abalarMóbil

Coñecedes a aplicación abalarMóbil da Xunta de Galicia? Sabedes que podedes intercambiar información co centro educativo dende o voso teléfono móbil?

Pois sí, e ademáis é de balde e moi sinxela de manexar para coñecer as faltas de asistencia, solicitar citas de titoría, etc.

Explicaremosvos paso a paso cómo instalar a aplicación dende un teléfono móbil. Comezamos lembrando que o único requerimento é ter rexistrado un número de teléfono móbil no centro educativo, e que xa esté aceptado.

En primeiro lugar accedemos a Play Store se é Android e ao App Store se é IOS

movil abalar_Página_02

Para localizar a aplicación abalarMóbil tecleamos o nome no buscador e remendo nela, ábrese a aplicación coa opción de Instalar; prememos…

 

 

A instalación comeza automáticamente, agardamos mentres se leva a cabo e, ao remate, podemos abrir a aplicación ben dende Play Store.

Unha vez aberta, en primeiro lugar introduciremos o noso número de teléfono e prememos Enviar. Transcorridos uns segundos deberiamos recibir unha mensaxe SMS con un código de 9 díxitos. Accedemos á nosa carpeta de mensaxes de texto, abrimos a mensaxe, e premendo durante 1 segundo sobre o código copiámolo no portapapeles (tamén podemos memorizalo para escribilo no espazo de abalarMóbil).

screenshot_2015-11-23-11-18-51-e1448990335746

Ao aceptarse, cambia a pantalla, e só resta introducir un contrasinal que servirá para que poidamos acceder cada vez de xeito seguro á aplicación.

Se queredes, na ligazón de abaixo tedes un tutorial de como funciona o abalarMóbil

Turorial abalarMóbil

Animadevos que é moi fácil!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *