NOVIDADES NO TEXTIL

Como se falou nas últimas asembleas ordinarias que se celebraron na ANPA Bolboreta, o uniforme do colexio non tivo o exito que se esperaba cando se aprobou por unanimidade na asemblea do 27 de febreiro do 2015. Temos un gran excedente no local que este ano practicamente non se moveu nada. Por ese motivo, na última asemblea do 15 de marzo decidiuse por votación non seguir adiante co téxtil.

Por se alguén está interesado en mercar algunha peza que queda en stock no local, fixemos unha listaxe de existencias que volo achegamos na ligazón de abaixo, e que se venderá a metade de prezo.

Excedente Textil 27-03-2019

Podedes contactar connosco, os martes de 16:30 a 18:30 no local da ANPA que está en colexio de Cabanas, ben por correo electrónico: anpa.volvoreta@nontedurmas.org  ou no número de teléfono: 618 83 11 70.

DIA DO ARBORE

A ANPA BOLBORETA organiza para os seus socios un obradoiro de arqueoloxía o xoves 21 de marzo de 17:30 a 19:30 h, na Mámoa en Chan de Arquiña.

Nesta paraxe, xúntanse un importante patrimonio arqueolóxico (restos megalíticos) e o seu interese paisaxístico. Facemos esta actividade no medio dunha fraga, para conmemorar o dia da ‘Árbore’.

Esta actividade desenvolverase da seguinte maneira:

Obradoiro de rexistro: A través de distintas réplicas de petroglifos explicarase cómo se fan os gravados rupestres e como os arqueólogos os rexistran a través dos calcos. En grupos elaboraran cada un o seu propio calco para levalo de recordo.

Obradoiro de cerámica: Onde os participantes poderán realizar e decorar o seu propio cacharro prehistórico tal e como facían na época do dolmen e levarán o seu cacharro para casa.

O punto de encontro para realizar a actividade é a Mámoa do Rei. Se o tempo non permitise facer esta actividade ao aire libre, trasladariámola ao patio cuberto do cole.

Para a inscrición é necesario cubrir o formulario de GOOGLE DRIVE que atoparedes no Facebook, no Blog, ou no Whastapp(618831170) da ANPA. A data límite para formalizar a inscrición é o domingo 17 de marzo

Animadevos!!

Inscrición Dia do Arbore

OBRADOIRO DE MAXIA E CIENCIA

Dende a ANPA BOLBORETA, vos queremos convocar para o sábado 9 de marzo entre as 16:30 e as 18:30 h. na Casa Verde de Salcedo, para participar nunha actividade que constará de duas partes:

1º Espectáculo de maxia e ciencia.
2º Obradoiro de experimentos.
A finalidade é mostrar a ciencia dende un punto de vista lúdico e educativo abordando diferentes disciplinas científicas.
Dirixido ao alumnado de primaria. Para o obradoiro formaranse dous grupos (de 1º a 3º primaria e de4º a 6º primaria).
Vos adxuntamos a ligazón do FORMULARIO para a inscrición, xa que hai un límite de 30 prazas. A  data límite para inscribirse é o venres 8 de marzo.

Moitas grazas pola vosa atención,  e animarvos  a participar!!!

Formulario de inscrición

 

 

Charla “Habilidades para resolución de conflilctos”

Os conflitos son unha parte normal da vida dos adultos, pero tamén dos nenos. Os nenos teñen diferentes necesidades e desexos uns doutros ou quizá queiran o mesmo ao mesmo tempo, algo que pode desembocar en conflito.

Cando os nenos xestionan mal os conflitos pode ter un impacto negativo no seu desenvolvemento emocional e nas relacións cos outros, ademais a súa autoestima e mesmo a súa aprendizaxe tamén se pode ver afectados.

É necesario ensinar aos nenos as habilidades necesarias para resolver os conflitos. Para iso o ANPA BOLBORETA organizou unha charla onde se tratarán as habilidades para solucionar conflitos: definición, pasos e casos prácticos para solucionalos.
O vindeiro martes 19 de febreiro esperámosvos a tod@s as nais, pais, titores legais que esteis interesados nesta charla a partir das 17:30 no salón multiusos do CEIP Cabanas.
Haberá servizo de ludoteca, (mínimo 10 nen@s). Se queredes anotarvos escribir ao teléfono da ANPA 618831170 e se non polo correo electrónico: anpa.volvoreta@nontedurmas.org.

Vos esperamos!

