Faite socio

Como facerse socio/a curso 2026-2027

Para facerse socio/a é necesario pagar unha cota anual, establecida en 28 € por unidade familiar do 1 de setembro ao 30 de novembro de 2026 (ambos inclusive).

A partir do 1 de decembro de 2026 e ata fin de curso a cota pasará a ser de 35€.

 

O procedemento é moi sinxelo:

 

1. Pagar a cota

O pago farase mediante ingreso ou transferencia no número de conta

ES96 0049 0205 0821 1036 0651

Titular da conta bancaria: Asociación Pais e Nais Anduriña

IMPORTANTE! O concepto deberá ser: Cota ANPA + Nome da crianza/s + Nome da titora/s e curso/s

É importante gardar o recibo bancario deste pago, precisarédelo para achegalo co formulario de inscrición e, además servirá como xustificante de ter pagado a cota da ANPA no curso vixente e vos permitirá acceder aos descontos nos comercios colaboradores ou para inscripcións das actividades promovidas pola FANPA, entre outras.

 

2. Cubrir o formulario

Accede ao formulario cubre os datos e achega nel o teu xustificante de pago, como imaxe (JPG ou JPEG) ou en PDF, calquera das dúas opcións é válida.

NOTA: Se houbese dificultade para subir o arquivo do xustificante de pagamento, como alternativa pódese enviar ao noso correo electrónico, especificando os datos do alumno/a, curso e mestra:

anpacresporivas@gmail.com

3. CARNÉ DE SOCIO

O carné de socio recibirase no correo electrónico proporcionado no formulario, no caso de que se solicite unha copia para o outro proxenitor, deberase indicar no propio formulario e cubrir todos os datos solicitados.

 

Por mor da LOPD tense que mandar cuberto o formulario de inscrición correspondente cada curso escolar. No caso de mudar algún dato dos reflectidos no boletín (cambio de datos de contacto, dos nenos/as da unidade familiar na Escola, etc) deberase remitir de novo o boletín.

 

Link ao formulario: https://forms.gle/SH7JfP9SpDHjSYUh8

 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies