En Ruta coa Depo 2017

EXCURSIÓN AO CONXUNTO HISTÓRICO DE SALVATERRA DO MIÑO

 

A ANPA Bolboreta dentro do marco “En Ruta coa DEPO” imos realizar unha excursión o 7 de outubro ao conxunto Histórico de Salvaterra Do Miño. A excursión consistirá en visitar Salvaterra do Miño,  o parque de Canuda, o Centro de Interpretación do Viño e dá Lamprea de Arbo e a visita ás pesqueiras do Miño.

O prezo da excursión é de 8 euros para menores de 12 anos, e 12 euros para os maiores de 12 anos. (No prezo inclúe o transporte en bus e a comida).

A data límite para inscribirse á excursión será o 22 de setembro ás 21:00 horas,  para iso terá que entregarse a folla de inscrición cuberta, a Fotocopia do DNI do menor de 12 anos (se o tivese) e o pago de cada asistente , no buzón da ANPA que hai no colexio, a algún membro da Xunta Directiva ou na Conserxeria do Colexio.

O pago realizarase de calquera das seguintes maneiras:

-Pago en efectivo a calquera membro da ANPA

-Ingreso na conta da ANPA (o banco cobra comisión).

-Transferencia á conta bancaria da ANPA no SANTANDER CENTRAL HISPANO (poñendo en Concepto: RutaDEPO de “Nome e apelidos do pai/nai/titor legal”)

ES89 0049 6781 1021 1606 8771

Os pagos por transferencia ou por ingreso en conta terán que grampar á ficha de inscrición o xustificante de pago.

Ficha inscricion

NOTA: Os nenos menores de 12 anos que non vaian acompañados por ningún adulto, terán que achegar a autorización dos pais ou titor legal. Os impresos nolos podeis solicitar a calquera membro da ANPA.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *