Rexistro

Este formulario consta de varias páxinas ou pantallas. É necesario chegar ao final para que a solicitude quede rexistrada. É necesario crear unha conta de usuario que vai asociada a un enderezo de correo co fin de recibir as notificacións e poder realizar corrección posteriores.
Nai, pai, titor
Procure que o ficheiro teña tamaño reducido
Procure que o ficheiro teña tamaño reducido
Procure que o ficheiro teña tamaño reducido. (non é obrigatorio)
Procure que o ficheiro teña tamaño reducido

Participación na V Edición

Unha vez rematado o prazo de recepción de orixinais candidatos, o Xurado informa:

Datos de participación no certame

Total relatos recibidos: 804
Primaria: 495
Secundaria: 143
Bacharelato: 51
Adultos: 94
Excluídos: 21

A FANPA agradece que un ano máis se supere o número de participantes. Non cabe dúbida que o xurado ten moito e moi duro traballo por diante. Porque ademais de cantidade o xurado vai atopando a cada ano maior calidade.

Agora toca esperar.

 

O Xurado da V edición

O xurado, formado por filólogos, escritores e/ou profesores e representantes de Kalandraka Editora, seleccionará os relatos finalistas de entre todos os presentados e designará entre eles catro relatos gañadores, un por cada categoría (primaria, secundaria, bacharelato e adultos) que non se revelarán ata a cita convocada pola organización, a FANPA, para a súa entrega.

A deliberación do xurado darase a coñecer no mes de maio de 2017.

Os relatos gañadores nomearanse no mesmo acto de entrega de premios.

Bases da V Edición

Bases do V Certame de Relato Curto con publicación

UN RELATO CURTO narra unha historia ficticia nun pequeno espazo de tempo, con poucos personaxes, con descricións breves e escasas divagacións.

Mostra o que ocorre e ensina a historia a través da acción estruturada en tres partes (introdución, nó e desenlace) deixando ao lector que deduza parte dos feitos e que se atope cun final inesperado.

Os principais obxectivos deste certame son: fomentar a creatividade no alumnado, potenciar a expresión e comprensión escrita, estimular o uso do galego nas familias, facilitar as posibilidades de publicación a novos creadores/as, apoiar os escritores/as noveis e afeccionados/as, crear un espazo común e familiar para a creación literaria.

1º Os relatos deberán ser orixinais, inéditos, non premiados noutros certames, de temática libre e escritos en lingua galega. Cando se promovan dende os colexios e institutos, serán descartados os grupos de relatos de temática semellante.

2º Poderán presentarse todos os alumnos e alumnas dos centros públicos da provincia de Pontevedra de primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional. Tamén poderán presentarse as persoas adultas (familiares ou profesorado).
3º Cada autor/a só poderá presentar un relato que terá unha extensión mínima de 200 palabras e máxima de 300. Estará escrito en Times New Roman, de tamaño 12 pt. e interliñado de 1,5 liñas.

4º Os relatos enviaranse en arquivos en formato .doc, .docx ou .odt ao enderezo de correo electrónico certame.relatocurto@nontedurmas.org

5º Enviaranse dous arquivos no mesmo correo:

1. Denominado DATOS (este arquivo é para a organización) no que figurará o relato completo e os seguintes datos do/a participante:

• o pseudónimo utilizado
• o nome e apelidos do autor/a
• o curso do alumno/a
• o centro escolar onde estuda o alumno/a
• o correo electrónico persoal
• o teléfono persoal
• o relato

2. Denominado RELATO (este arquivo é para o xurado) no que figurará:

• o título do relato
• o relato
• o pseudónimo utilizado
• a categoría (primaria, secundaria, bacharelato/formación profesional ou adultos).

6º O prazo de envío dos textos finalizará o 28 de febreiro de 2017.

7º O xurado, formado por filólogos, escritores e/ou profesores e representantes de Kalandraka Editora, seleccionará os relatos finalistas de entre todos os presentados e designará entre eles catro relatos gañadores, un por cada categoría (primaria, secundaria, bacharelato e adultos). A deliberación do xurado darase a coñecer no mes de maio de 2017. Os relatos gañadores nomearanse no acto de entrega de premios.

