da entrada sensorial e do procesamiento da información visual a nivel cerebral, a optometría comportamental comprende como a persoa utiliza o seu sistema visual e relaciónase co mundo. Cando existe un mal funcionamento visual e as probas oftalmolóxicas mostran unha estrutura sa, o optometrista pode detectar a orixe visual de diversos síntomas e elaborar un plan de traballo co obxectivo de mellorar o rendemento visual e adecuar o sistema ás necesidades da persoa.

Na charla trataranse os seguintes temas:
1. Comprender que ver 100% NON é ter unha boa visión.
2. Os distintos problemas visuais e a súa influencia en: atención, lectura, concentración,
comprensión matemática, destreza deportiva.
3. Síntomas observables nun neno con problemas visuais.
4. Xogos en casa para estimular o correcto desenvolvemento visual na infancia.

Contaremos con servizo de ludoteca; lembrade que hai que avisar cunha antelación de polo menos 24 horas. WhatsApp (669712807) / correo da anpa: anpa.volvoreta@nontedurmas.org