Bos días, familias!
Seguro que todos tedes na casa algún xoguete (en bo estado) que xa non usades, verdade? Pois dende a Anpa Bolboreta traémosvos unha opción para darlles a eses xoguetes unha nova vida e sacarlle un sorriso a máis dun neno e nena. Dende esta semana e ata o 14 de decembro, tedes á vosa disposición unhas cestas na entrada do colexio para depositar aqueles xoguetes que queirades doar.
Cando finalice a campaña, entregarémosllos á asociación “Boa vida” que se encargará de atoparlles unha nova familia.
Esperámosvos!
Sáudos.
