Dende a ANPA BOLBORETA, vos queremos convocar para o sábado 9 de marzo entre as 16:30 e as 18:30 h. na Casa Verde de Salcedo, para participar nunha actividade que constará de duas partes:
1º Espectáculo de maxia e ciencia.
2º Obradoiro de experimentos.
A finalidade é mostrar a ciencia dende un punto de vista lúdico e educativo abordando diferentes disciplinas científicas.
Dirixido ao alumnado de primaria. Para o obradoiro formaranse dous grupos (de 1º a 3º primaria e de4º a 6º primaria).
Vos adxuntamos a ligazón do FORMULARIO para a inscrición, xa que hai un límite de 30 prazas. A data límite para inscribirse é o venres 8 de marzo.
Moitas grazas pola vosa atención, e animarvos a participar!!!