Festa de Nadal

Ola familias!

Xa está aquí o Nadal e como tódolos anos vos esperamos o próximo venres 20 para celebrar o comezo das vacacións.

Teremos animación musical durante toda a festa a cargo do animador e speaker ourensá DJ Tibu e ademáis obradoiros de Nadal e pintacaras.

Ademáis, os de 6º do CEIP Cabanas e do CEIP San Martiño queren irse de excursión de fin de curso e Terán postos de venda de merendas, cafés e ata o sorteo dun xamón.

Contamos con vós! O divertido é pasar a tarde todos xuntos.

 

Recollida solidaria de xoguetes

Bos días, familias!

Seguro que todos tedes na casa algún xoguete (en bo estado) que xa non usades, verdade?  Pois dende a Anpa Bolboreta traémosvos unha opción para darlles a eses xoguetes unha nova vida e sacarlle un sorriso a máis dun neno e nena. Dende esta semana e ata o 14 de decembro, tedes á vosa disposición unhas cestas na entrada do colexio para depositar aqueles xoguetes que queirades doar.

Cando finalice a campaña, entregarémosllos á asociación “Boa vida” que se encargará de atoparlles unha nova familia.

Esperámosvos!

Sáudos.

Extraescolares 24/25

Boas, familias!

Deíxovos por aquí o enlace para o formulario das extraescolares deste curso, para que apuntedes aos vosos nenos e nenas.

Hai moita variedade e esperamos que sexan do voso agrado e que as disfrutedes.

Luns: ximnasia rítmica e artes marciais

Martes: inglés e música e danza tradicional

Mércores: robótica e multideporte

Xoves: inglés e patinaxe

Venres: manualidades/debuxo e baile moderno

Podédevos apuntar no seguinte enlace:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeWumLzKgeIk9SRi0ocsX5T4d2Bw94mS1RrTKOyxxToEgmyKg/viewform

E por aquí a opción de patinaxe e música e baile tradicional:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScm7r96RUtNf49zajkTqVK9kJmr3BqFOwB2nSJgQ2A4CKcshg/viewform

E por último, como xa sabedes compartimos extraescolares co San Martiño. No seguinte enlace podedes atopar a sea oferta con actividades como taekwondo, teatro, tenis…

https://forms.gle/EgTGsioivWvp6fW8A

 

Un saudíño!

ANPA curso 24/25

Ola, familias!

Esperamos que disfrutárades todos do verán.

O comenzo de curso está á volta da esquina e por aquí xa estamos preparando cousiñas. Así que queremos convidarvos a que vos fagades socios da ANPA para disfrutar de moitas ventaxas e formar parte activa da familia do CEIP Cabanas e da vida escolar dos nosos peques.

Para entrar no formulario de inscripción, podédelo facer a través do código QR ou do enlace que atoparedes abaixo. Se tedes algún problema ou dúbida, podedes poñervos en contacto con nós a través do correo electrónico ou vía telefónica.

Vémonos en nadiña!

https://forms.gle/wygBpnf8qkU14xcJ6

Festa de fin de curso

Ola, familias!

Xa chegou o fin de curso, e para celebralo estades todos e todas convidados á festa que imos facer no patio do colexio.

Se o tempo o permite, haberá xogos de auga, así que vinde preparados cunha muda e unha toalla por se acaso 🙂

 

OBRADOIROS PARA AS FAMILIAS

Ola, familias!

Xa están en marcha os obradoiros para as familias, nos que se abordarán temas de interese de forma monográfica e intensiva, impartidos por profesionais da educación. Será un espacio no que aprender e resolver dúbidas que nos poidan surxir da man de expertos.

A semana pasada tivo lugar o primeiro obradoiro “O papel da familia nos hábitos de estudo“.

Lembrámosvos que MAÑÁ, XOVES 11 DE ABRIL, ÁS 18:30 terá lugar o obradoiro de “Familias dixitais, o novo mundo virtual“.

Os seguintes serán:

3. Xestión emocional e autoestima nos menores, o 18 de abril ás 18:30

4. Fortalecemento das familias: prevención do consumo de drogas, o 25 de abril ás 18:30

5. Falando de sexualidades en familia, o 09 de maio ás 18:30

6. Prevención no bullying e ciberbulling, o 23 de maio ás 18:30

 

¡Vémonos alí!

 

Entroido 2024

Este venres non vos perdades a festa de entroido! Só necesitades un disfraz e moitas ganas de pasalo ben.

Seguimos coa filosofía de reciclar e gastar menos plástico, así que os que teñades o vaso da festa anterior non vos esquezades de traelo, se non que non renda o pánico, que poderedes comprar un vaso por un euro como a última vez.