3ª FEIRA DO LIBRO USADO

O vindeiro xóves 31 de xaneiro volve a Feira do libro usado. Vos esperamos a tod@s no CEIP Cabanas de 17:00 a 19:30.

•Nesta edición, para aumentar a participación do alumnado de maior idade e en colaboración co Cinania Libros  de Pontevedra, creamos un depósito de libros para ampliar a oferta dispoñible. Deste xeito, contaremos de partida cun banco de libros adaptado a todas as idades.

Os libros que non sexan escollidos por ningún neno/a serán doados á biblioteca do CEIP de CABANAS.

nota 3ª feria do libro usado

SILLEDA-EN RUTA COA DEPO

O sábado 17 de novembro, disfrutamos da visita á comarca do Deza. Tivemos un día soleado, propicio para pasear e gozar da excursión.

Saímos do cole de Cabanas ás 9:00 da mañá directos a Bandeira a coñecer a Fervenza da Toxa. O paseo ata a Fervenza foi agradable, coas cores do outono.

Despois do paseo de volta, collimos o autobús e leváronnos ao mosteiro de Carboeiro. Hai uns anos estaba bastante arruinado cos teitumes caídos e aspecto de abandono, con boa parte da súa estrutura invadida pola vexetación.
Afortunadamente, as tarefas de restauración, iniciadas a partir dos anos setenta do século XX, han reacondicionando o edificio ata o punto de recobrar boa parte da súa orixinal estampa, sendo un auténtico pracer visitalo na actualidade.

Despois de camiñar esperábanos a comida en Lalín. Recuperamos forzas co caldo galego e a tenreira asada tan terna que comemos e aproveitamos para coñecer o centro de Lalín e o seu famoso concello xa que O Centro de Interpretación do Castrodeza atópase no mesmo edificio. Unha visita que os nenos gozaron moito

Por último esperábanos a visita ao Pazo de Liñares. É unha edificación solariega de estilo barroco do século XVII que alberga o Museo Galego da Marioneta. O recinto expositivo conta cunha mostra permanente en continuo crecemento e cunha biblioteca especializada na temática das marionetas.
O inmoble está declarado como Ben de Interese Cultural (BIC). Como curiosidade, no seu interior atópase a pila na que foi bautizado Joaquín Loriga, un dos heroes da aviación nacido en Lalín. No exterior, os antigos edificios do alpendre e forno albergan actualmente o laboratorio arqueolóxico da Deputación de Pontevedra.

Só quédanos darvos as grazas a todos por particpar na excursión. Dar as grazas a nosa guía Montserrat Carro polo seu traballo en ensinarnos e ecplicarnos todo. A Eduardo o condutor do autobús e tamén a Ana de Castrodeza.
O próximo ano máis e mellor!

OBRADOIRO DE ARTE & MINDFULNESS

A ANPA BOLBORETA, organiza  o día 6 de novembro, un obradoiro de arte e mindfulness para os seus socios e alumnos de INFANTIL, impartido por Ainara Herrera (Licenciada en Bellas Artes, Técnico Profesional en Pedagogía Montessori, formación en Psicomotricidad e Lateralidad infantil, entre outras), que constará de dúas partes:

En primeiro lugar de 17:30 a 18:15 h, unha charla dirixida a pais/nais/titores previa ao taller que logo tendrán @s nen@s que se anoten:

Que é o Mindfulness, que nos interesa traballar desde a Arte, e como se benefician os nenos de 3 a 6 anos para estimular a súa atención e concentración á vez que fomentamos a interacción de intelixencias múltiples e apoiamos o desenvolvendo integral físico, cognitivo, emocional e social”.

En segundo lugar de 18:30 a 19:15 h, taller para nen@s de 3 a 6 anos:

A través do movemento, a música e o xogo crearemos un espazo vivencia! onde levar a nosa atención para favorecer a confianza, a concentración, a empatía e a xestión de emocións”.

Para inscribirse cubrir o formulario na seguinte ligazón: Inscripción ARTE & MINDFULNESS

O grupo para o taller será de 10 nen@s como máximo, que deberán levar roupa cómoda e calcetíns, xa que se traballará no chan e sen calzado. Levarase a cabo no comedor do centro. Para a charla dos pais e nais, haberá plazas ata completar aforo.

Para@os nen@s haberá un servizo de ludoteca mentras os pais e nais estean na charla (indica se precisas deste servizo ao encher o formulario).

Para máis información consultar podedes contactar con nos en Facebook ou WhatsApp (618831170).