8º Os premios serán os seguintes:

• Para o gañador/a de cada categoría (primaria, secundaria, bacharelato/formación profesional e adultos): un vale de 200 euros, un lote de libros de Kalandraka,
un xogo e unha lámina autenticada polo ilustrador Xosé Cobas.
• Para os autores e autoras dos cinco mellores textos de cada categoría: un obradoiro de creación literaria que impartirá no mes de xuño a escola de escritores
da Asociación de Escritores en Lingua Galega.
• Para todas as persoas gañadoras e finalistas do certame (máximo 120): un libro colectivo cos seus relatos e co relato feito expresamente para o certame por
un escritor profesional Xabier P. Docampo.
• Tanto os relatos gañadores coma os finalistas publicaranse no Diario de Pontevedra.

9º A obra será propiedade da entidade organizadora, polo que os autores e autoras aceptan ceder todos os seus dereitos e a corrección gramatical e léxica para a súa publicación.

10º Os premios poderán quedar desertos se non se alcanza unha calidade mínima, incluída a publicación do libro colectivo. As decisións adoptadas polo xurado serán inapelables en todos os casos.

11º A participación no certame implica a aceptación das bases e a súa interpretación é responsabilidade da organización do certame.

12º Os datos persoais incluídos neste certame só serán coñecidos pola organización do concurso, quen garante o anonimato dos autores e autoras dos relatos durante todo o proceso de selección e deliberación do xurado e serán obxecto de tratamento automatizado no ficheiro da Federación cuxa finalidade é a xestión e control dos premios concedidos polo xurado. Os seus datos persoais non serán comunicados ou cedidos a terceiros. O interesado ou interesada poderá revogar o seu consentimento así como exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición no enderezo de correo: certame.relatocurto@nontedurmas.org

Fotos de finalistas e premiados

Temos á vosa disposición fotografías en boa calidade e de forma que se aprecian os rostros da entrega de todos os finalistas e premiados. Non obstante como non temos permiso de publicación das imaxes, se estades interesados en ter esas fotografías podedes pedilas por correo electrónico tentando identificar o máis posible (persoa e roupa) ou pasar pola sede da FANPA para obtelas.

 

 

Finalistas da IV edición

manO xurado acaba de comunicarnos a relación de finalistas do IV Certame de Relato Curto da FANPA. A esta edición presentáronse 720 relatos, dos cales,  foron seleccionados 120 para formar do libro de cuxa edición se ocupará Kalandraka. Por outra banda, de entre estes 120 sairá o gañador/a de cadansúa categoría, que se darán a coñecer só e directamente no propio acto da entrega de premios. Por tanto, todos/as seleccionados quedan desde este momento convocados ao acto de entrega onde recollerán un diploma cada un pola súa selección e tamén serán testemuñas da decisión do xurado sobre os gañadores/as.

No acto acompañaranos a escritora Ledicia Costas, que participa este ano como mestra de creación de relatos á que se homenaxea por parte das familias pola súa obra e afabilidade persoal. Será unha boa ocasión para solicitarlle unha dedicatoria persoal en calquera das súas obras.

Agradecemos a altísima participación que é síntoma da vitalidade creativa de todos axentes da comunidade educativa.

Acto de Entrega de Premios organizada pola FANPA

Lugar: Salón de Actos do Pazo da Cultura de Pontevedra

Día: 30 de maio de 2016

Hora: 19.00h

FINALISTAS PRIMARIA

Katia Alén Pérez
Marta Alonso Montoto
Iago Álvarez Barreiro
Noa Álvarez Rey
Marcos Boullosa Álvarez
Ismael Boullosa Pouh
Miguel Bouzas Rodríguez
María Calvar Giráldez
Lucas Camiño Costoya
María Carbó Otero
Ana Belén Castro Pazos
Leyre Castro del Río
África Bandín Mera
Candela Estévez García
Carlos Estévez Suárez
Lucía Estévez Suárez
Saúl Fariñas Rodríguez
María Fernández García
Helena Fernández Gil
Laura Fernández Gil
David Fernández Meira
Carmen Fraga Álvarez
Rita García Figueira
Yago García González
Marta García Méndez
Marta Goyanes Sangiao
Juan Gulías Rodríguez
Violeta Huete Ruiz
Lara Irene Jiménez Bjärneryd
Daniela Montoya Martínez
Xoán Moreiras Maceira
Martín Ogando Eiro
Miriam Oshi Seco
Nerea Pallarés Barca
Elena Pérez Luaña
Elia Puddu Sanmartín
Nerea Reboredo Cortés
Bernal Rodríguez Carballo
Irai Rodríguez Fernández
Guillermo Rodríguez González
Lola Rodríguez Guimeráns
Pedro Rosendo García
Carmela Sanjorge García
Lois Sanmartín Valiño
Jimena Siaba Crespo
Carlos Martínez Crespo
Carla Veiga Corujeira
Pablo Vidal Agra
André Vilas Ledo
Alba Villar Crugeiras

§

FINALISTAS SECUNDARIA

Mariña Area Falcón
Darío Camaño Barreiro
Carmen Carbó Otero
Mirian Castelo Castro
Olalla Castrillo Sánchez
Ainhoa Chapela Fernández
Isolda Comesaña Alcaraz
Javier Comesaña Franco
Paula Domínguez Barreiro
Estela Domínguez Reboreda
Sandra Ferreiro García
Paula Franco Cordeiro
Sandra Gargamala Sánchez
Leire Gil Justo
Tais González Álvarez
Érika Leal Falcón
Genoveva Longueira Pereira
Lucía de Lorenzo Serrano
Alba Mato Búa
Francisco Miranda Iglesias
Elia Pedrosa Vidal
Carlos Polo López
Daniel Redondo Contreras
Ismael Rodríguez Iglesias
Marcela Rodríguez Portas
Adrián Rubines Casal
Begoña Salgueiro García
Eva Salvado Fernández
María Torres Barreiro
Ainhoa Vivel Couso

§

FINALISTAS BACHARELATO E FP

Luis Miguel Agra Álvarez
Julia Baena Paz
Sara Caride Blanco
Carla Castiñeiras García
Paula Estévez Casales
Laura Fernández Martínez
Rocío Franco González
Nerea Goyás González
Dominique Haroun López
Alberto Juncal Rodríguez
Lucía Pérez Vidal
Fabio Rivas Pardo
Andrea Taboada Rodríguez
Ramón Torres Chaves
Julia Viqueira Valero

§

FINALISTAS ADULTOS

Tamara Andrés Padín
Manuel Cuervo Soto
María Dios Fernández
José Manuel Domínguez Ventín
Xaime Estévez Vila
José Manuel Fernández González
Xabier García Rodriguez
Kike Gómez Fernández
Esther Jurado García
Federico Limeres Arias
Xosé Alfredo Naz Fernández
Pablo Nogueira Campo
Cristina Posada Castro
Begoña Recondo Burgo
María Ángeles Regal Llamas
Nirioxis Rodríguez Pérez
Sabela Seoane Lorenzo
José Ricardo Soto Caride
Judith Souto Valiñas
Virginia Suárez Iglesias
Laura Suárez Rodríguez
Fernando Tomé Rodríguez
Germán Manuel Torres de Aboal
Fernando Vaquero Farto
Cristina Vázquez Santos

-§§§§§§-

Nota da FANPA sobre a participación no IV Certame

Aos participantes na IV edición do CRL:

Unha vez rematado o prazo de entrega de relatos, informamos a todas as persoas participantes de que o número total de relatos recibidos foi de 730. A organización quere agradecer a boa acollida unha vez máis desta edición do Certame de Relato Curto e lembra o calendario das seguintes fases:

  • A relación de finalistas publicarase na páxina do IV Certame antes do 15 de abril.
  • Os gañadores de cada categoría, seleccionados polo xurado de entre os finalistas, daranse a coñecer no propio acto de entrega dos premios, previsto para finais de maio.

A organización manteravos informados a través desta páxina en canto o xurado decida o calendario exacto deste actos.

 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies